Arredor de si; Ramón Otero Pedrayo

Literatura española contemporánea. Narrativa del siglo XX. Escritores de la Xeración Nós. Novela gallega. Biografía del autor. Contexto histórico y literario. Tema. Argumento. Espacio y Tiempo

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad
publicidad

Traballo: “Arredor de si”

Asignatura: Literatura Galega do S. XX.

  1. Contexto histórico

Os anos vinte e trinta foron anos de crises políticas e convulsións sociais nos que os acontecementos históricos se sucederon con rapidez. Neste constante bulir, o mundo da cultura galega coñeceu un período de avance e afianzamento dunha importancia tan radical que se pode comparar co que supuxo o Rexurdimento no século anterior.

  1. PARTIDO GALEGUISTA Y ESTATUTO DE AUTONOMÍA.

APartir do ano 1922, impuxéronse dentro das Irmandades as teses culturalistas ás políticas. Debeuse isto ó fracaso das Irmandades nas eleccións e mas á dictadura de Primo de Ribera, que, ó limita-la actividade política, acabou levando os homes das Irmandades cara a unha maior actividade cultural. Durante os anos vinte, o galeguismo deixou os seus mellores froitos no terreo cultural: publicacións de revistas, creación de editoriais, actividade literaria…

O galeguismo non volvería contar cunha organización política de relevo ata a República, coa fundación no ano 1931 do Partido Galeguista. Neste partido integráronse numerosas organizacións de carácter galeguista así como personalidades independientes que, en Moitos casos, procedían das Irmandades.

No partido galeguista reproduciuse tamén a división entre culturalistas e políticos, pero isto non lle impediu consegui-lo seu obxetivo fundamental: a consecución dun Estatuto de autonomía para Galicia. Con el o país podería comenza-la súa restructuración económica e a súa restauración cultural e lingüística. O 28 de xuño de 1936 o referendo deu unha esmagadora maioría de votos afirmativos a prol do Estatuto. O levantamento de Franco e a posterior querra fixeron imposible a súa posta en práctica.

  1. CONTEXTO CULTURAL

Os anos vinte supuxeron un paso decisivo na consolidación da narrativa galega, xénero que, desde o Rexurdimento, non se daba posto ó nivel da lírica.

É significativa a aparición de coleccions de narrativa, entre as que destacaron Céltiga de Ferrol e Lar da Coruña. Se a isto se engade a parición de editoriais propias, como a Editorial Nós, comprometidas co feito cultural galego, comprenderase que nestes anos a narrativa galega alcanzou a madurez e albiscou novos horizontes.

A conquista da prosa como xénero de cultivo literario en lingua galega así como a súa incorporación a parámetros de modernidade foi sobre todo resultado das angueiras dos homes do grupo Nós, nucleados entorno a Risco, Otero Pedrayo, Castelao e Cuevillas. Con eles supérase definitivamente a narración de tipo folclórico, predominante daquela, e incorpóranse novos elementos, entre os que destacan dous:

  • O didactismo en favor da reconstrucción dunha concienca galeguista no lector. O sentimento da terra, o amor e valoración do propio e un dos obxectivos principais.
  • O humor, non entendido como chiste fácil, senón no senso máis profundo e sutil, que non é outro que o dunha forma de comprender e relativizar do home galego: tódalas cousas deste mundo son asegún_diría Risco.
  1. GRUPO NOS, CARACTERISTICAS E REVISTA NOS.

A no 1920, comenzou a publicarse a revista Nós, deu nome a unha xeración de intelectuais de suma importancia. O seu programa consistiu en soergue-la cultura galega do folclorismo e do influxo unilateral da cultura española. Con eles, a cultura galega logrou facerse universal, dialogar con outras culturas do mundo e entrar en contacto directo coas ideas estéticas e científicas que percorrian Europa. Esté periodo (época Nós) e unha época de esplendor literario cultural, fan de imán para actividade das distintas xeracións.

Catro xeracións erguen a cultura do país que son:

  • Irmandades da Fala
  • Grupo Nós
  • Grupo dos novecentistas
  • Seminario de Estudios Galegos



  1. Ramón Otero Pedrayo
    1. N BIOGRAFÍA

aceu en Ourense (1888-1976) procedía de familia fidalga con pazo en Trasalba. Doutor en xeografía e historia, dedicouse a docencia, primeiro catedrático de instituto e logo de universidade, colaborou con Castelao no Partido Galeguista, foi deputado durante a segunda República. Retirado o exilio interiro trala guerra civil. A sua traxectoria, como narrador iniciouna xa maduro, con 36 anos, con tres novelas breves. Pero foi en 1928 en 1930 cando publicou as que son consideradas a súas dúas novelas máis importantes:

  • Os camiños da vida (1928) estructurada en tres partes, é un magnífico cadro da sociedade do século XIX.
  • Arredor de si, (1930) é o retrato da súa propia xeración, a través de Adrián Soloibo.

