Apuntes, trabajos, monografías...

Inicio Apuntes Amor Humor Test Envía apuntes Foros

Nueva Búsqueda Nueva búsqueda   Ayuda Ayuda  

Cantigas de amigo


Literatura española Edad Media. Lírica medieval # Cancións. Variedades



Literatura
 
Cantigas de amigo

Cantigas de amigo

Cantigas de amigo
Tenemos un plan para ti
 



AS CANTIGAS DE AMIGO

Son breves cancións postas en boca duna muller namorada. Teñen unhas características temáticas e formais diferentes do resto da lírica medieval, e proceden duna tradición autóctona do pobo, anterior ó trobadorismo.

Nelas, a natureza ten un papel relevante, e presenta un valor simbólico no que abundan as connotacións eróticas. A muller expresa a súa paixón amorosa, máis chea de dolor que de gozo, a súa sumisión ó seu amigo (amado) , ou ben a oposición da nai a ese amor. A muller diríxese á súa nai, á natureza, ó seu amado, á unha amiga confidente, etc.

-Forma das cantigas de amigo:

- o paralelismo: enlaza as estrofas de dúas en dúas, facendo que os versos da segunda estrofa sexan unha pequena variante dos versos da primeira estrofa. O paralelismo pode ser de dúas clases:

- paralelismo perfecto: substitución da última palabra do verso por outra sinónima, ou repetición das mesmas palabras pero con ordenación diferente, de modo que varíe a rima.

- paralelismo imperfecto: os versos da segunda estrofa reproducen libremente a estructura sintáctica ou o significado dos versos da primeira estrofa.

- o leixaprén: consiste na repetición dos segundos versos dun par de estrofas como primeiros versos do par seguinte.

-o refrán: é a repetición dun ou máis versos ó final da estrofa, sen axeitarse á medida dos demais versos e, ás veces, tampouco á rima.

-A métrica:

Nas cantigas de amigo, os metros máis empregados son o redondilho maior (heptasílabo) e o redondinho menor (pentasílabo), pero en moitas cantigas o número de versos é irregular.

-Variedades das cantigas de amigo:

  • Mariñas ou barcarolas: son aquelas cantigas nas que atopamos a presencia do mar que, non só aparece como escenario, senón que aparece personificado e, moitas veces, é o interlocutor da muller.

  • Bailadas: son as cantigas de amigo máis ledas, e nelas exprésase a alegría de vivir e de amar, con frecuentes incitacións ó baile. Estas cantigas son a letra das melodías que guiaban unha danza, e o paralelismo e leixaprén poderían corresponder á existencia de dous coros que se alternaban na execución da bailada.

  • Cantigas de romaría: preséntannos o ambiente das festas campestres a carón da ermida, a moza agardando a asistencia do amigo á romería, laiándose da súa ausencia ou bailando coas compañeiras.

  • Albas e alboradas: son aquelas cantigas que teñen como asunto a separación dos amantes ó mencer.

Tamén se podería considerar cantigas de fonte, cantigas de despedida, cantigas de amiga e nai... como subxéneros da cantiga de amigo. Tamén, unha mesma cantiga pode ser de varios tipos.

-Trobadores máis importantes:

-Escola Compostelá:

-Bernal de Bonaval: Viviu entre finais do século XII e a primeira metade do século XIII, sendo un dos máis antigos xograres coñecidos. Naceu en Compostela, e é un xograr que, mesmo nas súas cantigas de amor, empregou a estructura paralelística tradicional, propia das cantigas de amigo. Figurou nas cortes de Fernando III e de AfonsoX.

-Airas Nunes: Foi crego de Compostela, e debeu nacer a finais do século XII. Traballou na corte literaria de Afonso X, onde participou na composición das Cantigas de Santa María. É autor da bailada das abelaneiras floridas, duna pastorela arcaica e do sirventés á procura da verdade. Cultivou tódolos xéneros da poesía galegoportuguesa medieval.

-Xohan Airas: Viviu nas cortes de Afonso X de Castela e Afonso III de Portugal. Cultivou sobre todo cantigas ó xeito provenzal, e as súas cantigas de amigo arrédanse, na temática e na forma, dos modelos tradicionais.

-Corte do rei don Dinís:

Destaca o propio don Dinís que, despois de Afonso X é o máis fecundo dos nosos trobadores. Fixo 76 cantigas de amor, 52 de amigo e 10 de escarnio e maldicir. Caracterízase pla fidelidade ós modelos tradicionais, aínda que tamén cultivou a cantiga provenzalizante.

-Especialistas nas cantigas de amigo:

-Martín Códax: Este xograr galego (de Vigo probablemente) deixounos sete cantigas de amigo ó estilo tradicional. De seis delas consevamo-la música.

-Mendiño: Deste xograr só se conserva unha cantiga: a da ermida de San Simón. Probablemente nacera nalgún punto da ría de Vigo. A cantiga segue os modelos tradicionais.

-Xoan Zorro: Non se sabe onde naceu, inda que sí se sabe que figurou na corte portuguesa a finais do século XIII e comezos do XIV. Cultivou únicamente cantigas de amigo, e é autor dunha versión da bailada das abeleiras floridas.

-Pero Meogo: Autor de nove cantigas de amigo que forman un ciclo. Caracterízanse pola presencia dos cervos e da fonte, que constitúen símbolos eróticos.





El mayor abanico de cursos y titulaciones a distancia y online
rincondelvago.com: Condiciones de Uso | Contacto