Budismo

Creencias religiosas. Buda. Siddhartha # Ensinanzas. Catro verdades excelentes

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 9 páginas
publicidad
publicidad

O

BUDISMO

INTRODUCCIÓN.

O budismo é unha relixión de grande importancia a escala mundial, fundada no nordés da India. Basease nas ensinanzas de Siddhartha Gautama, máis coñecido como Buda, que quere dicir o Iluminado.

Hoxe en día o budismo está dividido en dúas grandes ramas: o Theravada (camiño dos iniciados) e o Mahayana (Grande Vehículo).

O budismo tivo unha influencia moi forte, non so na india, senón tamén en moitos países de Oriente tales como Sri Lanka, Tailandia, Cambota, Birmania e Laos, onde predomina a rama Theravada. Pola súa banda a rama Mahayana ten moita influencia en China, Xapón, Taiwan, Tíbet, Nepal, Mongolia, Corea e Vietnam, así como tamén na India.

AS ORIXES DO BUDISMO.

O budismo, igual cá maioría das grandes relixións, foi evolucionando a través dos anos, surxiu como un movemento monástico dentro da tradición brahmánica (relixión hinduísta) dominante naquel tempo e pronto se desenvolveu noutro sentido, adquirindo características propias.

A VIDA DE BUDA.

Non houbo unha biografía completa de buda ata séculos despois da súa morte. Sen embargo os estudiosos occidentais están de acordo en sinalar que Buda naceu cara o ano 563 a.C.

Siddhartha Gautama, Buda, fillo do soberano dun pequeno reino, naceu en Kapilavastu, cerca da actual fronteira entre India e Nepal. Segundo conta a lenda, ó nacer, os sabios da zona creron ver nel os sinais de que chegaría a ser un grande home: Quizais un grande sabio ou o gobernante dun imperio. O mozo príncipe Siddhartha creceu cunha grande riqueza e moito luxo, ata que á idade de 29 anos tomou conciencia do baleira que fora a súa vida ata daquela e decidiu cambiar. Renunciou a tódolos seus bens materiais e embarcouse na busca da paz e a claridade espiritual, buscando liberarse dos ciclos da reencarnación. Durante os anos que seguiron a esta decisión, dedicouse a practicar ioga, e adoptou unha vida de absoluto ascetismo.

O pouco tempo, Siddhartha optou por deixar esta vida, por considerar que non lle daba verdadeiros froitos. En cambio adoptou o camiño intermedio entre unha vida de pracer e aquela de total abnegación. Buda meditaba sentado baixo unha figueira, pasando a través de estados de conciencia máis altos e profundos, ata que chegou ó nivel máis alto, o de iluminado. Unha vez que logrou coñecer esta verdade relixiosa, Buda entrou nun período de forte loita interior. Dedicouse a recorrer distintos lugares, predicando e congregando a un grupo de discípulos, formando con eles unha comunidade monástica que recibiu o nome de “sangha”. Foi alí onde transcorreu o resto da súa vida.

AS ENSINANZAS DE BUDA.

Buda transmitía as súas ensinanzas en forma oral, polo que ó seu pasamento non quedou ningún testemuño escrito das súas ideas e pensamentos. Nembargantes, máis tarde os seus discípulos encargáronse de escribilos.

AS CATRO VERDADES EXCELENTES:

Los elementos centrais nos que se baseaba a Iluminación de Buda, estaban condicionados á realización das catro verdades excelentes.

1.- A vida é un sufrimento.- Esta afirmación vai máis aló do simple recoñecemento da existencia da dor na vida e refires máis ben a que a existencia humana é de seu dolorosa, dende o momento no que nacemos ata que morremos. Este sufrimento non desaparece nin coa morte posto que buda incluíu nas súas ensinanzas a idea hindú de que a vida é cíclica, polo que á morte simplemente precederá a unha nova reencarnación.

2.-A causa deste sufrimento radica no feito de que o home descoñece a natureza da realidade.- Esta afirmación quere dicir que por iso sente ansiedade, ten apego polas cousas materiais e moita cobiza. Estes defectos provocan sufrimento.

3.- Pódese poñer fin ó sufrimento se o home logra superar a súa ignorancia e ir máis aló das cousas mundanas.- É dicir, darlle pouca importancia ás cousas materiais e moita ás cousas espirituais.

4.- O camiño para darlle fin ó sufrimento é o camiño das oito etapas.- Que consiste en:

Ter unha visión adecuada das cousas.

Ter boas intencións.

Ter un correcto modo de expresión.

Realizar boas accións.

Ter un correcto modo de vida.

Esforzarse de xeito positivo.

Ter bos pensamentos.

Desenvolver a contemplación de xeito adecuado.

Estes oito puntos xeralmente divídense en tres categorías: Moral, sabedoría e concentración.

ANATMAN.

O budismo analiza a existencia humana partindo da base de que está formada polo conxunto de cinco realidades:

O corpo material.

Os sentimentos.

As percepcións.

A predisposición diante das cousas.

A conciencia.

