Apocalípticos e integrados; Umberto Eco

Literatura contemporánea siglo XX. Cultura de masas. Audiovisuales. Medios de comunicación. Postura apocalíptica e integrada. Desarrollo de la tecnología

  • Enviado por: Tamarinda
  • Idioma: castellano
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad

~ APOCALÍPTICOS E INTEGRADOS ~

Umberto Eco

A obra `Apocalípticos e integrados' conforma un estudo que profundiza na análise da relación entre a cultura popular e os medios de comunicación insertados nesas sociedades, as cales manifesta a través de dúas posturas patentemente antagónicas, a apocalíptica e a integrada.

Pola súa banda, os apocalípticos basean o seu posicionamento nunha concepción determinista do papel da tecnoloxía no cambio social. Para eles, a propia existencia da televisión rompe un posible enfoque lúdico dos debates e coloquios políticos, de produtos que deriven nun público pasivo, incapaz de participar. O exemplo máis evidente deste fenómeno está presente nas nosas pantallas asemade, en programas como `Caiga quien caiga', onde o contido político é unha constante; nos debates celebrados no programa de Ana Rosa Quintana (en medio das novas do `corazón') ou con participacións directas de representantes de partidos políticos na TV (caso de José Luis R. Zapatero ou Mariano Rajoy en `Noche con Fuentes', xa fóra de emisión. Nembargantes, cando xorde o medio globalizador da información por excelencia, Internet, fanse irremediables as cadeas de relacións cidadáns - administración e a busca de información sobre a acción do goberno co propósito de manter un mínimo control sobre estes.

Así, os medios non presentan só aspectos negativos, pois favorecen a participación dos civís na vida pública, ofrecendo a todos a oportunidade de contribuír e aportar ao sistema; eliminan barreiras a difusión da información, estimulando curiosidade nos sectores máis pasivos, e, polo tanto, neutralizando na medida do posible, o nivel cultural. Ademais, permítense crear, engadir novos elementos lingüísticos, estéticos, artísticos, etc.

A denominada comunicación de masas, orixinada a partir da globalización mundial das linguaxes informativas, das tecnoloxías de difusión e dos referentes comunicativos, é dicir, da consideración do que é ou o que non é noticia; asumiuse desde outrora como o detonante do modelo cultural establecido. Debido ás funcións que os medios desempeñan no seo das sociedades actuais (informativa, publicitaria, recreativa, etc.) crean de cotío un fluxo de interrelacións cos espectadores que, inevitablemente, os converten nun controvérsico tema de discusión popular.

O pensador alemán Friedrich Nietzsche falaba de `enfermidade histórica' ao referirse á globalización da cultura, xa que, na súa opinión, o feito de pór esta última ao alcance de todos era negativo para a sociedade *[1]. A base da súa argumentación remítenos á ineficacia selectiva na que concorren os medios ao dirixirse a un público excesivamente amplo, un público, ao que ao mesmo tempo despoxan da súa esencia, homoxeneizando gustos, costumes, formas de vida, etc. caracterizadores de cada pobo. Unha cultura de masas a nosa, que anula o principio de liberdade real do espectador pois non da elección, é a propia programación quen impón os preceptos, quen suxire qué debemos desexar . Asimesmo, elimina as diferenzas entre as produccións de elite e a industria de entretemento, desvirtuando a calidade das primeiras fronte ás segundas... Ao fin, o sistema deriva nos estereotipos socialmente establecidos, difuminando as particularidades inservibles e facendo de aquelas máis efectivas (comercialmente falando) o `global'.

Sen caer nunha crítica derrotista, percibo na industria da comunicación unha tendencia á manipulación de contidos. Xogan coa importancia, a orde, e, incluso, coa presenza dos contidos. Aparece o que queren que apareza, colocan certos temas no punto de mira (caso da emigración en España), ocultado no seu favor aqueles aspectos escuros da propia cultura con fin de que morran no esquecemento dos espectadores. O comercial é o que verdadeiramente importa, o concepto de rendibilidade imponse sobre o concepto de información.

O papel da política é fundamental para comprender como se desenvolven os medios, qué principios moven os fíos e con qué finalidade. A evolución dos distintos soportes deuse historicamente ligada as diferentes etapas políticas vividas polo home; así unha carteleira de programación ou a primeira plana dun xornal deseñados durante a dictadura franquista, na que a censura era unha constante (no cine, por exemplo, se suprimían as escenas susceptibles de evocar referencias sexuais no espectador, como aquela por todos coñecida na que Rita Hayworth se quitaba unha luva) non ten nada en común co modelo de programación actual (realities, espacios para o goberno, a oposición, etc.).

