Biología, Botánica, Genética y Zoología


Aves de Galicia


INTRODUCCIÓN

O ave é o nome común para cxalñquera membro dunha das clases de vertebrados que inclúe animais con plumas. Tódalas aves adultas posúen plumas, aínda que algunhas aves teñan o corpo núo o saír do ovo.

O termo paxaro aplícase a calquera ave con capacidade de voar e de pequeno tamaño.

A maioría das aves pode voar e descende de antepasados que podían facelo aínda que hai especies, que se extinguiron, que non eran voadoeras. Ademais o corpo das aves está modificado para aumenta-la eficacia no voo.

Os ósos dos dedos e as articulacións das patas dianteiras están unidos formando un soporte ríxido para as grandes plumas do voo das ás. Tamén existen fusións óseas no cráneo e na cintura pelviana, así obteñen unha maior resistencia e lixeireza. Nas aves adultas moitos dos ósos están ocos, carecen de médula e esdtán conectados cun sistema de sacos ou bolsas aéreas dispersas por todo o corpo.

O esterno na maioría delas é grande e ten unha cresta central chamada carina. O esterno e a carina soportan algúns dos principais mújsculos empregados no voo.

Nas aves da subclase Ratites, (avestruz, kiwi...) perderon a capacidade de voar e o esterno ten un tamaño máis reducido e a carina perdeuse.

As mandíbulas das aves actuais alárganse coma picos sen dentes e están cubertas cunha capa córnea chamada ranfoteca.

Aves de Galicia
As aves non teñen glándulas sudoríferas e non poden arrefria-lo seu corpo por transpiración. A calor se dispersa durante o voo co paso do aire.

  • CORVO (Corvux corax) 63.5 cm

Nas zonas gandeiras os corvos atópanse formando parellas ou grupos familiares na busca de carroña, de ovellas ou terneiras enfermas a punto de morrer. Comen dende insectos a landras, aínda que a súa alimentación baséanse en desfeitos animais.

O cortexo inclúe inclinacións co pescozo alongado erizando as plumas da gorxa. A parella é para toda a vida.

O niño está feito de paos pequenos de madeira e outros materiais da zona, forrado con la de ovella ou pelo e soe estar en cornixas inaccesibles. Pon de 4 a 6 ovos e incubándoos ó redor de 19 días.

Identificación: plumaxe negra lustrosa, pico groso, extremo da cola en forma de cuña; sen dimorfismo sexual.

Alimentación: Carroña e pequenos animais. Tamén xérmolas, froitos, peixes, ovos e poliños doutras aves.

Hábitats: Motañas e riscos.

Aves de Galicia

  • ÁGUIA CULEBREIRA (Circaëtus gallicus) 65 cm

A culebreira chega ás nosas terras en marzo e abril cando as tempereaturas empezan a subir e as culebras comezan a saír.

O seu ataque baseéase nun ataque dende o aire a unha serpe enrosdcada nun camiño. Redúcea e despois papaa, empezando pola cabeza.

Esta rapaz en España está protexida, feito que favoreceu a conserxvación desta fermosa ave.

Por tratarse dunha ave de carácter estival, téñense poucos datos sobre a súa migración e hibertnación en Galicia e na península.

O seu niño está dfeito de ramas secas e verdes. Soe estar no cume das árbores, e estar forrada de follaxe. Pon un só ovo moi grande en abril e incubándoo durante uns 45 días. O poliño abandona ós pais despois de 75 días.

Identificación: Partes superiores pardas cion réximes negras, inferiores brancas, menos gorxa e peito que son pardo escuro. Cola larga, cabeza grosa, con grandes ollos amarelos e dorados.

Aliomentación: Réptiles sobre todo serpes, ras, insectos e gusanos.

Hábitats: Monte bravío

Aves de Galicia

  • MERLO (Turdus merula) 25 cm

No seu medio natural, son aves ariscas que permanecen agochadas. Pero os merlos máis acostumados ó home fixéronse moito máis intrépidos. Esta especie experimentou unha considerable expansión. O merlo soubo sacarlle partido á acción humana. Atópase en todas partes do noso entorno e nos máis pequenos xardíns pode establecer o seu niño. É un paxaro vivo e axitado e se se ve en perigo fuxe voando raso. Teñen dimorfismo sexual en canto a súa plumaxe. O seu niño é moi limpo en forma de copa, feito con herbas, follas secas e lama. Faino en arbustos. De 3 a 5 ovos e a incubación dura 13 días e os poliños comezan a voar tras 15 días.

Identificación: O macho é negro azabache e co pico amarelo; a femia é pardo escura máis clara polas partes inferiores, lixeiramente moteada e co pico pardo.

Alimentación: insectos e as súas larvas, miñocas, froitos e xérmolas.

Hábitats: Bosques, parques e xardíns.

Aves de Galicia

  • PEGA (Pica pica) 46 cm, cola de 20 a 25 cm

Esta ave poderíase considerar coma unha ladroa, rouba niños a outras aves, ovos e poliños. A pega está distribuída por toda España, tendo unha poboación extensa e aumentando nalgúns sitios antes descoñecidos para ela.