Pedrayo escribiu novelas de asunto histórico, cultivou o ensaio, autor de teatro en menor medida de poesía.

  1. OBRAS

Sus obras, excepto las de ensayo, ordenadas cronológicamente son:

  • Pantelas, home libre (Pantelas, hombre libre) (relatos breves) (1925)
  • O purgatorio de don Ramiro (El purgatorio de don Ramiro) (relatos breves) (1926)
  • Escrito na néboa (Escrito en la niebla) (relatos breves) (1927)
  • Os caminos da vida (Los caminos de la vida) (novela en tres libros) (1928)
  • A lagarada (La lagarada) (teatro) (1928)
  • Arredor de si (Alrededor de sí) (novela) (1930)
  • Contos do camiño e da rúa (Cuentos del camino y de la calle) (relatos breves) (1932)
  • Fra Vernero (novela) (1934)
  • Teatro de máscaras (teatro) (1934)
  • Devalar (novela) (1935)
  • O mesón dos Ermos (El mesón de los Ermos) (1936)
  • O mesón dos Ermos (El mesón de los Ermos) (relatos breves) (1936)
  • O desengano do prioiro (teatro) (1952)
  • Entre a vendima e a castiñeira (Entre la vendimia y la castañera) (1957) (relatos breves)
  • Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (Bocaribera. Poemas para leer y quemar) (poesía) (1958)
  • Rosalía (diálogo teatral) (1959)
  • O señorito da Reboraina (El señorito de la Reboraina) (novela) (1960)
  • O fidalgo e a noite (El hidalgo y la noche) (diálogo aparentemente teatral) (1970)
  • Noite compostelá (Noche compostelana) (diálogo aparentemente teatral) (1973)
  • O Maroutallo (El Maurotallo) (1974) (relatos breves)
  1. ARREDOR DE SI

Públicouse en 1930, nesta obra retrata a xeración de Pedrayo, pero, sobre todo retrátase a se mesmo na figura do protagonista, o intelectual Adrián Solovio. Esté, después de debullar a súas inquedanzas pola cultura europea, escéptico e desacougado, vive unha crise que o leva ao encontro de Galicia e de se mesmo.

A acción desenrólase no pensamento do protagonista. Trátase, dunha acción interior, dunha intriga psicolóxica, acción externa refire a viaxe de Adrián Solovio, por diversas cidades españolas e europreas, nas que se vai producindo a súa transformación. Ao final, Solovio regresa ao ámbito inicial (a aldea, Galicia), que aparece agora valorado de forma positiva.

Esta novela e culturalista, ten unha estructura relacionada co relato mítico adaptado o mundo contemporáneo. O protagonista, coñece as experiancias da morte (co pasamento do seu tío D. Bernaldo e a fin do seu mundo), da sexualidade (coa marquesa de Portocelos) e do sagrado (coa descuberta de Galicia) a o longo dun periplo de nove meses nos que se xesta a súa nova personalidade. Ao final o protagonista encarna o triunfo da conciencia nacional e comprácese en lembrar o seu itinerario de perfección, como exemplo o ensino para os mais.

  • Novela culturalista, as accións e os personaxes perden relevancia en prol da exposición de ideas e referencias culturais, que son claves para a interpretación de Galicia.
  • A paixase, actúan tres elementos:
  1. Factor cósmico (as forzas xeolóxicas, astronómicas e atmosféricas).
  2. Factor biolóxico (flora e fauna).
  3. Factor humano (agricultura, arquitectura, arte).

Cada un deles establece o seu propio tempo: o planetario o vital e histórico. A paisaxe está dotada de vida e goberna a vida do home, configurando a súa psicoloxía.

Bibliografía:

Libro 4º de ESO lingua e literatura

Obradoiro S.A. / Grupo Santillana de Ediciones

Literatura galega 3º de BUP

Edicions Xerais de Galcia.

Índice:

Pag. 1 Contexto Histórico

Pag. 1 Partico Galeguista y Estatuto de Autonomía

Pag. 1 Contexto Cultural

Pag. 2 Gupos Nós, Características e Revista Nós.

Pag. 2 Ramón Otero Pedrayo, Biografía.

Pag. 2 Obras de R.O.P.

Pag. 3 Arredor de si.

Pag. 4 Biografía.

Isaura Barreiro Rodriguez |2º de bacharelato EPA Ferrol.