Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Literatura española contemporánea. Narrativa cuentística gallega. Teatro gallego. Biografía # Escritores galegos. Galeguismo

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad

Biografía

Alfonso Daniel Manuel Rodríquez Castelao naceu na parroquia de Santa Comba e vila de Rianxo (A Coruña) o 30 de xaneiro de 1886, as 10 horas, e morreu no hospital do Centro Galego da cidade de Bos Aires (a Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, as 23 horas. O día 9 foi enterrado no cemiterio da Chacarita, no panteón do devandito centro, desde once foi trasladado a Galicia, ó Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago), o 28 de xuño de 1984.

Foi o fillo máis vello de Mariano Rodríguez de Dios, e de Xoaquina Castelao Genme os dous naturais de Rianxo. A nai falecer o 24 de xaneiro de 1945, sen ter diante o seu fillo.

En 1895 emigrou con súa nai a Arxentina, a onde emigrara antes o pai. Este vivirá preto de Bernasconi (A Pampa), onde naceron Teresa e Xosefina, irmás de Alfonso.

Volveron nai e fillos a Rianxo en 1900 (o pai uns anos despois), ano en que Alfonso ingresa no Instituto de Santiago, onde estudia por libre o bacharelato en tres anos. Acada o bacharelato o 18 de xuño de 1903, ano en que comeza Medicina, tamén en Santiago, na que se licencia o 9 de xuño de 1909, segundo consta no Arquivo Histórico Universitario (atado 1225, núm. 16). O 28 de setembro deste ano expídense certificacións oficiais desde Santiago para a Universidade de Madrid, na que Castelao pensa doutorarse, o que nunca fará.

Volve a Rianxo, casa na Estrada (Pontevedra) con Virxinia Pereira Renda o 19 de outubro de 1912, e teñen un fillo en 1913, Alfonso Xesús, que morrerá o 3 de xaneiro de 1928.

En 1915 aproba oposicións a funcionario do Instituto Geográfico Estadístico, e obtén praza en Pontevedra, once residirá ata 1936. O 18 de xullo deste ano, inicio da Guerra Civil, está en Madrid, a onde fora para lle presentar ó Presidente das Cortes o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado o 28 de xuño de 1936. Ata 1938 permanece en España. A partir deste ano viaxa a Rusia, Estados Unidos e Cuba. En 1940 radícase definitivamente na Arxentina.

Castelao, o guiero

Castelao foi considerado sempre polos galegos como o seu máis grande líder, e chamóuselle "guieiro e espello de galeguismo" (Ben-Cho-Shey), "representante do espírito inmorrente da Galicia eterna" (Suárez do Pazo), "a conciencia de todos feita home" (Otero Pedrayo), "heroe e santo" (Jaime Cortesáo), "guieiro e símbolo" e "estrela acesa que percorreu os ceos galegos" (Marcial Fernández), "mensaxeiro da Terra" (Luís Tobío), "irmán" (Ramón Cabanillas), "pai e guieiro" (Manuel María), etc.

De como os escritores galegos admiraban e loaban a Castelao son proba as máis de cen dedicatorias de libros deses que lle regalaron ata 1935 (a biblioteca de Castelao quedou en Pontevedra e pasou ó Museo desta cidade), recollidas por Antonio Rodríguez Fraíz, crego de San Pedro de Campañó (Pontevedra), no seu libro Castelao. Na alma dos escritores do seu tempo (1990).

Castelao, o galeguista

Castelao foi deputado galeguista dúas veces (1931 e 1936), presidiu o Consello de Galicia (Bos Aires, 1944) e foi ministro do goberno republicano no exilio (1946). Sempre en Galiza é o seu libro máis importante.

A importancia de ´´Sempre en Galiza´´ na evolución do pensamento galeguista convertiuna xa nunha obra impresindible para calquera galego dos noso días. Publicada en Bos Aires en 1944, durante moitos anos estivo prohibida a súa difusión en España, o que sen embargo non impediu que chegase a ser un dos libros galegos máis vendidos de tódolos tempos.

Obras:

Os dous de sempre

Sempre en galiza

Retrincos

Os vellos non deben de namorarse

Un ollo de vidro

As cruces de pedra na Bretaña

Cousas

Atila en Galicia

Galicia mártir

www.museocastelao.org

www.wikipedia.org

www.cepam.cesga.es

www.fillos.org

Castelao

MARTA NINE TOMÉ n°13 4° E.S.O.C

Indice

Pax.1 Portada

Pax.2 biografía e obras de Castelao

Pax.3 índice