Non podemos esquecer, en resumo, que os medios de comunicación son un fenómeno artificial, posto en funcionamento a mercé de certos sectores da sociedade sen máis fin que o ánimo de lucro. Así, os argumentos dos apocalípticos remítenos a deducir un certo positivismo na globalización das oportunidades que representa a cultura de masas.

A cultura de masas identificase co `kitsch', sendo este unha comunicación que tende á provocación dun efecto. Pero acúsase a esta de roubar os estilemas propios da vangarda (presentada como a cultura `superior'). Nesta última, os efectos non se proporcionan directamente, senón que cada receptor debe descifrar un código onde se altera a función referencial dos seus elementos, dando pé a diversas interpretacións. Porén, o uso de estes estilemas na midcult, non pretende substituír a arte, senón a elaboración de mensaxes ao alcance de calquera. Na obra calíficase este procedemento como “mentira artística” para un público que desexa disfrutar das delicias artísticas sen que sexa preciso un esforzo desmesurado. O conflito neste punto xorde desde o momento en que esas `mensaxes artísticas sinxelas' se venden ao público como verdadeira arte, o que devén nunha relación necesaria entre a vangarda e o `kitsch' *[2].

A obra preséntanos as liñas básicas que segue a `mass media' para acadar o éxito, exemplificado a través dos heroes de cómic, deseñados a través dun esquema común: dobre personalidade, unha que amosa o seu lado máis patético e torpe, sendo desprezado polo seu entorno; e a outra, como un superheroe, con poderes sobrenaturais. Así, aquel que se sinta identificado cos aspectos negativos do heroe teñan a oportunidade de ver un atisbo de esperanza á súa situación social. Esta estratexia fai dos cómics un ben demandado na nosa sociedade de consumo. E así no caso da canción de consumo e das novelas de entretemento, que non pretenden innovar, senón dar ao público aquelo que xa lle é familiar, é dicir, que a fórmula remata por substituír á forma.

Acúsase á radio de ter a capacidade de ofrecer música a todas horas, desvirtuando deste xeito o seu valor; á televisión de estimular falsamente a participación co espectador, de levar a un disfrute baseado nos sentidos en detrimento do concepto, ou de favorecer a perda da identidade histórica. Pola contra, a TV amósanos directamente o presente, ofrécenos acceso ao que está a acontecer, converténdose nun instrumento de liberdade *[3].

Podemos determinar así, a concepción apocalíptica da cultura de masas como a `anticultura'. Renegan das innovacións tecnolóxicas como motor da arte, opóñense a `macro' difusión da información e non aceptan a irrupción de novos elementos culturais xerados por tal fenómeno. Segundo eles, a cultura establecida está a caer. Por outra banda, para os integrados o denominado como cultura de masas: cómics, música electrónica, novela de entretemento… forma parte tamén da cultura. Consideran as aportacións das novas tecnoloxías e animan á súa divulgación como parte dun próspero futuro onde se equipararán as principais diferenzas culturais da sociedade. Certo é que ningunha das posturas se adapta fielmente á realidade. Os apocalípticos non teñen en conta as achegas da cultura de masas, e, os integrados, na súa concepción beneficiosa da creación de novas formas de cultura, rexeitan a súa crítica.

Ante o conflito que presenta a relación de proximidade aos produtos por parte dos consumidores co seu nivel de coñecementos, Umberto Eco da cabida a un posible `saneamento' da cultura actual dos medios, a partir da asunción por parte das masas de que todos podemos ter acceso a calquera tipo de produto independentemente do noso nivel intelectual *[4].

CITAS

[1]

Hai que sinalar o radicalismo aristocrático do que parte Nietzsche, quen non é partidario da democracia, máis sen caer no error de tachar o seu antiigualitarismo como certa tendencia ao fascismo.

[2]

`… subsiste , e de modo intenso, o problema dunha dialéctica entre vangarda e Kitsch. Non soamente surxe a vangarda como reacción á difusión do Kitsch, senón que o Kitsch renovase e prospera aproveitando continuamente os descubrimentos da vangarda.'

[3]

A información sobre todo canto esta ocorrendo é sempre unha garantía de liberdade. Saber como o escravo exipcio acababa finalmente por saber, aínda que quizais dez anos máis tarde, que algo pasou, non me axuda a modificalo; en cambio, saber que algo esta pasando faime sentir corresponsábel do acontecemento. (Cohen-Séat)

[4]

`O home de cultura que a determinadas horas escoita Bach, noutros momentos atópase propenso a conectar a radio para ritmar a propia actividade a través dunha `música de uso', de consumo a nivel superficial. Salvo que nesta actividade acepte `encanallarse' e non dirixa solicitudes particulares ao produto que emprega: obrando de tal forma, acepta descender de nivel, goza en facerse `normal', igual unha masa que despreza perdo da que experimenta a fascinación, a solicitude primordial'.

1