Viven solitarias ou en parellas aínda que na fin do inverno e principios de primaveira pódense ver grandes grupos cun fin aínda sen comprender. Almacena todo o que encontra, iou sexa que podemos dicir que tamén é unha ave chatarreira.

O seu niño ten teito feito de ramiñas de arbustos ou de árbores forrado con raiciñas. Pon de 4 a 7 ovos entre abril e maio e incuba durante tres semanas. Os poliños son alimentados por ambos pais. Voan despois de 27 días.

Identificación: Plumaxe fortemente contrastado, negro iridiscente e blanco. Cola larga cuneiforme. Sen dimorfismo sexual.

Alimentación: Insectos e as súas larvas, grano, froitos e xérmolas. Ovos e poliños, carroña, ras, caracois e lixo.

Hábitats: Monte bravío

Aves de Galicia

  • ESTORNINO NEGRO (Sturnus unicolor) 22 cm

A súa área de distribución está limitada a España, norte de África e varias illas mediterráneas. De xoves e adultos, reúnense en bandos que vagan polo día, comendo no chan, e no solpor empregan as aciñeiras coma durmideiros. Estes últimos poden estar a quilómetros dos lugares de cría, onde chegan en xuño e xullo

O niño está construído en poblados, aldeas, caseríos, debaixo das tellas, en buratos... está construido polo macho e forrado pola femia con plumas, herba e palla. Pon de 4 a 6 ovos azuis de marzo a xuño. Incuba durante dúas semanas e os poliños deixan o niño ás tres semanas.

Identificación: Negro, brillante sen pintas e co pico amarelo; a femia é máis apagada. No inverno son grisáceos.

Alimentanción: Insectos, miñocas, moluscos e froitos

Hábitats: Cidades e pobos.

Aves de Galicia

  • GAVIÁN COMÚN (Accipiter nisus) M: 28 cm F: 38 cm

O gavián baséase no ataque rápido e por sorpresa coma técnica de caza. Voa rapidamente ó longo dun souto, álzase cara arriba para caer sobre a súa presa. Se esta escapa raramente volve intentalo.

É probable que o gavián sufrise as consecuencias dos pesticidas agrícolas. A súa poboación descendeu en España, seguramente pola persecución que padece.

O seu niño está construído de polas, nas árbores, feito pola femia e está forrado por ramiñas delgadas. Pon de 4 a 6 ovos en maio e son de cor brancos con tinte azul e manchas pardas. Incuba durante 35 días. Abandonan o noño despois de 30 días.

Identificación: Ás cortas e redondeadas, cola larga. O macho ten partes superiores de cor pizarra e as inferiores de cor parda; a femia é máis grande e ten as partes superiores pardas e ten unha lista superciliar branca.

Alimentación: Gorrións, estorninos, toupas, ratos e algúns insectos.

Hábitats: Bosques

Aves de Galicia

  • GORRIÓN (Passer domesticus) 14.5 cm

Créese que é o paxaro máis abundante en España e está localizado próximo ás zonas habitadas polo home.

A fins do verán abandona as edificacións para desprazarse ó campo e alimentarse de grans.

O seu cortexo, “corro de gorriones” comeza cando o macho tratta ca femia saudándoa coas ás caídas cola erguida e cabeza botada cara atrás. A femia pode picotealo se se achega moito.

O seu niño é construído polos dous, de herbas secas en buratos de edificios, árbores, setos...

Pon de 3 a 5 ovos entre abril a agosto. Incuba durante dúas semanas. Os poliños son alimentados polos dous pais e abandonan o niño ós 15 días.

Identificación: Partes superiores pardas, raiadas de negro, ombros pardo-roxizos e babeiro negro; a femia parda co dorso raiado.

Alimentación: Grans e xérmolas, insectos e lixos urbáns.

Aves de Galicia
Hábitats: Cidades e pobos.

  • CÁRABO (Strix aluca) 38 cm

É unha ave rapaz nocturna, excelente cazadora, que en América chámase lechuza. É un ave territorial que habita en Europa, norte de África e Asia. Este tipo de especies poden chegar a xirar a súa cabeza 270º, ou sexa tres cuartos de voltal. O seu voo é ondulado coma o dos petos. Ademais disto están protexidas pola Lei. Son depredadores de animais de campo.

O seu niño está nos ocos das árbores e defende con fereza os seus poliños. Pòn de 3 a 5 ovos en maio e incuba durante 28 días e abandonan os 35 días.

Identificación: Plumaxe moteado, de cor parda ou grisácea con pintas brancas. A súa cabeza e corpo é redondeada e rechoncha. Os seus ollos son grandes e de cor negra. Ás redondeadas e cola corta.

Alimentación: Ratos, musarañas, pequenos paxaros e ras.

Hábitats: Bosques e terreos pedregosos.

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia

Aves de Galicia




Descargar
Enviado por:Xigante Verde
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar