Calor, Luz e Son

Calor. Transmisión de Calor. Efectos del Calor. Luz. Fenómenos Opticos. Sol

  • Enviado por: Irevigo7
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad
publicidad

TEMA 6

CALOR, LUZ E SON

CALOR

A calor é unha forma de enerxía que se obtén principalmente do Sol e do lume, aínda que tamén da enerxía eléctrica.

A cantidade de calor que ten un corpo denomínase temperatura.

A calor percíbese a través do tacto (proporciona sensacións de frío e calor).

A calor transmítese de corpos quentes a fríos.

A temperatura mídese co termómetro, que está graduado en graos centígrados (ºC).

Os 0 ºC correspóndense coa temperatura de solidificación en os 100 ºC coa temperatura de ebulición.

- Termómetro clínico: mide a temperatura do corpo humano. Entre 35 ºC e 42 ºC.

- Termómetro de ambiente: mide a temperatura do contorno. Entre 40 ºC e 50 ºC.

+ A transmisión da calor:

- Condución: na materia sólida. Cando se achega un obxecto a unha fonte de calor, a calor transmítese ata o outro extremo do obxecto. Os corpos condutores permiten o paso da calor, os corpos illantes non.

- Convección: na materia líquida e gasosa. Os líquidos e os gases ascenden ao quecer e descenden ao arrefriar. Por iso, prodúcese unha circulación que transmite a calor a toda a materia.

- Radiación: en todolos tipos de materia. Ten lugar cando non existe contacto entre a fonte de calor e a materia que quece.

+ Efectos da calor:

- Dilatación: consiste no aumento do volume co aumento de temperatura.

- Contracción: consiste na diminución do volume coa diminución da temperatura.

LUZ

A luz é unha forma de enerxía emite principalmente o Sol. Percibímola polo sentido da vista. Propágase en forma de raios que seguen unha liña recta. A velocidade da luz é de 300 000 km/segundo.

- A luz e os corpos:

+ Luminosos: emiten luz propia. Tipos:

Naturais: Sol, raio...

Artificiais: lanterna, lámpada, faro...

+ Non-luminosos ou iluminados: non emiten luz propia. Tipos:

Transparentes: deixan pasar totalmente a luz; por iso pódese ver totalmente a través deles.

Translúcidos: deixan pasar algo de luz; por iso os corpos que se ven a través deles vense borrosos.

Opacos: non permiten o paso da luz; por iso non de pode ver nada a través deles.

- Fenómenos relacionados coa luz:

+ Reflexión: cambio de dirección da luz cando chega a unha superficie, rebota e sae reflectido. O raio que chega chámase raio incidente, e o que rebota raio reflectido.

A maioría dos corpos só reflicten unha parte da luz que reciben; pero os espellos reflíctena toda. Poden ser:

Planos: forman imaxes do mesmo tamaño e forma que na realidade.

Esféricos: distorsionan as imaxes reais. O espello cóncavo reflicte imaxes máis baixas e anchas que as reais e o convexo máis altas e delgadas.

+ Refracción: cambio de dirección da luz ao pasar dun medio a outro. O raio que chega chámase raio incidente e o que cambia de dirección, raio refractado.

As lentes son corpos transparentes que refractan a luz. Poden ser:

Converxentes: concentran os raios de luz nun punto e forman unha imaxe máis grande ca real.

Diverxentes: dispersan os raios de luz e forma unha imaxe máis pequena que a real.

- A descomposición da luz: a cor:

Se a luz pasa por certos obxectos, a luz descomponse nos cores do arco da vella.

A cor dos corpos depende de como estes absorben a luz, xa que os obxectos seleccionan parte da luz que absorben e que reflicten.

∙ Reflicte tódalas cores: branco.

∙ Absorbe tódalas cores: negro.

∙ Absorbe todas menos unha: da cor que non absorbe.

SON

O son é unha forma de enerxía que emiten os corpos ao vibrar. A vibración consiste en pequenos movementos que producen ondas. Estas transmítense polo aire e percíbense polo oído. A velocidade do son é de 340m/segundo, pero na auga do mar é de 1500m/segundo.

- Calidades do son:

+ Intensidade: permite diferenciar entre sons fortes e suaves. Mídese en decibeis (dB) e o ser humano detecta sons a partir dos 0 dB.

+ Ton: permite diferenciar entre sons agudos ou graves.

+ Duración: permite diferenciar entre sons curtos e longos.

+ Timbre: permite diferenciar entre sons que teñen a mesma intensidade, o mesmo ton e a mesma duración.

- Fenómenos relacionados co son:

Cando una onda sonora atópase cun obstáculo no seu camiño, pode rebotar e reflectirse noutra dirección. Segundo a distancia á que se atope este obxecto pode producirse:

- O eco: ten lugar cando a onda incide sobre unha superficie que está a máis de 17 m. O son emitido e o reflectido chegan en distintos momentos a os nosos oídos.

- A reverberación: ten lugar cando a onda incide sobre unha superficie que está a menos de 17 m. O son emitido e o reflectido chegan xuntos aos nosos oídos, confundíndose.