Áreas do galego Bloque Occidental Isoglosa: cans / cas Fenómenos xerais: 1. Gheada (amigho, ghato). 2. Seseo postnuclear (lus, dès /luz, dèz). 3. Metafonías e outras alteracións do timbre ( èla, hòra, tempo, sogro / ela, hora, tèmpo, sògro). 4. Terminación en án (irmán, verán, mañán). 5. Plural -ns (cans, ladróns). 6. Pronome suxeito ti. 7. Vocal temática e (collEche(s), vendEche(s) / collIche(s), vendIche(s). 8. Formas cantei, cantín, cantén, cantein na P1 do IP da C-I. 9. Sufixo número-persoal -des (maioritaria) e -s, -ndes, -is (cantades, cantás, cantandes, cantais). Áreas lingüísticas Área fisterrá Isoglosas: Seseo prenuclear (faser, sinco) e Cheísmo (vinCHE onte) Subáreas A-1: Xallas. -
Ditongo ui (muito, nuite, cuiro, truita). -
Vocal temática i (colliu, partiu) na P³ do IP da C-II e C-III. A-2 Tambre-Barbanza. -
Ditongo oi ( moito, coiro). -
Vocal temática e (colleu, parteu). Subáreas de transición. A-3 Bembibre. -
Ditongo oi (moito, coiro). -
Vocal temática i (colliu, partiu). -
Seseo prenuclear (faser, sinco). -
Sen cheísmo (vinTE onte). A-4 Compostelá. -
Ditongo oi (moito, coiro) -
Vocal temática e (colleu, parteu) -
Seseo prenuclear (faser, sinco) -
Terminación -ao (ou -án) de irmao. Área Bergantiñá Isoglosas: Seseo prenuclear (faser/ facer), ó sur e suroeste e cans /cas ó leste. Fenómenos. -
Sen seseo. -
Sen cheísmo. -
Ditongo oi (moito, troita). -
Vocal temática i (colliu, partiu). Área Pontevedresa Isoglosas: Cheísmo ó norte e cans/ cas ó leste. Fenómenos: -
Radical hub- no tema de perfecto de haber e sup-,sub- como radical de perfecto de saber. -
Radicales tru(i)- e trux- maioritarios fronte a troux-, trougu- para o perfecto de traer. Subáreas. C-1 Ulla-Umia Isoglosas: esto /isto e moito/ muito. Microsubáreas. C-1.1 Salnés C-1.2 A Ulla -
Sen seseo prenuclear. -
Terminación -ao (irmao). C-1.3 Moraña-Cotobade. -
Sen seseo prenuclear. -
Terminación -án (irmán). C-2 Macrosubárea Verdugo-Miño. Isoglosas esto /isto e moito/ muito. Fenómenos. -
Deíctico isto (hipercaracterizado). -
Formas muito, noite, coiro~couro. -
VT e/i (colleu/ partiu). Subáreas: Microsubáreas -
Redondela-Mondariz, sen seseo. -
Morrazo-Fragoso con seseo prenuclear. Inclúese a illa de Ons. -
Do Miño (isoglosa quères/ queres, nève/ neve. As formas con vocal pechada son propias desta zona). Microsubáreas: -
Baixo Miño (C-2A). -
Teísmo (xa TO dixen/ xa CHO dixen). -
Pronome suxeito tu. -
SNP -is, -ndes (cantais, cantandes). -
Miñor (C-2B). -
Sen teísmo. -
SNP -ndes. -
Seseo prenuclear (faser). -
Louriña (C-2C). -
Presencia / ausencia de seseo (facer/ faser). -
SNP -des (cantades). -
Sen teísmo. -
Condado (C-2D). -
Sen seseo (facer). -
SNP -des. -
Sen teísmo. Bloque Central Isoglosas: cans / cas (occidente), cas / cais (oriente) Fenómenos xerais Gheada (occidente) e ausencia de gheada (oriente). Ausencia de seseo (facer, cinco). Só lus e ves na Coruña e Pontevedra. Ditongo oi (moito, noite, coiro). Plural -s (sg. -n): cas, ladrós, (sg. can, ladrón). Terminación -ao (masc.) / -á (fem.): irmao, verao / irmá, mañá. Pronome suxeito ti (occidente) tu (oriente). Vocal temática i, etimolóxica, na P² dos perfectos fracos da C-II (collIches, vendIches. Terminación verbal -des (cantades) maioritaria. Áreas lingüísticas Área mindoniense Isoglosa: Sufixo modal temporal è/ é, a (cantèmos, collèmos, partèmos/ cantemos, collamos, partamos). Fenómenos. -
