Apuntes, trabajos, monografías...

Inicio Apuntes Amor Humor Test Envía apuntes Foros

Nueva Búsqueda Nueva búsqueda   Ayuda Ayuda  

As aguas mudas


Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa histórica medieval. Argumento. Personajes


Comentario breve de esta obra gallega



Literatura
 
As aguas mudas

As aguas mudas

As aguas mudas
Tenemos un plan para ti
 



Índice

APARTADO PÁX

  • Personaxes, tema, espacio....................................................................................3

  • Duración, linguaxe, acotacións, teatralidade....................................................4

  • Observacións...........................................................................................................5

Personaxes e caracterización dos mesmos

  • Bieito: novicio dun mosteiro, xove; no transcurso da narración adquire unha certa madurez en moitos aspectos.

  • Ulrico: morto aparecido, monxe do mosteiro; axuda a Bieito a asimilar os seus transtornos, mediante diversas aparicións ó longo da obra.

  • Schnitzer: presenta as mesmas características de Ulrico, ca salvedade de que este ten unha apariencia moito máis sobria (de feito, tacha a Schnitzer de herexe en diversas ocasións).

  • Belinha: outra aparecida, é filla dunha relación adúltera dun monxe, polo que foi pechada ata a súa morte no sótano onde agora se atopa Bieito, quen se namora dela.

Tema

A desolación dun home que se atopa no medio dunha “metamorfose”; este sofremento pola permanencia no sótano do convento, no transcurso dunha epidemia de peste, á espera de que cheguen as chuvias purificadoras.

Espacio

  • Real: non está definido de forma clara; dedúcese que a obra debe estar ambientada na época das pestes (Idade Media).

  • Escénico: sinxelo, toda a acción ten lugar nun pequeño recuncho do sótano do mosteiro, xunto da adega.

Duración

  • Real: dez noites máis un epílogo que transcorre varios anos despois.

  • Escénica: uns 45 minutos.

Diálogos e monólogos

Están presentes ambos tipos de linguaxe: os monólogos, protagonizados por Bieito, constitúen pequenos ensaios sobre a soedade e diferentes sentimentos relacionados coa angustia producto da transformación do protagonista; son “conversas” non respondidas co seu amor, Belinha, ou mesmo con Deus.

Os diálogos, nos que participan tódolos personaxes, de forma separada ou en grupo, teñen unha singular viveza, ó estar cheos de humor, sobre todo irónico, e de reflexións, na meirande parte das veces cando son entre Schnitzer e Ulrico.

Acotacións

Estas están case sempre dirixidas ao lector, coa intención de engadir matices aos diálogos; nalgúns casos (os menos) son de carácter máis técnico, sen peso argumental.

Teatralidade/Escenografía

É moi simple, xa que non hai nengún cambio de escenario, e este carece de complicación algunha: comporíase dun espacio escuro, con paneis aos lados simulando botelleiros da adega, todo cun aspecto vello e descoidado, ao tratarse dun lugar pechado e que non recibiu atención durante moito tempo.

No tocante á caracterización dos personaxes, tamén sería doada: roupaxes adoitadas para os monxes, e un aspecto un tanto tétrico e pantasmagórico para os aparecidos, cousa que cun puco de maquillaxe quedaría resolta.

Observacións

Esta obra é de fácil lectura, pois non ten unha excesiva complexidade argumental, e polo interesantes que resultan os seus diálogos. Chámame a atención a sinxeleza de caracterizacións, tanto da escenografía coma dos personaxes, o que outorga moita máis importancia á acción en si mesma.

3





El mayor abanico de cursos y titulaciones a distancia y online
rincondelvago.com: Condiciones de Uso | Contacto