Álvaro Cunqueiro

Literatura española contemporánea del siglo XX. Escritores gallegos de la Posguerra. Vida y obras. Poesía

  • Enviado por: Paula Campos
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

ÁLVARO CUNQUEIRO MORA

VIDA

Álvaro Cunqueiro Mora naceu en Mondoñedo no ano 1911. Estudiou bacharelato en Lugo para pasar logo a Santiago a cursar Filosofía e Letras, pero o comezo da guerra impediulle seguir estudiando. Colaborou co Seminario de Estudios Galegos e co grupo Nós. Dedicouse profesionalmente ó periodismo, como colaborador de varios periódicos, foi director de Faro de Vigo e subdirector de Vértice. Máis tarde, comezou a escribir, iniciándose como poeta en galego. Pero a súa prosa comezouna a escribir en castelán. O primeiro libro que publicou en prosa en galego foi Merlín e familia (1955), ó que logo seguirán outros títulos como As crónicas de Sochantre e Si o vello Sinbad volvese ás illas... Ademais de obras en prosa e verso escribiu tamén algún texto dramático como O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca e A noite vai coma un río, esta última considerada por algúns críticos como o texto dramático galego máis importante. O 21 de abril de 1963 foi recibido pola Real Academia Galega en Mondoñedo para ocupa-lo posto de Cabanillas. Varias das súas obras recibiron diferentes premios bastante importantes. Álvaro Cunqueiro morreu en Vigo en 1981 e foi enterrado en Mondoñedo, a súa terra natal.

LINGUA E ESTILO

Cunqueiro empregou o castelán para varias obras narrativas e para algúns poemas, pero sobretodo utilizou o galego na súa obra.

A súa obra narrativa caracterízase polo surrealismo e a mestura da realidade coa fantasía. Ademais baseouse en historias que leu e escoitou de pequeno. Para os poemas utilizou un estilo non moi coñecido: o neotrobadorismo. Recuperou o estilo dos trobadores e renovouno.

ÉPOCA NA QUE VIVIU: A POSGUERRA

A partir dos anos 50 a narrativa galega a penas amosara a súa presencia dende as obras da xeración “Nós”, renace coa producción dun grupo de escritores, algúns xa coñecidos noutros terreos literarios, como son o propio Cunqueiro, Blanco Amor, Fole, Sánchez Santiago e Carballo Calero. Estes escritores comparten a época na que escriben, pero non teñen gustos nin afeccións en común. Cada un cultiva o seu estilo, temática e xeito de relatar.

OBRA

Poesía

1932 Mar ao norte

1933 Cantiga nova que se chama ribeira

1933 Poemas do si e do non

1940 Elegías y canciones (en castelán)

1950 Dona do corpo delgado

1980 Herba aquí ou acolá

Narración en galego

1955 Merlín e familia

1956 Crónicas do Sochantre

1960 Escola de menciñeiros

1961 Se o vello Sinbad volvese ás illas

1971 Xente de aquí e de acolá

1979 Os outros feirantes

Teatro

1956 Función de Romeo e Xulieta

1958 O incerto señor don Hamlet

1965 A noite vai como un río

1974 Palabras de víspera

Narración en castelán

1960 Las mocedades de Ulises

1969 Un hombre que se parecía a Orestes

1972 Vida y fugas de Fanto Fantini

1974 El año del cometa con la batalla de

los cuatro reyes

1

3