Pronome suxeito nosoutros, vosoutros no canto de nòs, vòs. -
CD enclítico -i no canto de -o. -
Formas verbais (es)teña, seña, vallo, sallo. -
Léxico específico: barruzar, golpe, cimo/ chuviñar, raposo, grelo. Subáreas: A-1 Occidental, con gheada. Microsubáreas: A-2 Oriental, sen gheada. Microsubáreas: Área lucu-auriense isoglosas: iste(s) / este(s), il(es)/ el (es). Fenómenos: -
Vocal radical u, i no imp. da C-II (culle, bibe, turce/ colle, bebe, torce), especialmemte en falas ourensás. Subáreas: -
Lucense (E-1) caracterizada pola presencia de llo (lle+o) e llelo (lles+o). -
Microsubárea: -
Becerreá: -
Ditongo ui (muito , truita) e oi (noite, oito). -
Terminación -ín (pl. -iños) en camín, padrín. -
SNP -is (cantais)- -
Auriense (E-2) con llo (lle+o, lles+o). -
Microsubáreas: -
A Limia Baixa (E-2A), especialmente os concellos de Lobios e Entrimo. -
Sibilantes sonoras. -
Intestabilidade do è (>e) en queres, neve que tende a pechado. -
Arcaísmos morfolóxicos como decer ou sintácticos como a interpolación. -
A Limia Alta (E.2B), co SNP -ndes de cantandes, collendes, etc. -
O Ribeiro (E-2C) coa terminación -án (pl.-ás) para o feminino de mazán, etc. Área central de transición Isoglosas: cantèmos, collèmos / cantemos, collamos ó norte; el/ il ó sur. Fenómenos: Subáreas: -
Occidental (F-1), coa terminación fem. án (mazán, pl. mazá) e formas colleu, parteu, ou colleu, partiu. -
Microsubáreas. -
As Mariñas (F-1A), masc. e fem. sg. -án, pl. -ás (irmán, irmás). -
Ordes - Terra de Montes (F-1B), masc. -ao, fem. -án (pl. -ás) (irmao(s), irmán, irmás). -
Meira (F-2), con moito, troita (xeral) e muito, truita; terminación -iño ou -ín (camiño ~ camín) e SNP (cantais). Área oriental de transición Isoglosas: il/el no occidente e cas/cais no oriente. Fenómenos (de oeste e leste). -
-oit-, -uit-, -ut- (moito, muito, muto). -
SNP -ndes, -is (cantandes, cantais). Subárea. G-1 Oímbra-Vilardevós coa terminación feminina -án (mazán). Bloque Oriental Isoglosas: cas / cais (occidente) e pèdra, ròda / piedra, rueda (oriente) Fenómenos xerais Ditongo ua (cuatro, guardar / catro, gardar). Ditongo oi (moito, coiro), ui (muito, truita, escuita) ou ausencia de ditongo (muto/ mutio, truta/ trutia). Formas con -ax- (baxo, caxa /baixo, caixa). Terminación -ín (camín, padrín / camiño, padriño) excepto na zona sur. Plural -is (cais, ladrois; sg. can, ladrón). Plural -is (animais, caracois; sg. animal, caracol), excepto na área asturiana. Perfectos cantein, cantén e futuros cantarein, cantarén. Sufixo número-persoal -is (cantais, cantabais / cantades, cantabades). Áreas lingüísticas Área asturiana Isoglosas: -
Terminacións -íus, ías/ -iños, -iñas (molíus, sardías/ muíños, sardiñas). -
Artigo masculino l ~ el/ o (l´amigo, el día/ o día). -
Vocal temática i na P² dos perfectos fortes: (tuviche, dixiche/ tivèche(s), dixèche(s). -
VT è nos perfectos fracos da C-II (collèmos, -èstes, -èron, -èse/ collemos, -estes, -eron, -ese). Fenómenos. -
Timbre etimolóxico en bòn, fònte, pònte. -
Abertura antietimolóxica en lòmbo, canciòn, centèn, chèn (gal. común centeo, cheo). -
Conservación do -L- latino (avòlo, molín, animales). Subáreas. H-1 A Veiga - Oscos - Ibias. -
Conservación -L- latino (la, leite). -
Simplificación -LL- latino (cabalo, ela). H-2 Salave - Coaña - Boal. - Palatalización ( e posible deslateralización) de L- e -LL- latinos (lla, lleite; caballo, ella). Área ancaresa Isoglosa: Vocalismo nasal (cães/ cans). Fenómenos. -
