Barroco

Arte del Siglo XVII. Arquitectura, escultura y pintura barroca. España y Galicia

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas

publicidad
publicidad

O Barroco.

INDICE

  • Introducción.

  • Arquitectura.

  • 2.1. Arquitectura en España.

  • Escultura.

  • 3.1. Escultura en España.

  • Pintura.

  • 4.1. Séculos de ouro da pintura española.

  • O Barroco en Galicia.

  • 1.Introducción.

    Na sensibilidade barroca apréciase unha tendencia espectacular cara ó decorativo, abandóanse as regras da estética clásica, búscase a orixinalidade por encima de todo, predomina a fantasía sobre a realidade e hai un gusto desmenurado pola ornamentación e amplitude (grandiosidade).

    Denomínase "Barroco" ó período que transcurre desde o 1600 ata o 1750. Este movemento aparece en Italia e difíndese por toda-las nacións de Europa adquirindo gran importancia en España e Hispanoamérica.

    O arte barroco desenvolveu un papel importante nos conflictos relixiosos deste período. Fronte á tendencia protestante a construír edificios para o culto dunha maneira sobria e sen decoración a igrexa católica usará para os seus fíns litúrxicos a grandiosidade e complexidade barrocas Neste sentido pódese afirmar que o barroco é a expresión estética da contrarreforma.

    2. Arquitectura.

    Os primeiroa edificios barrocos constrúense en Italia. As máximas figuras foron Bernini e Borromini.

    • Bernini, creou grandes pazos, xardíns, plazas, rúas e fontes a maioría en Roma.

    • Borromini, foi un verdadeiro virtuoso da arquitectura. Deulle un tono persoal coa continua alternancia de entrantes e saíntes, de liñas cóncavas e convexas, onde todo isto produce unha sensación de movemento.

    Outro arquitecto famoso foi Filippo Juvara que ademais de traballar en Italia trasladouse a España por invitación de Filipe Ve proxectou o palacio dreal de Madrid, a Granxa de Segovia e o palacio de Aranxuez.

    En Francia, en tempos de Luís XIV créase a verdadeira arquitectura barroca francesa. Amáxima figura foi Mansáct; autor da igrexa dos Inválidos (París) e é un dos autores do pazo de Bersalles.

    2.1. Arquitectura en España.

    A arquitectura barroca española distíguese pola acentuación da riqueza ornamental que xa non se conforma con decorar luxosamente o interior dos edificios se non que cubre as súas fachadas cunha riquísima decoración. Un artista importante desta época é Alonso Cano, autor da fachada da catedral de Granada.

    O estilo máis exhuberante do barroco español foi o denominado "churrigueresco" que recibe o seu nome dunha familia de artistas apelidados Churriguera. O seu máximo representante foi Xosé de Churriguera autor do retablo de San Esteban de Salamanca e onde utiliza profundamente a columna salomónica.

    3. Escultura.

    Durante o barroco o verdadeiro tema que se esculpe non é xa a figura senon un disperso e excitado movemento . Proba disto é a importancia que adquire a vestimenta que case subplanta as figuras; os pliegues da roupa son cada vez máis retorcidos.

    Dado o seu carácter de sobordinación á arquitectura as esculturas barrocas están concevidas para ser contempladas non como esculturas esentas senon sempre como elementos dun amplo conxunto.

    O escultor máis importante fora de España foi Bernini.

    3.1. Escultura en España.

    As notas máis importantes da escola de imaxineiros na escultura barroca son:

    • Realismo.

    • Fondo sentido relixioso que inspiran as súas composicións. Os escultores españois deste período empregan a madeira policromada.

    Entre os máis importantes destacamos:

    • Gregorio Fernandez.

    • Martinez Montañés.

    • Xoán de Mesa.

    • Alonso Cano.

    • Pedro de Mena.

    4. Pintura.

    As características básicas da pintura son:

    • Trinunfo da cor sobre o debuxo.

    • Cores vivas.

    • Preocupación pola luz nos cadros.

    • Realismo. Tentanse representa-las cousas tal como son.

    • Movemento nas composicións.

    • Asimetría e liñas onduladas.

    Os pintores máis destacados foron:

    • En Italia, Caravaggio.

    • En Flandes, Rubens, Vandyck e Jordaens.

    • En Holanda, Hals, Vermeer e Rembrandt.

    4.1.Séculos de ouro na pintura española.

    O século XVII en España considérase a etapa máis importante da historia da nosa pintura. Así denomínase este período como o século de ouro da pintura española.

    A pintura nesta época é fortemente realista vese o sentido relixioso da contrarreforma incluida nela.

    Os pintores máis destacados neste período:

    Ribera (o españoleto), Ribalta, Zurbarán, Murillo, Valdés Real, Claudio Coello, Diego Velazquez.

    • Diego Velázquez: foi o máximo representante da pintura española deste período; é un dos mellores pintores de tódolos tempos. Iniciouse no tebrisco barroco con fortes contrates de luz e sombras. Máis tarde, ó converterse en pintor da corte de Felipe IV o seu estilo evolucionaría cara a cores máis claras. A principal innovación estética de Velázquez foi o descubrimiento da perspectiva aérea que consistía na sensación de profundidade a través da tonalidade cromática.

    Obras famosas de Velázquez son:

    • A forxa de Vulcano.

    • O ahogador de Sevilla.

    • Os borrachos.

    • O cadro das lanzas.

    • As meninas.

    • As fiandeiras…

    5. O barroco en Galicia.

    Durante os séculos XVII e XVIII, (os séculos do barroco) Galicia coñeceu unha época de esplendor artístico semellante á que acadou en tempos do Románico.

    Os arquitectos barrocos preocupábanse pola decoración e o espacio. No barroco destacamos o uso do granito que é un dos trazos derivados do barroco. Por mor da súa dureza o granito non deixa realizar figuras finas e delicadas, por isto os tradicionais motivos vexetais son substituidos por placas e cilindros, formas xeométricas que lles confiren ós edificios unha gran orixinalidade.

    • O barroco compostelán.

    Santiago foi o centro artístico por excelencia. A catedral de Santiago foi sometida a unha remodelación xeral. Desta cidade destaca a súa catedral salientando a fachada do Obradoiro.

    • A fachada do Obradoiro.

    Foi o derradeiro proxecto de Casas e Novoa. No medio da fachada, ideada como un gran arco de triunfo, Casas abriu oito ventás.

    Obsérvase unha maior perspectiva de todo o conxunto o elemento máis chamativo da fachada é a altura. Os elementos arquitectónicos encúrranse na parte máis alta da fachada que se fai cada vez máis estreita ata rematar en punta nun baldaquiño.

    • Etapas e mestres.

    A catedral de Santiago construíuse en 3 grandes etapas:

    1º xeración: século XVII. Salientan Domingo Antonio de Andrade autor da "Torre do reloxo" da catedral.

    2º xeración: século XVIII. Salientan dous arquitectos, Simón Rodriguez e Fernando de Casas e Novoa, que realizaron a "fachada do Convento de Santa Clara" e a "fachada do Obradoiro".

    3º xeración: século XVIII. Destacan Ferro Coaveiro e Fernandez Sarela, que realizaron a " fachada de A Cibechería" e as " prazas das Praterías".

    Vídeos relacionados