Álvaro Cunqueiro
Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa de posguerra. Escritores gallegos. Exilio. Vida y obras

- Álvaro Cunqueiro
Ficha resumen del documento - Álvaro Cunqueiro
Versión PDF - Álvaro Cunqueiro
Versión para descargar
OS NARRADORES
DA
POSGUERRA.
ÁLVARO CUNQUEIRO
Elena Cacabelos
Vanessa Millares
3º C
A POSGUERRA
O verán de 1936 supón unha creba historica e cultural en Galicia. En cuestión de días pásase da aprobación maioritaria do Estatuto de Autonomía polo pobo galego a sublebación dos militares, iniciándose deste xeito "a longa noite de pedra"
O galeguismo sobrevive na clandestinidade ata 1950 en que comeza unha nova xeira, abandonando a praxe política e centrándose na cultural, preto dos antigos postulados de Vicente Risco.
A literatura galega ficará amordazada ata que a fronte cultural Galaxia inicia, en 1950, a recuperación das letras galegas. Aparecía en Vigo, xunto a revista Grial ,na que agruparon os seus esforzos unha serie de personalidades galegas dedicadas ó fomento da nosa lingua e cultura, e que viña a continuar a senda que trazara, en canto a revista "Nós", "A Nosa Terra" e "Ronsel", e, no que se refire á editorial, a Biblioteca Galega, de Martínez Salazar, e "Nós". En Grial colaboraron en castelán e galego, predominando este a medida que foi avanzando a sua publicación, e, algunha vez, en portugués, os principais escritores da nosa terra, que trataron nela os temas máis varios desde a filoloxía e a historia galega ata a crítica literaria, e compuxeron literatura orixinal (contos e poesía)
LITERATURA DE POSGUERRA
Como ben se sabe é doado imaxinar que a Guerra Civil española supuxo non soamente unha fenda profunda na vida cultural galega, senón que destruiu todo o conseguido ata entón.
Calquera empresa galeguista iniciada antes da guerra foi derrubada, e os seus protagonistas mortos ou exiliados. Precisamente serán estes exiliados os que continuen cultivando o galego, son personalidades tales coma Luis Seoane, Lorenzo Varela, Castelao, Dieste...
A narrativa pasará entón catorce anos de silencio. Será no medio do século, anos 50-60, cando a narrativa comece a recuperarse; aparecerá no 1951 "A xente da barreira" de Ricardo Carballo Calero, a súa aparición será moi importante.
Teremos tamén que dicir que moitos dos grandes autores da época como Cunqueiro ou Blanco Amor comenzaron escribindo en castelán debido a dura represión na inmediata contenda e tamén pola ausencia de editoriais que publicaran en galego.
Para isto fundamentalmente será a creación de Galaxia (1950), o consello de administración contaba con importantes figuras do galeguismo, como Ramón Otero Pedraio, Francisco Fernández del Riego ou Alaro Gil Varela.
Antes de ocurrir todo isto en Galicia os exiliados seguían a escribir en galego, por exemplo Ramón Rey Baltar publica "A gaita a falare" ou Castelao representa a súa obra dramática "Os vellos non deben namorarse".
Para falar da Narrativa de Posguerra é imprescindible falar dos tres grandes autores representativos da época: Cunqueiro, Ánxel Fole e Eduardo Blanco Amor.
De Alvaro Cunqueiro destacaremos entre outras a aparición no 1955 de "Merlín e familia". Este é o primeiro libro narrativo de Cunqueiro. Trátase dunha sucesión de episodios engarzados arredor da figura de Merlín -personaxe da materia de Bretaña-, que retirado no seu pazo, en terras de Miranda soluciona os diversos problemas daxente que acode a visitalo, por medio da fantasía. A narración está posta en boca de Felipe e Amancia que fora paxe de Merlín, e que, cando vai vello, refire de forma restrospectiva os diversos episodios.
Estes seguen o mesmo esquema:
-Chegada dos visitantes ao pazo para plantexrlle o problema a Merlín.
-Relato do asunto para o que se precisa da axuda do mago.
-Resolución do caso por medio das artes máxicas do sabio.
As nmerosas historias fantásticas do libro vencéllase pola continuidade do narrador, do espacio e dos personaxes do ciclo Bretón e a raíña Xenebra.
