Catalán

Lengua catalana # Lingua románica. Léxico. Normalización lingüística. Fonética. Morfoloxia. Sintaxis. Medios de comunicación

  • Enviado por: Anais666
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 8 páginas
publicidad

1.- O CATALÁN. INTRODUCCIÓN

O catalán é unha das linguas románicas derivadas do latín, despois da caída do Imperio Romano. Está situada xeográficamente no NE da península Ibérica, entre o provenzal e o castelán. É a lingua nativa de Cataluña (exceptuando o Valle de Arán, de fala occitana) e de territorios vinculados históricamente á antiga Coroa de Aragón: o Rosellón, unha franxa de terras aragonesas limítrofes con Cataluña, Valencia (exceptuando algunhas comarcas que supoñen algo máis do tercio da superficie e que son de fala castelana); a comarca murciana de Carxe; as Illas Baleares e a cidade de Alguer, na illa de Cerdeña. Andorra é un caso especial, xa que nunca estivo adscrita á Coroa de Aragón.

O dominio do catalán supera en total os 60.000 km2 e os 11 millóns de habitantes, aínda que o número de catalanfalantes estaría entre o 60% e o 80% da poboación.

O léxico catalán ademáis da base do latín vulgar, ó longo da historia viuse enriquecido por outras contribucións : o latín clásico e o grego son a base dos cultismos. As linguas prerrománicas influíron no sustrato lingüístico e o árabe no superestrato. Máis tarde recibiría préstamos do castelán e do provenzal, ó igual que na actualidade incorporou termos ingleses. Ademáis a influencia que sufriu recentemente por parte do castelán dou lugar a dúas consecuencias: o retroceso do catalán por imposición do castelán a nivel político e a convivencia coa lingua dos emigrantes (bilingüismo).

O proceso de normalización lingüística do catalán foi longo e nada doado. A comezos do

S. XX, M. Alcover comezou o Bolleti del Diccionari de la llengua catalana. En 1906 celebrouse en Barcelona o Primer Congrés Internacional de la Llengua Catalana. O Institut d'e Estudis Catalans foi creado en 1907 co fin de potenciar a investigación de todos os elementos da cultura catalana. A súa creación xogou un papel moi importante no restablecemento da normalización da lingua catalana. En 1913 o Institut d' Estudis catalans promulgou as Normes Ortogràfiques, obra de Pompeu Fabra, quen levou a cabo a gran reforma ortográfica e o restablecemento do catalán literario.

2.- A FONÉTICA CATALANA

A estructura fonética do catalán distinguese do castelán porque frente ás cinco voca españolas, no catalán atopamos a abertura e o peche de timbre no e no o. Por exemplo: bé (con e pechada) equivale en castelán a bien, pola contra be (con e aberta) ven sendo cordero. Igualmente sóc (con o pechada) significa ser en castelán e con o aberta equivalería a zueco. Estos exemplos tamén nos axudan a ver a importancia do acento diacrítico no catalán.

Os dialectos occidentais diferencian tamén claramente a pronunciación do a e do e átonos, aínda que non acontece o mesmo no dialecto de Barcelona, onde aparece un só son característico denominado vocal neutra , xa que o a e o e átonos son pronunciados como un fonema único, /e/. En mare e casa, por exemplo a vocal neutra é a final, pero pode darse tamén noutras posicións: avaria (gal. avaría), assemblea (gal. asemblea), enciam (gal. leituga).

Outro caso de neutralización é o da vocal o átona, que se realiza en forma de u, por exemplo: bolet(gal. fungo), botiga (gal. tenda), pronuncianse no catalán de Barcelona coa mesma u de butxaca (gal. peto) ou butlletí (gal. boletín).

Outro rasgo característico do catalán, aínda que non é propio desta lingua exclusivamente é a ausencia de ditongos espontáneos das vocais breves latinas: lat. bonu>cat. bé>cast. bien; lat. terra> cat. terra> cast. tierra.