Cada persoa é a combinación temporal destas cinco realidades, as que están á súa vez suxeitas a continuos cambios. Os budistas negan que este conxunto de cinco realidades, poidan ser consideradas consideradas como unha existencia independente e permanente.

Buda sostiña a idea de que esta concepción de si mesmo levaba a que as persoas fosen egoístas, padeceran de ansiedade, e que polo tanto sufriran, por iso ensinou a doutrina de Anatman. Sostiña que toda a existencia humana se caracterizaba por centrar cos tres sinais de:

Anatman (non ter alma)

Anitya (impermanencia)

Dukkha ( o sufrimento)

KARMA

O karma basease nos actos de cada persoa e nas consecuencias morais que se desprendan dese proceder. Os actos humanos determinan a súa reencarnación posterior, polo que as boas accións loxicamente serán recompensadas, como serán castigadas as malas. De acordo coas ensinanzas de Buda, e dependendo do tipo de karma que teña unha persoa, pódese reencarnar nun ser humano, nun animal, unha pantasma famenta, un habitante do inferno ou incluso nalgún dos deuses da relixión hindú.

A pesares de que o budismo nega a existencia de deuses, non lles atribúe ningunha importancia especial. A vida dos deuses no ceo é longa e agradable, anque están suxeitos ós mesmos problemas que pode der unha criatura, polo que están expostos a unha eventual morte e a unha futura reencarnación nun estado de existencia inferior. Non son os creadores do Universo, nin tampouco controlan o destino da humanidade, polo que para o budismo, o rezar ou facerlles sacrificios non ten ningunha utilidade. Das distintas modalidades de reencarnación, a humana é a mellor, porque a posibilidade de ser un iluminado só é válida para os seres humanos.

NIRVANA

O obxectivo final do camiño do budismo é liberarse da existencia fenoménica a que lle é propia o sufrimento. Para lograr este obxectivo hai que alcanzar o nirvana, estado de iluminación no que non hai cobiza, nin odio nin ignorancia. Despois de alcanzar o nirvana o iluminado pode seguir vivindo e ir eliminando calquera remanente de karma que poida ter, ata lograr chegar, no momento da morte ó último estado de nirvana, chamado paranirvana.

En teoría calquera persoa pode lograr alcanzar o nirvana, anque na realidade é un obxectivo só para os membros da comunidade monástica. No budismo Theravada, a persoa que alcanzou a iluminación por ter seguido o camiño das Oito Etapas é coñecida como arhat, ou aquel que vale moito.

Todos aqueles que por unha ou outra razón non son capaces de lograr o obxectivo final, teñen, como seguinte opción, o tratar de lograr unha mellor reencarnación por medio do perfeccionamento do seu karma.

OS CINCO PRECEPTOS BÁSICOS DA MORAL BUDISTA:

As normas do budismo prohiben matar, roubar, ter unha linguaxe ferinte, ter un comportamento sexual indebido e consumir bebidas alcohólicas. Se a persoa se aten a estes preceptos, podería superar as tres grandes raíces do seu mal: a luxuria, o odio e o engano.

A LITERATURA BUDISTA.

O principal libro de textos sagrados sobre o budismo chámase Tripitaka e consta de tres coleccións de escritos:

  • O Sutra Pitaka que é unha colección de discursos composto principalmente de diálogos entre Buda e outras persoas.

  • O Vinaya Pitaka contempla as regras que rexen a conducta dos monxes e monxas budistas. Cada regra vai acompañada dunha historia que expresa a súa orixe e están ordenadas segundo a gravidade da ofensa que implica a súa violación. Hai máis de 225 regras.

  • O Abhidharma Pitaka contén discusións e clasificacións filosóficas, psicolóxicas e doutrinais.

INSTITUCIÓNS E PRÁCTICAS.

Existen os monxes budistas que viven nos mosteiros, que visten con túnicas de cor laranxa e teñen a cabeza afeitada, estes monxes teñen un líder coñecido como o DALAI LAMA.

Ó primeiro os monxes budistas estaban organizados nun grupo monástico chamado Sangha. Os seus membros identifícanse facilmente polas cabezas totalmente afeitadas e as túnicas sen costuras de cor laranxa.

Os primeiros monxes e monxas budistas vagaban dun lugar a outro e establecíanse en comunidades so na época de chuvias por resultaren difíciles as viaxes nesas épocas.

A vida monástica rexíase polos elementos contidos no libro Vinaya Sutra, xuntándose cada corenta noites para celebrar unha asemblea formal, a uposatha. Unha parte moi importante desta cerimonia consiste en recitar moi respectuosamente as regras do Vinaya e a confesión pública de tódalas súas violacións.

Tamén hai a veneración dos laicos.

  • Os actos de veneración que realizan os laicos son máis ben persoais ca de grupos, e aínda que tecnicamente non se pode adorar a Buda, si hai unha veneración que se amosa por medio do culto á Stupa (estructura sagrada que contén unha reliquia). Os devotos camiñan o redor da cúpula seguindo o sentido das agullas do reloxo, levando flores e incenso como símbolo de respecto a Buda. Nos países budistas celébrase o aniversario de Buda.