O conto ocupa un lugar destacado na narrativa galega. Foi cultivado polas xeracións anteriores á guerra civil, entre eles Castelao e os colaboradores de Ronsel. Un pouco máis xoven que eles é Ánxel Fole, que comenzou a sua carrera como escritor antes do conflicto. Será Ánxel Fole un escritor que se fixe no conto, isto débese a sua propensión ó tema breve e o seu enseño. Para Fole o conto serve para contar, e distingue entre o conto literario e o conto popular, este será o que máis lle guste e cultive. Os temas destes contos serán variados: humor, terror, amores, destinos, misterio, aparecidos, mortos.... Destacaremos a colección literaria de contos "A lus do candil" (1953) estes contos son oídos por Fole na sua vida, a criados e criadas na sua infancia...As historias deste libro están unidas pola boca de catro señores que quedan illados pola neve no Courel. Algúns dos títulos que compoñen este libro son: "Os lobos", "O espello", "O traxe do meu tío"...misterio, terror e humor vencellánse neste libro. Pola sua importancia falaremos tamén da obra "Terra brava" (1955). Fole neste libro fai vixencia da sua capacidade inventiva. O centro da sua narrativa será a vida rural galega, as tradicións, as terras luguesas como o Courel, Queiroga,... Neste libro Fole une os seus contos pola historia dun estudiante, o cal irá a casa do seu padriño onde encontrará unha serie de contos escritos polo seu padriño. Nos contos fálase entre outras cousas das premonicións por exemplo, "Tres historias do pazo de Lucenia"; de misterios e humor como, "Cara de lúa"...unha das historias de Fole será de xénero policíaco "Por uns pelos", parece ser que Fole gustaba deste xénero e admiraba a escritores como Allan Poe.
Os últimos libros de Ánxel Fole serán "Contos da néboa" ou "Historias que ninguén cre".
Unha das características xerais na obra de Ánxel Fole será a invocación o lector ou o auditorio, faino para que se de ese caracter oral da literatura popular que tanto lle gusta, e tamén para toma-la atención do público.
Son numerosos os contistas das novas xeracións. Baste con citar soamente algúns dos máis destacados: Mendez Ferrín, en Percival; Carlos Casares, en Vento ferido, recordos da sua infancia; e Neira Vilas, que cultivou o conto infantil en O espantallo e O cabaliño de buxo.
De tódolos xéneros literarios, o que recibiu un gran impulso neste tempo foi o ensaio. Moitas das colaboracións de A Nosa Terra e Nós, e algunhas de Ronsel tiñan ese carácter. Pero quizáis tamén o xénero que máis sufriu nos anos da victoria do réxime franquista. Por iso, o ensaio tivo que emigrar a América, como se el mesmo fora un exiliado, e foi na Arxentina onde apareceu o ensaio máis importante dese tempo, "Sempre en Galicia" (1944), de Alfonso R. Castelao, no que se expón a sua doctina galeguista e a historia do galeguismo do século xx.
Eduardo Blanco Amor representa a liña realista e materialista, o denominado "realismo social", que inicia en 1959 coa publicación de "A esmorga" en Bos Aires. Tanto nesta obra coma en "Os biosbardos" ou en "Xente ao lonxe, existen unha serie de motivos recorrentes que vertebran a sua narrativa: o espacio urbano da vella Auria, marco no que se desenvolvenos acontecementos, a pertenza dos protagonistas ás clases populares ou ós marxinados sociais,e os ambientes indixentes e mesmo famentos, en perfecta consonancia co subdesenvolemento social e económico da Galicia destes anos.
Os vigoros cadros que pinta Blanco Amor están apoiados por un perfecto coñecemento e adecuación dos medios técnicos, que insuflaron novos aires á narrativa galega; desde a técnica do interrogatorio, onde soamente se oe a voz do interrogado, en "A esmorga", ata o perspectivismo, a técnica "magnetofobia" na mera transición dos diálogos ou certos enfoques obxectalistas de "Xente ao lonxe".