No caso das consonanates, é característica do catalán a dobre articulación alveolar- palatal. O catalán articula un -s- apicoalveolar como o castelán, que é diferente da predorsal europea. É moi peculiar o -l- implosivo velarizado e a articulación dalguúns fonemas en posición final , que contrariamente ó castelán son m, ll, ny.

3- A MORFOLOXÍA CATALANA

En canto á formación de palabras, o catalán parte do caso acusativo latino, con algunhas excepcións. Mentres no castelán se mantén a alternancia de xénero o/-a como marca do masculino e o feminino, esta alternancia no catalán é ,xeralmente,-o/-a, exemplo: nen-nena.

O plural exprésase co sufixo -s, aínda que nalgúns casos necesita un nexo que forma parte do mesmo sufixo. Por exemplo: sg. gos (can), pl. gossos.

O artículo que se usa xeralmente é el/la derivado do demostrativo latino ille.

Consérvanse as catro conxugacións latinas, aínda que con bastantes alteracións. Unha das carcterísticas da morfoloxía verbal catalana é a dualidade de formas do perfet simple (pert. indef. castelán): cantí, cantares, cantà, cantàrem, cantàreu, cantàrem (cast. canté/ gal. cantei, etc.)

4- A SINTAXIS CATALANA

Un dos trazos máis característicos do catalán é o uso dos pronomes átonos hi,en

derivados dos términos latinos ibi,inde, respectivamente: hi vaig (gal. vou alí) e en vinc (gal. veño de alá). O catalán usa o subxuntivo máis amplamente ca o castelán e o galego, pero en distintos casos. En frases como “cuando vuelvas/ cando voltes”, o catalán usa o futuro “quam tornaràs”.

As diferencias entre o uso entre ser e estar difiren notoriamente tanto do galego como do castelán, por exemplo: ell era a casa (gal. el estaba na casa)

5.- O LÉXICO CATALÁN

Neste campo é onde máis se diferencian o catalán e o castelán e como consecuencia o galego, xa que se asemella máis ó castelán, mentras o catalán se asemella ó francés e ó occitano sobre todo.

6.- SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA

6.1.- En Cataluña

Poboación: 6.059.494

Os datos do censo de 1991 indican que 5.577.855 persoas de máis de 2 anos entenden o catalán (93,8%); 4.065.841 saben falalo (68,3%); 4.019.276 saben lelo (67,6%) e 2.376.201 saben escribilo (39,9%)

Evolución do coñecemento do catalán en Cataluña

- Coñecemento 1986 porcentaxe 1991 porcentaxe

- Entendelo 5.305.754 90,60% 5.577.855 93,8%

- Falalo 3.760.966 64,20% 4.065.841 68,3%

- Lelo 3.554.442 60,70% 4.019.276 67,60%

- Escribilo 1.850.967 31,60% 2.376.201 39,90%

- Poboación total 5.856.433 - 5.949.177 -

6.2. Illas Baleares

Poboación: 739.506 habitantes

Destas 739.506 persoas, entenden o catalán un 88,6%, saben falalo un 66,7%, saben lelo un 55% e saben escribilo un 25,9%.

6.3. Valencia

Poboación: 3.857.234 habitantes

Son 1.909.000 persoas as que saben falalo catalán (51% da poboación) e 502.000 persoas saben escribilo (15%), sobre todo os máis novos.

6.4. Cataluña Norte

Poboación: 363.793 habitantes

Os datos dunha recente enquisa indican que aproximadamente unhas 140.000 persoas (40%) saben falar catalán, a pesar de que un 16% recoñece ter certos problemas de expresión motivados polo escaso coñecemento da ligua.

6.5. A Franxa de Aragón

A pesar de que non existen datos concretos sobre o coñecemento e o uso do catalán na Franxa, recentes estimacións indican que aproximadamente o 90% da poboación, unhas 45.000 persoas teñen o catalán como idioma habitual.

6.6. O Alguer e Andorra

Respecto ó Alguer e a Andorra, a inexistencia de censos lingüísticos dificultar coñecer datos concretos, aínda que segundo estudios parciais, hai uns 18.000 catalanofalantes en Alguer e uns 22.000 en Andorra.

