As viaxes do píncipe azul; Darío Xohán Cabana

Literatura gallega. Literura infantil y juvenil. Argumento

  • Enviado por: Antihulk
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 2 páginas
publicidad

TÍTULO: As viaxes do píncipe azul.

AUTOR: Darío Xohán Cabana

EDITORIAL: Galaxia

RESUMO:

Había unha vez un rei e unha raiña que querían ter un fillo pero non o daban feito. Xa levaban sete anos intentándoo pero non conseguían nada. Un día unha vella meiga chegou ó castelo dicindo que ela sabía de cómo podian conseguilo, e as maxestades a escoitaron. Ela só pedía a cambio que lle deixasen elexir o nome do príncipe e que liberasen ó seu neto das mazmorras reais.

As maxestades fixeron o que ela lles dixo e despois de nove meses tiveron un fillo, non era moi guapo pero a eles lle parecía a cousa máis bonita do mundo. Así pois, as maxestades liberaron ó neto da meiga e lle permitiron se-la madriña do príncipe Cerúleo. No bautizo deste ela lle concedeu uns dons non moi útiles para un príncipe pero os reis permitíronllo.

Cando o príncipe tivo idade foi a escola e aprobaba moi xustiño, a el gustáballe máis pasar as tardes na biblioteca a ler que a estudiar. Iso ós seus pais non lle facía moita gracia xa que tiña que aprobar para poder se-lo seu herdeiro. Cando xa pasaran uns anos e o príncipe xa era maiorciño dixéronlle que tiña que irse en busca de aventuras típicas de un príncipe e el marchou.

Ó chegar a un pobo dixéronlle que tiña que ir matar un dragón que vivía nunha cova na montaña. El, ainda que non lle facía moita gracia, foi. Ó entrar na cova oiu que alguén lle falaba, era o dragón. Este contoulle que era catalán e que non lle quería facer mal a ninguén pero non entendía porque querían matalo. O príncipe díxolle que el non quería matalo pero que o tiña que facer, pois fora lle estaba esperando un montón de xente. O drágon recordoulle que os da súa especie pasaban sete anos despertos e cen a durmir e se mal non recordaba a mañá seguinte se cumprirían os sete anos desde que despertara. Podían pasar a noite conversando e pola el durmiríase e o príncipe podería dicir que o matara. E así o fixeron. Despois de “matar” o dragón decidiu tomar unhas vacacións sen facer nada pero estas víronse interrumpidas o cabo dun tempo por unha carta dos seus pais dicindolle que volvera cabalgar.

O príncipe marchou no seu cabalo e chegou a un castelo, o castelo da fada Lupina. A fada fíxolle unhas preguntas e o príncipe contestoulle con sinceridade. Cando lle preguntou se a súa doncela era máis fermosa ca ela el díxolle que si e entón a fada enfadouse e o levou as mazmorras.

Pasaron tres anos e por fin Lupina díxolle que si facía as tres cousas que ella lle pedira o deixaría en libertad, pero senon lle cortaría a cabeza. Cerúleo aceptou.

Con moitas dificultades, pois o que lle mandou a fada non era moi facil, conseguiu gañar a sua liberdade. Para descansar decidiu ir a un balneario. Xa levaba uns anos no balneario cando recibiu unha carta dos seus pais comunicándolle que tiña que buscar unha princesa para casar con ela e poder ser rei. Así que colleu o seu cabalo e foi en busca da princesa.

Isto costoulle moito pois en todos los castelos que visitaba poñíanlle algunha queixa. Ata que por fin chegou a un no que os reis lle dixeron que tiñan unha filla da súa idade pero o problema foi que resultou ser moi caprichosa. A princesa pediulle que lle comprara unhas cousas e el comproullas. Cando xa tiña princesa, Cerúleo, non se sentía contento pois a princesa non lle caía ben así que decidiu marchar sen avisar a ninguén.

Xa volvia cara casa cando tivo que parar nun pobo para descansar. Chamou a unha casa para pedir que lle deixasen quedar alí unha noite. Xusto foi parar a casa da súa madriña que lle dixo que pasase que o seu neto estaba a punto de chegar. O neto de meiga era un revolucionario que lle dixo que se non volvia o seu castelo poderian conseguir que se proclamara a república e así non tería que ser rei. Ó príncipe encantoulle a idea e escondeuse nun sitio no que ninguen o atopara. Despois duns anos o neto da súa madriña ó foi buscar e díxolle que xa proclamaran a república e que xa podía sair.

Encantado de non ter que ser rei, Cerúleo, púxese a traballar nunha biblioteca, facendo así realidade o seu soño.