Ademáis, esta última obra consegue plasmar unha cosmovisión globalizadora, que permite considerala como novela "total", pois é novela social que desenvolve conflictos de clase, novela psicolóxica que analiza a evolución da infancia á mocidade, é novela histórica, con base documental, centrada na matanza de Oseira e na represión do idearzo pedagóxico de Ferrer Guardia.
As innovacións formais e temáticas da narrativa de Blanco Amor terían unha continuación na década dos anos 60 cando aparece unha nova xeración de escritoresmozos, que integraron o que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega".
"A Esmorga"
Esta primeira novela de Eduardo Blanco Amor, publicada en plena madurez, é un clásico da literatura galega.Iníciase a obra cunha "documentación" onde o autor explica, empregando a primeira persoa, como chegou a obter a información do que se relata a continuación: os sucesos ocorridos durante un día de esmorga ó Castizo, ó Bocas ó Milhomes o seu tráxico remate.
o relato propiamente dito está formado polos cinco capítulos que seguen, que son unha transición das declaracións feitas por Cibrán, Castiza, a un xuíz do que non se rexistran as intervencións.
Durante as 24 horas de esmorga, os protagonistas móvense por diversos escenarios do ambiente urbano ou suburbial de Auria, cunha acción moi variada na que se mesturan breves historias secundarias con múltiples personaxes.
Apresencia constante de unha climatoloxía adversa -chuvia, corisco xeada- é un motivo simbólico da novela.
A lingua popular empregada na novela ven xustificada pola condición social dos personaxes e polo ambiente dos baixos fondos, motivos estes que teñen levado a algúns críticos a asociar "A esmorga" coa novela picaresca, coa naturalista ou coa tremendista. En calquera caso, Blanco Amor o que fai é recrear o ton e a sintaxe popular, e poñer de manifesto, mediante a declaración de Cibrán, o drama do marxinado, incapaz de ser dono do seu destino, debido ós determinantes psicolóxicos e sociais.
NO EXILIO
Como consecuencia da diáspora á que se viron obrigados unha boa parte dos intelectuais galegos por mor da represión iniciada no36, o centro da actividade literaria galega traládase a México e Bos Aires. Nesta última cidade entrarán en contacto cos emigrados antes da sublevación militar (Blanco Amor, Emilio Pita...)ecomenzarán a publicar revistas, libros e reimpresións, para establecer deste xeito a continuidade dunha cultura amazada, gozando da simpatía dos emigrantes galegos, situados a prol da liberdade e da República, que fixera posible o plebiscito do Estatuto de autonomía. De grande importancia foi o lavor levado a cabo por Castelao, que se converterá en guieiro da liberdade de Galicia. Destes anos datan a suas obras "Os vellos non deben namorarse", escrita en parte no exilio e estreada en Bos Aires (1941), "Sempre en Galiza"(1944) e "As cruces de pedra na Galiza" (1950)
As sociedades galegas de América e os filántropos galegos radicados neste continente tiveron unha grande contribución na publicación de obras de singular valor para o coñecemento da lingua e da historia de Galicia. A casa de Galicia de Caracas financiou a edición do Diccionario Enciclopédico galego-castelán /1958-62), de Eladio Rodriguez-Gonzalez, e en Bos Aires, gracias a axuda do filántropo Manuel Puente, comenzou a editarse a "Historia de Galicia" (1962), dirixida por Ramón Otero Pedraio, da que se publicaron os volúmenes da Introducción e o da Prehistoria de Florentino López Cuevillas, aumentada polos seus colaboradores para poñela ó día.
Na década dos 60 apareceu a primeira historia da literatura galega escrita en lengua vernácula: Historia da literatura galega contemporánea (1808-1936), de Ricardo Carballo Calero (1963). Pola sua parte Francisco Fernández del Riego, que nos anos escuros da década dos 50 publicara en castelán un compendio da literatura galega (1951), que foi a primeira obra da Editorial Galaxia, escribiu xa a segunda edición desta obra, ampliada, (1971) en lingua galega
A creación da cátedra de lingüística e literatura galega, na Universidade de Santiago, desempeñada por R. Carballo Calero, e con ela o Instituto de Filoloxía galega, marcan un hito no desenvolvemento cultural da nosa lingua. R. Carballo Calero prologou "O galego hoxe, curso de lingua"(1972).
