As vangardas

Vangarda enxebre. Arte y Literatura. Hilozoísmo. Neotrobadorismo. Vangarda plena. Creacionismo

  • Enviado por: Francisco Aguiar
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 1 páginas
publicidad

TEMA 2.

As vangardas”

  1. As vangardas en Galicia

A principios de século XX prodúcese en Europa unha renovación na literatura e na arte, partindo da ruptura total coa tradición, creando unha nova natureza sen copiala. Esta nova concepción agrupábase en diferentes movementos denominados ismosou vangardas (cubismo, futurismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo…) que se daban a coñecer por medio de manifestos.

En canto a Galicia, as vangardas afloran en 1922 coa publicación do manifesto rupturista “¡Máis Alá!” firmado por Manuel Antonio e o artista plástico Álvaro Cebreiro no que se defende unha postura adanista, que renega do pasado e prescribe unha literatura completamente nova.

Esta liña non será a predominante, posto que a maior parte dos autores do momento non estaban dispostos a romper coa escasa literatura galega do momento, debido ao descubrimento da lírica trobadoresca (neotrobadorismo) e a manter temas típicos como o da natureza.

  1. A “vangarda enxebre”: neotrobadorismo e hilozoísmo

    1. Neotrobadorismo

Este ismonon se pode incluír nas vangardas xa que non rompe co pasado ao basearse na lírica medieval (cantigas de amor e de amigo). Utiliza recursos como o leixaprén. Aparece claramente identificado no libro “Cantiga nova que se chama riveira” deÁlvaro Cunqueiro.

  1. Hilozoísmo

Este ismo foi o que acadou maior éxito, denominado como a “verdadeira estética nacional para os máis novos”. Entre os autores que enfocaron a súa obra neste ismo, cabe destacar a Luís Amado Carballocoa súa obra “Proel” na que se aprecia unha natureza personificada, combinando elementos visuais e auditivos utilizando a metáfora como eixe estruturador.

  1. A “vangarda plena”: Manuel Antonio (creacionismo)

Manuel Antonio, poeta rianxeiro, escribiu unha única obra, condicionada pola súa profesión de mariño mercante: “De catro a catro

Este libro poético está formado por dezanove poemas dispostos en forma de singular caderno de bitácora, onde o poeta foi deixando constancia da súa visión do mar. Porén non estamos diante dunha perspectiva tradicional: atento lector de teóricos vangardistas, Manuel Antonio interpreta a paisaxe dende unha óptica completamente nova. Mediante a supresión da secuencia espazo-temporal,o poeta procura na intelixencia/sentimento, entendida esta como a capacidade de penetración auténtica na cerna das cousas, para alén da deformación á que, xulga, nos someten os sentidos. A ilusión da viaxe deixa paso a un navío, a un tripulante que paira no mar como o faría un cosmonauta a aboiar na inmensidade do Cosmos. Máis alá de calquera pintura romántico-impresionista do mar e dos mariñeiros. De catro a catrodescribe un mar nunca visto por ninguén, un mar que vén a ser “unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes”. Un mar sen ribeiras e no cal percibir o extravío e máis a desolación:.

A influencia máis destacada na xénese e desenvolvemento de De catro a catroé a do creacionismo. A orixinalidade de Manuel Antonio atinxe tanto ao aspecto temático como á proposta lingüística: así rexistramos nos seus versos unha inagardada combinación de elementos procedentes do léxico náutico internacional, coa incorporación de anglicismos, a carón doutros que remiten ao galego mariñeiro da ría de Arousa.