Palatalización do a tónico (irmä, pèdre). -
Gheada (amigho, aghora). -
SNP ø collí, partí, fice, fronte a -n de collín, partín, fixen. -
VT i no TP dos perfectos fracos da C-II (colliu, collira, collise). Área zamorana Isoglosas: -
SNP ø (collí, partí, fice)/ -n (collín, partín, fixen). -
Pronome átono -o (haio, seio, canteio, deixouo)/ alomorfo -no (haino, seino, canteino, deixouno). Fenómeno. -
Confusión dos ditongos oi, ou (noite ~ noute; despois ~ despous). -
Plural peis (sg. pè), verdais (sg. verdà, verdai). -
Terminación -iño (camiño, padriño). -
Pronome suxeito nós, vós con o pechado fronte a nòs, vòs (ou nosoutros, vosoutros). Subáreas. L-1 Porto coa isoglosa da distinción te-che/ teísmo. -
Perda do -g- precedido de i (embiu «embigo», mía «miga») e do -z (lu por luz ou cru por cruz). -
Palatalización do a átono (cäldeiro, casä, fabäs). -
Ausencia de teísmo (xa TE vin, xa CHE dixen todo). -
Desinencia -che na P² do IP (cantache, colliche). -
Desinencia -stes na P5 do IP (cantastes, collistes con VT i na C-II). L-II A Mezquita-Lubián coa isoglosa da distinción te-che/ teísmo. Microsubáreas. A Mezquita -
Pronome átono lle. -
VT a nas formas do TP da C-1 (cantache, cantamos, cantara, etc.). -
Desinencia -che na P² do IP (cantache, colleche). -
Desinencia -stes na P5 do IP (cantastes, collestes, con VT e na C-II). Lubián - Hermisende. -
Pronome átono le. -
VT è nas formas do TP da C-I (cantèste(s), cantèmos, cantèra, etc.). -
A desinencia da P² do IP é -stes en Lubián (cantèste(s), colliste(s)). -
Desinencia -steis na P5 do IP en cantásteis, collisteis (con VT i na C-II). Área oriental-central Fenómenos. -
Sen terminación -íus, ía(s). -
Sen vocalismo nasal. -
Sen formas collí, partí, fice. Subáreas. M-1 A Fonsagrada - O Courel - O Bierzo con terminación -ín (pl -iños) (padrín, camín) e pronome llelo. Microsubáreas: -
A Fonsagrada - Cervantes con muito, mutio e pronome -ol. -
O Courel con muito e il, iste. -
O Bierzo con muito (e mutio, muto) e el, este. No Bierzo oriental de fala galega hai mantemento do -L- lat. e formas cantaSTE, collIu, collIra, etc. M-2 O Valdeorras - Viana, con terminación -iño (camiño, padriño) e pronome llo (lles+o). Microsubáreas: -
O Valdeorras con muito. -
O Bolo - Viana con muto. O morto lebantou unha perna pa riba, o morto, e... e claro, botou a correr... Pero, ¿que foi?, dixeron que fora desta maneira: tíñanll´as pernas atadas e, i-o apear il ó cuarto e`stremecers`o cuarto, rompeu o cordón e lebantou unha perna pa riba. Desas cousas pasan muito; desas cousas pasan muita na bida esí, que claro, porque a morte é mui impresionante, non bes, e... i así. Unha mostra da fala de... Mª Xosé López Castro È... xa digho, daquèla eças ebdrômenas qu´había è o das luçes tamên, que vían unha lus alí, que vían a compaña no outro lado è.. outro que tomaba medo alí, outro tomaba medo è ahora din: -¿È, and´ir à compaña? - È vai de vacaçións. Aghora ninquên fala deço pèr´antes tod´èra medo, habí´à compaña alá no campo das Mòas, aí alí arriba do que lle chaman, paréçeme ond´hai aí eça leira que lle chaman qu´hai alí unha crus que lle chaman a crus mona, alí tamên, qu´había alí qu´había´alí medo... outros qu´ouveaban os cans, outros que berraban as peghas è tod`er`açí, couças de medo é... é xa tíñamos nôs medo bastante. Seseo e gheada en ... D. Míguez Iglesias
|