NARRADORES NO EXILIO
Ramón Valenzuela Otero. Naceu en Silleda en 1912. Formou parte do Partido Galeguista e despois da guerra civil exiliouse en Bos Aires, colaborando en Galicia emigrante con narracións que máis tarde haberían de publicarse no libro "O naranxo" (1974)
Silvio Santiago. Ourensán. Foxe a Portugal a raíz da guerra vivindo clandestinamente ata que conseguiu chegar a Venezuela. Alí en Caracas transcorre o seu desterro. Escribiu no exilio unha novela que publicou o seu regreso a Galicia en 1961. "Vilardevós", o cal é unha pintura de costumes na que exalta o popular.
A LINGUA GALEGA
O galego é falado hoxe -aínda que a falta de estadística do uso lingüístico permita soamente unha aproximación empírica ós datos numéricos- polo 80% da poboación galega.
Fronte a castelanización das zonas urbanas -que nas zonas suburbiais convertese en lugar de fricción lingüística en solucións vacilantes entre unha e outra lingua- o mundo rural de Galicia é de expresión galega na sua totalidade.
A socioloxía lingüística presenta en Galicia un campo excepcionalmente fecundo de estudio e meditación. Abandoado desde o século xv ó cultivo literario galego, situación mantida ata o Rexurdimento do século XIX, a expresión dominante do caStelán, símbolo do poder político e económico e a única lingua que posibilita o ascenso os niveis aparentemente de maior dignidade, fixo que o galego falante rural sentira a sua lingua coma un estigma de inferioridade, aínda que o fracaso da escola centralista non lle posibilitara un nivel suficiente de coñecemento do castelán. Nos últimos anos, e especialmente a partir da década dos 50, o prestixio cultural do galego foi gañando terreo, sobre todo no mundo universitario. Pese a todo, a difícil penetrabilidade do arcaico mundo campesiño de Galicia, fai dificil a recuperación nesta labor de dignificación lingüística emprendia, desde Rosalia, polos intelectuais galegos. A falta de fixación normativa, pese os intentos da Real Academia da Lingua Galega, da Universidade de Santiago, dificulta esta labor.
Con todo o proceso de nomativización vaise logrando por un consenso tácito entre os que usan o galego como expresión escrita, máis que por unha fórmula de imposición académica.
ÁLVARO CUNQUEIRO MORA MONTENEGRO
BIOGRAFÍA
Álvaro Cunqueiro naceu en Mondoñedo (Lugo) no ano 1911. Era o segundo de cinco irmáns.,ámbito dunha infancia feliz e doutros momentos da súa vida. Alí entra en contacto coa lingua falada polos seus paisanos, coa paisaxe en torno, onde se sente "un pequeno aldeán ignorado".
O seu pai don Xoaquín Cunqueiro procedía de Cambados exerceu de boticario, nos baixos do Pazo do Bispo. A súa nai dona Pepita influiu moito en Cunqueiro contándolle antigas tradicións do país.
Estudiou Cunqueiro bacharelato cos maristas de Lugo. Pouco despois abandonou o colexio e foise a vivir a unha pensión onde coñece a Ánxel Fole, o cal influíu para que Cunqueiro frecuentara a biblioteca.
Ingresou na facultade de filosofía e letras de Compostela, que non conclue por se dedicar ó xornalismo. En Santiago asístía a tertulias nos cafés onde era gran animador. Vencéllase na súa xuventude ó Partido Galeguista, máis que por militancia por amor a Galicia, a súa lingua e cultura.
A traxectoria do escritor está marcada polo bilingüísmo. As antes nomeadas tertulias influíron para que colaborara en revistas coma"Nos", "Resol", "Universitarios", "Yunque"...Fundara por eses días en Mondoñedo as revistas "Papel de color" e "Galiza", onde colaborará exporádicamente xunto cun grupo de entusiastas e a "Editorial Un". Máis tarde colaboraría en "Escorial" (dirixida por Dionisio Ridruejo), "Vértice" e "Fantasía", entre outras. Pero este profesional das letras que é Cunqueiro forxouse nos diarios "Pueblo", "A.B.C.", "La Noche" e moi especialmente, "Faro de Vigo", do que foi anos director, onde escribiu gran cantidade de artigos diarios sobre todo tipo de temas: literatura, arte, gastronomía, arte e paisaxes galegas...,moitos dos cales aparecerán recollidos nun libro titulado "El envés". Cunqueiro viaxou por América e Europa, traballando de periodista en Madrid e destacando a súa actividade como conferenciante.