7.- OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E AS INDUSTRIAS CULTURAIS

7.1.- Prensa diaria

En 1976, o avance ata a democracia vese apuntalado pola aparición do primeiro periódico en catalán despois de casi 40 anos de prohibición: o periódico Avui. Máis tarde increméntase a oferta de prensa en catalán: Regió 7 (1978); o Punt Diari (1979, actualmente El Punt); en 1986 reaparecía o Diari de Barcelona (agora desaparecido); e en 1989 e 1990 comézase a publicar en catalán o Diari de Lleida e o Diari de Girona, respectivamente. A pesar de este incremento na prensa diaria en lingua propia, considérase que a súa tirada só representa o 14% do total da prensa catalana.

Principais publicacións periódicas en catalán

Publicación Temática Periocidad Tirada

- El Temps información xeral semanal 30.000

- Presència suplemento dominical semanal 55.000

- Serra d´Or cultural mensual 8.000

- Cavall Fort infantil-xuvenil quincenal 25.000

7.2.- RADIO

As emisoras xestionadas directamente pola Generalitat emiten integramente en catalán: Catalunya Ràdio (creada en 1983), RAC-105 (1984), Catalunya Música (1987) e Catalunya Informació (1992). Tamén está a emisora Ràdio y Ràdio 4 , que foi a pioneira das emisións de radio en catalán durante o franquismo. Actualmenta existen 192 emisoras de radio municipales en Cataluña, que teñen o 80% da súa programación en catalán.

7.3.- TELEVISIÓN

O uso do catalán nas cadeas de televisión presentes en Cataluña por vía terrestre é o seguinte:

a) Televisión española: as dúas cadenas emiten principalmente en español, aínda que a TV

2 utiliza o catalán en algúns dos seus programas.

b) Corporació Catalana de Radiotelevisió: as dúas cadenas (TV 3 e Canal 33) emiten exclu

sivamente en catalán. Aproximadamente o 85% da

publicidade o usa tamén (tanto na expresión oral

como na escrita).

c) Antena 3 Televisión: a presencia do catalán redúcese atransmisións de fútbol e a algúns

programas especificamente distribuidos para Cataluña.

d) Tele 5: a situción do catalán é practicamente idéntica á de Antena 3, aínda que se fixeron

propostas para introducir emisión s en sistema dual de algúns capítulos de series

norteamericanas.

e) Canal plus: non hai presencia do catalán a excepción dalgunha proxección de películas

nesta lingua.

CUOTAS DE PANTALLA DAS TELEVISIÓNS

Media 1996 Junio 1997

Antena 3 22,60% 20,30%

TVE 1 21,00% 18,10%

Tele 5 20,20% 22,30%

TV 3 19,10% 21,50%

TVE 2 7,10% 6,90%

Canal 33 6,90% 7,50%

TVE 2 9,00% 12,00%

Canal + 5,00% 1,10%

ÍNDICE

1. O Catalán. Introducción

2. A fonética

3. A morfoloxía

4. A sintaxe

5. O léxico

6. Situacións sociolingüística

6.1. Cataluña

6.2. Illas Baleares

6.3. Valencia

6.4. Cataluña norte

6.5. Franxa aragonesa

6.6. Alguer e Andorra

7. Os medios de comunicación

7.1. Prensa

7.2. Radio

7.3. Televisión

8. Comentario persoal

9. Bibliografía

8. COMENTARIO PERSOAL

Na nosa opinión o máis destacable do catalán actualmente é o proceso de normalización que se levou a cabo e os bos resultados que obtivo (vid táboas). Foi unha lingua que a diferencia doutras como o galego que viven un certo retroceso, remontou o seu número de falantes quedando ela como lingua principal para unha gran parte da poboación e gañandolle o pulso ó castelán.

9. BIBLIOGRAFÍA

- Enciclopedia Microsoft Encarta

- Enciclopedia galega

- Internet

índice

>1.- o catalán: Introducción

>2.- a fonética catalana

>3.- a morfoloxía catalana

>4.- a sintaxe catalana

>5.- o léxico catalán