Literatura


Ámote Leo A. Destino Xulandes; Rosa Aneiros

ÁMOTE LEO A. DESTINO XALUNDES – ROSA ANEIROS

Leo é unha rapaza que decide marchar da casa tras rematar a súa carreira universitaria e recorrer o mundo. Para poder cumplirlo, Leo decide poñerse a traballar durante os anos que lle quedan de carreira e aforrar todo o posible e non gastar e roupa, nin en festa nin en cousas das que puidera prescindir. O plan fora proposto por tres amigos máis pero sn embargo, estes se botaron atrás uns meses antes de partir polo que decide facer esa viaxe soa. A súa nai mostrou todo tipo de empedimentos desde o primeiro momento tratándoa de egoista ao deixar á súa familia cando estes se atopan nunha situación non moi boa. As dúbidas recorren a súa mente durante longo tempo máis a ansia por coñecer pode con todo iso.

Así foi como decidiu facer caso omiso ás adevertencias da súa familia e tomar rumbo á Lisboa, a súa primeira parada. Alí a recibe Rubén que a acolle durante os días que alí pasa a pesar da insistencia de Leo en aloxarse nun albergue. Eses día foron moi pouco enchentes para Leo. Visitou lugares que por ela mesma nunca chegaría a coñecer, pero isto non foi enchente dabondo como para non pensar en voltar á casa.

A súa segunda parada foi Barcelona. Ao chegar deuse de conta de que en Lisboa gastara moito máis do que debía e así foi como decidiu buscar un lugar onde acomodarse o máis barato posible. Atopou así un no que pagaría tan só seis euros con corenta pero os inconvenientes era que tiña que durmir xunto 39 persoas máis na mesma habitación e as sabas e as paredes daban noxo. Alí foi onde coincidiu co grupo Ruth e cía, mentres choraba polas cousas que lle roubaran e por non saber qué facer da súa vida. Este grupo a admitiu e foi o mellor que puido pasar ata o momento. Estaba formado por persoas como ela, persoas de América do Sur que fartas da súa vida e con problemas na casa, decidiron saír e recorrer Europa. O primeiro que visitou Leo grazas a ese grupo foi a Sagrada Familia. Conseguiron entremeterse nun grupo de alemáns que, vendo as súas pintas, deberon sentir pena e permitiron que se esconderan. Alí obervaron a increíble estructura da edificación e Andrés pegou tal grito para comprobar o eco no monumento, que os gardas de seguriade se apresuraron a chamarlles á atención. Nunha tarde nas rúas do centro da cidade decidiron buscar aquela pastelería da que tiña tan bo recordo Mayra acerca das súa roscas máis despois de camiñar e recorrer rúas e rúas, parte dos integrantes do grupo decidiron marchar á casa Mahmut, na cal se había instalado, e Leo, Mayra e Andrés decidiron seguir buscando. Ao fin, tras unha hora máis, a atoparon pero estaba pechada así decidiron coller uns bocadillos e sentarse fronte as increíbles vistas da casa Batló deseñada por Gaudí.

Leo non se dera de conta de que no banco no que sentara tiña escrito “AMOTE LEO A.”.

Finalmente decidiron marchar da casa de Mahmut e marchar de Barcelona pois pasaran alí xa máis de dúas semanas e media.

O terceiro destino foi Granada. Conseguiron un albergue no que si habia prazas vacantes por un prezo de seis euros persoa e dos máis se quería almorzo. O inconveniente era que os animais non podían pasar.

Sucedou un debate acerca de se viaxar informados é mellor que se ir a un sitio sen saber o que te vas atopar. Leo respondeu que para ela están ben as dúas cousas compensadas a unha coa outra pero que como era case que a primeira vez que saía da casa non podería dar unha mellor resposta hasta finalizar esa viaxe.

A primeria noite no albergue foi terrible. Leo non daba collido o sono así que decidiu ler un pouco dun libro que tomara prestado na biblioteca do albergue. A pesar do interesante que estaba o libro, o cansancio puido con ela e acabou pechando o libro, apagando a lanterna e durmindo. No sono apareceulle a morriña, o apeteible cheiro do cocido da súa nai, etc. E recodou a conversa que mantivera co seu irmán e coa súa nai cuando dixera que quería coñecer Marrocos ou algún dos múltipes países do continente africa. A súa nai mostrou continuamente a súa incondormidade con esto mais tanto ela como a súa nai sabien que acabaria facer o que quere.

O seu seguinte destino foi Marrakech, onde a acomprañou Edmundo. Os demáis da compañía decidiran facer o camiño de Santiago por que xa non lles quedaban cartos cos que poder viaxar e desta forma poderían recaudar algún cartos para o seguinte destino. Edmundo era o único que podía pagar a viaxe xa que vivía diso; de viaxar e contar as sensacións que esas viaxes lle proporcionaban.

Edmundo conseguiu a estancia gratuita nun pazo de luxo xa que coñecía a unha das socias do hotel, Cayetana, quen lles serviu de guía pola cidade e lles aconsellou sobre todos os movementos que fixeran. Leo quedou totalmente abraida da cidade e este abraio aumentaba por cada paso que daba por Marrakech e por cada monumento que observaba. As sensación que as paisaxes que facían experimentar, nunca antes as sentira tan fortes. Pasados os tres primeiros días os socios do hotel necesitaron da súa axuda como guía dos grupos de turistas que chegaban ao riad e Leo quedou tan farta deles que se deu de conta de que era hora de mudar a outro lugar.

Así foi como chegou a Istambul. Conseguiu un voo moi barato pero facía dúas escalas: unha en Casablanca e outra en O Cairo. Neste último tiña 10 horas hasta que lle saíra o último voo a Istambul así que decidiu organizarse para podeir ver as pirámides pero todos os plans que tiña na mente desmontáronse cando os tráfico nas vías se acomulou creando unha longa caravana. Así que o taxi no que se desprazaba tivo que cambiar o sentido da marcha e voltar ao aeroporto por medo a que Leo perdera o avión e cambiar o billete resultaba esaxeradamente caro.

Xa en Istambul acolleuna, na súa casa, Iria, coa que lla falara mediante correo electrónico anteriormente. Fóra a través dunha amiga de Roi, o seu irmán, como a coñecera. E tras varios días no piso desta profesora de español na Instituto Cervantes, mudouso ao flat dunha das alumnas de Iria. Unha muller duns 30 anos que dicía traballar para o Ministerio. Era un apartamento cunhas vistas impresionantes ao estreito do Bósforo. Alí, en Istambul, visitou sitios tan emblemáticos como a Cisterna basílica, o Gran Bazar, a Torre Gálata, a Mesquita Azul, Eyup, etc.

En cada unha das cidades que visitaba Leo, atopábase coas letras “Ámote Leo A.” escritas. E finalmente atopouse co autor desas escrituras, alguén que ela nunca esperaría e quen cambiará o seu futuro.




Descargar
Enviado por:Amandasob
Idioma: castellano
País: España

Palabras clave:
Te va a interesar