Fruto desas viaxes son as numerosas publicacións que o autor realizou en base as suas andanzas.
Coñecido primeiro como poeta e como articulista de prensa, Cunqueiro chega á prosa narrativa -relato e novela- nos anos 40, en plena madurez, máis non na nosa fala, senón en castelán.Enese terreo será unha primeirísima figura polo seu labor en galego e castelán, gozando dun grande prestixio -que os anos irán acrecentando -entre a crítica máis esixente. Tamén escribirá o noso polifacético escritor catálogos turísticos.
O 21 de abril de 1963 no seu Mondoñedo natal foi recibido pola Real Academia Galega para ocupa-la vacante de Cabanillas, o seu discurso de ingreso "Tesouros novos e vellos". Anos despois, no 1980, ó lado de Camilo José Cela, será nomeado Doctor Honoris Causa pola Universidade de Santiago de Compostela.Poucos anos antes da súa morte, ocorrida en Mondoñedo en 1981, adheriuse o grupo Realidade Galega auspiciado por Ramón Piñeiro .O recoñecemento a súa obra chegoulle a tavés de varios premios como o Gil Vicente (1933), por "Cantiga nova que se chama Riveira"; O nacional da crítica (1958),por "Las crónicas del sochantre", traducido ó castelán; O Valle-Inclán de teatro galego (1960), por "A noite vai coma un río"; e o Nadal (1968), por "El hombre que se parecía a Orestes".
OBRA
Cunqueiro escribiu indistintamente en galego e castelán, aínda que boa parte da sua obra lírica está escrita en galego. No 1932 publicará o seu primeiro libro "Mar ao Norde" A sua obra poética insertáse dentro das correntes surrealistas (Poemas do sí e do non, 1933); máis tarde, e especialmente con "Cantiga nova que se chama Riveira", 1934, actualizou a gracia expresiva dos ritmos dos cancioneiros medievais,vestíndoos cas ropaxes imaxinistas das vangardas poéticas. A fortuna desta fórmula foi extraordinaria.Para Cunqueiro Galicia necesitaba grandes reformas sociais e económicas, e afirmaba que os galegos eran tipos racionalistas e supersticiosos o mesmo tempo.
Álvaro Cunqueiro foi, xunto con Aquilino Iglesias o poeta dominante neste momento inicial. Apoiándose na tradición culta dos cancioneiros medievais, creou un ámbito poético refinado, de prodixiosa musicalidade, unha lírica con matices de cortesanía e expresada nunha depuradísima linguaxe, na que aparece de maneira especial o arcaísmo léxico, habitualmente intercalado na estructura da frase.
Neste momento inicial da nova poesía galega arranca a tendencia trovadoresca. O feito de que esta tendencia aparezca tan tarde na historia das letras galegas debese a que os grandes poetas galegos do século XIX descoñecendo a existencia da literatura galega medieval, ignorando a tradición literaria do idioma no que se expresaban.
É Cunqueiro o máximo representante do teatro nesta época. En 1974, a editorial Galaxia publicaba un libro co título "Don Hamlet" e tres pezas máis, (A noite vai coma un río, Palabras de véspera, Función de Romeo e Xulieta) que recolle a producción teatral de Cunqueiro.
"O incerto señor Don Hamlet príncipe de Dinamarca" (1958) recrea a historia de Hamlet, de remotas orixes, a cal, desde o século XIII foi tratada nas literaturas danesa, francesa e inglesa.
NARRATIVA
Na dimensión narrativa a obra de Cunqueiro alcanzou as mesmas cotas de importancia e altura literaria ca poesía.
Foi na década dos 40 cando se puxo a traballar na narrativa, comenzou en castelán publicando así:
-"El caballero, la muerte y el diablo"
-"Siete cuentos de otoño"
-"Balada de las damas del tiempo pasado"
-"San Gonzalo"
Todos eles reaparecerán no 1968 nunha recopilación "Flores del año mil y pico de ave".
No ano 1955 escribirá o seu primeiro libro en prosa galega, "Merlín e familia", no que a acción transcorre no marco dunha Galicia familiar e misteriosa, aínda que desde os personaxes hasta a paisaxe e os ambientes son fruto da invención do autor.
Trátase dunha obra no que todo está misturado, o real e o imaxinario, o grotesco e o tenro, as paisaxes e as épocas, o universo concreto e o esotérico.
"As crónicas do sochantre" (1956) destaca os momentos de maior lucidez na exposición dunha teoría literaria montada sobre o eixe realidade-ficción. Nesta obrarelátanos en terceira personaas peripecias dun músico de capela -o sochantre de Pontivy- que vai nunha carroza a tocar a bombardino aos funerais dun nobre . No interior da carroza, o músico atópase cun grupo de personaxes de ultratumba que refirenas súas paadas vidas, mentres a carroza atravesa os camiños da bretaña francesa, coma unha cabalgada da santa compaña. Os cambios de narrador e as rupturas da temporalidade son algunhas das técnicas que utiliza Cunqueiro nesta fantástica obra que , traducida ao castelán gañou o Premio da Crítica española en 1958.
"Se o vello Sinbad volvese ás illas" (1961) preséntanos ao coñecido navegante das Mil e unha noites retirado en Bolanda, a súa terra natal. Polas mañás coida a súa peqena horta e pasea polo peirao; ás tardes frecuenta as tertulias da fonda de Mansur, onde refire as prodixiosas aventuras pasadas. Sospeitando que os ointes non dan creto aos seus relatos, decide volver a embarcar interpretando o achado dunha estampa onde figuran dúas naus como un convite para reanudar a sua vida aventureira. A partir de ahí Sinbad, se enreda no novelo dos seus soños, ata entón diferenciados da realidade, e sucumbe finalmente perdendo a súa fama, a súa capacidade fabuladora e a vista.
"Se o vello Sinbad volvese as illas"e "Tesouros novos e vellos" cerran a etapa na que Cunqueiro xoga un papel decisivo na consolidación da cultura galega autóctona tras a guerra civil.
"Un hombre que se parecía a Orestes" expresa a inutilidade da venganza . Trátase dunha versión temporal do mito de Orestes. A acción céntrase na espectación despertada na cidade de Argos ante a inminente chegada de Orestes, disposto a vengar a morte do seu pai. Pero pasan os anos, todo envejece e Orestes nunca chegara. A obra ven a ser unha creación poética e crítica do mito e da lenda clásicos.
"Escola de menciñeiros" (1960), "Xente de aquí e acolá" (1971) e "Os outros feirantes" (1979) son libros que recollen unha serie de semblanzas de personaxes reais ou imaxinarios, nos que, con fantasía e humor, Cunqueiro amosa moitos aspectos da psicoloxía do home galego e da mitoloxía popular.
Cunqueiro ademáis destas produccións literarias pertencentes a literatura de creación tamén escribiu libros de cociña coma por exemplo "A cociña cristiana de occidente" (1969), "A cociña galega" (1973)
Póstumamente publícase a súa obra completa; "Poesía - teatro e narrativa " (1982) e "Antoloxía poética".
Tamen podemos encontrar libros recopilatorios dos seus artigos periodísticos coma "Encuentros, caminos y noticias en el Reino de la Tierra".
Era Cunqueiro un namorado do mar "No hay más hermosos caminos que los del mar, que los caminos que saben los salmones y las goletas de antaño. Dan estos caminos poder, riqueza, fantasía." Esto escribía Cunqueiro en certa ocasión, cando, anduvo alonxado do mar
Nestor Luján foi recortando e conservando fielmente tódolos escritos sobre o mar do seu amigo galego hasta reunílos nun libro titulado, "Fabulas y leyendas de la mar".
Cunqueiro insistíu constantemente na súa identificación cos héroes das súas novelas; pero tamén proclama unha distancia, como demostra o seu discurso a parodia, a ironía e o humor.Xoga ca historia, co tempo contextualizado é coma se toda a súa producción se reducise a xestación de divertimentos, melancólicos e arraigados nunha concepción antropolóxica. Pon de manifesto o caracter inestable e artificioso dos sistemas de codificación que definen as distintas modalidades discursivas, e os mundos narrativos que axudan a crear, negándose así a privilexiar un discurso específico. As novelas de Cunqueiro non pretenden representa-la realidade e moito menos imitala, polo contrario, amosánse como un exercicio de representación dos discursos que axudan a construir e facer comprensible o mundo.
OBRAS DE ÁLVARO CUNQUEIRO
1932
Mar ao norde (Santiago).
1933
Poemas do sí e do non (Lugo).
Cantigo nova que se chama Ribeira (Santiago).
1934
Antoloxía de inéditos.
1936
El mundo y otras vísperas (Santiago).
Tres versiones tristes.
Paisajes y retratos.
1939
La historia del caballero Rafael (Revista Vértice, nov. de 1939).
1940
Elegías y canciones (Barcelona).
Rogelia de Finisterre, acción dramático en 7 cuadros.
1944
Baladas de la damas del tiempo pasado (Madrid).
1945
San Gonzalo (Madrid).
1950
Dona de corpo delgado (Pontevedra).
1955
Merlín e familia (Vigo).
1956
As crónicas do sochantre (Vigo).
El caballero, la muerte y el diablo (Madrid).
1957
Merlín y familia (Barcelona).
1959
Las crónicas del Sochantre (Barcelona).
O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (Vigo).
1958
Teatro venatorio y coquinario (Vigo).
1960
Las mocedades de Ulises (Barcelona).
Escola de menciñeiros (Vigo).
1961
Si o vello sinbad volvese ás illas (Vigo).
1962
Viaje por los montes y chimeneas de Galicia.
Cuando el viejo sinbad vuelva a las islas (Barcelona).
Rutas de España: La Coruña, Lugo, Orense, Pontevedra, Santiago
de Compostela (Madrid).
1964
Tesoros nuevos y viejos.
Algunhas imaxinacións sober tesouros.
1965
El Camino de Santiago (Vigo).
1968
Flores del año mil y pico del ave (Barcelona).
Lugo. Guía turística (León).
1969
Un hombre que se parecía a Orestes (Barcelona).
La cocina cristiana de Occidente (Barcelona).
Pontevedra. Rías Bajas. Guía turística (León).
1971
Xente de aquí e acolá (Vigo).
Navidades do mundo e fauna máxica.
Fábula de varia xente.
Vigo y su ría (León).
1973
Viajes y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (Barcelona).
A cociña galega (Vigo).
1974
El año del cometa (Barcelona).
1975
La otra gente (Barcelona).
1976
Tertulias de boticas prodigiosas y escuela de curanderos (1976).
1982
Poesía - teatro y Narrativa.
1983
Antología poética.
Los siete cuentos de otoño.
A noite vai coma un río (Oriae, Numio).
Palabras de víspera.
Función de Romeo e Xulieta.
BIBLIOGRAFÍA
• Álvaro Cunqueiro "Unha fotobiografía - Ed. Xerais - Data 1991.
• "110 anos de periodismo" - A
• Voz de Galicia (1882-1991) - Ed. GAESA (1992).
• Álvaro Cunqueiro "O Gran Fabulador".
• Historia de Galicia
Autor: Emilio González López.
Ed.: La Voz de Galicia .Serie Nova. 1990
• Galicia Terra Única
Epígrafe Galicia 1900-1990.
Xunta, Diputación de la Coruña...
Colección de autores. 1997.
• Lectum Juvenil 2936 Tomo 15
Varios Autores.
Barcelona 1985.
Ed.: Crafa.
• Gran Larousse Universal - Plaza & Janés.
Varios Autores.
1993. Sabadell (Barcelona).
• Gran Enciclopedia Gallega.
Silverio Cañada
• Diccionario Básico Espasa.
Varios Autores.
Espasa - Calpe. Madrid 1987.
• Literatura galega 3º B.UP
Ramón Gutierrez Izquierdo
Gonzalo Navarra Blanco
Luciano Rodriguez Gómez
Ed. Xerais
ÍNDICE
A lingua galega
Introducción
Literatura de posguerra
No exilio:
-Narradores no exilio
Álvaro Cunqueiro Mora Montenegro
-Biografía
-Obra
-Narrativa
Obras de Álvaro Cunqueiro
Bibliografía