Aire negro; Agustín Fernández Paz

Literatura española contemporánea. Narrativa gallega. Thriller. Suspense. Novela juvenil. Clínica de Psiquiatría. Obsesiones. Ciencia. Mito. Leyendas. Misterio. Azar

  • Enviado por: El remitente no desea revelar su nombre
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 5 páginas
publicidad
publicidad

AIRE NEGRO, Agustín Fernández Paz

1) Narrador, Víctor Moldes: decide relatar uns sucesos que leva intentando esquecer e non pode dende hai 3 anos para así liberarse.

12-09-1999, 32 anos, empeza a traballar na Clínica Beira Verde, centro psiquiátrico no Baixo Miño. Xa dende pequeno fascinado por psiquiatría (lera libros). Excelentes notas e resultados na Uni. Clínica: excelente reputación, situación, instalacións...con dous famosos especialistas a cargo.

Montenegro: o contrata non por currículo ou notas, pero por interese e paixón por facetas da vida. Dr. Moldes agradado. Chegan a corredor escuro, blindado, muros... e con celas. Montenegro di: pensados para albergar enfermos violentos ou con tendencias suicidas, todas valeiras menos 1: Laura Novo, 31, guapa, pelo roxo, 3 meses e sen progresos. So escribe o seu nome en folios (cámaras). Os seus ollos expresivos: desacougo e angustia. El se interesa, entón Montenegro: benvido á clínica, esta é a súa primeira paciente.

2) Estando o doutor admirando a súa habitación e as vistas, lle chega historial de Laura Novo: biografía, doc. complementarios e datos de evolución e un libro escrito por ela (sorprendido). Biografía: naceu Pontedeume, 1968, pais + irmán, de moza en Coruña e despois Madrid. Licenciada en Periodismo e CCSS. Moitos traballos de certa importancia, algúns libros sen moito éxito. Vivía soa. Pai + irmán se distancian, nai morre. Había un ano, volvera a Galicia sen explicación. Accidente: raio cerca e causoulle un shock, no hospital, onde diagnostícanlle as 1s anomalías psíquicas (angustia). Última parte moi escasa. Non cadraba o do raio e llo di a Montenegro, el de acordo, di que para disimular porque non saben o que lle pasa, especialmente dende que chegou a Galicia.

3)Le os relatos de Laura, bastante frouxos; pero dende punto de vista clínicos moi útiles. Laura falaba do poder dos libros e da literatura. Inventa terapia nova: vai á cela de Laura e mentres ela escribe el le sen parar. De cando en cando, espasmos, crise de ausencia, e logo segue a escribir. Así 3 días, ó cuarto empeza a reaccionar. Mañá seguinte: leva libros de Grimm e outros contos fantásticos (que espertan ganas de vivir) e le en voz alta. Ela escoita. Pouco a pouco colle confianza, senta cerca del. Entón el comeza a ler novelas en vez de contos (Illa do Tesouro, Gabriel G M...) e un día, sen parar de ler, vai ó xardín das buganvíleas, ela o segue (lugar para meditar) Mellora, aunque aínda ten algunha crise. Le entón unha novela que fala da historia de amor dun escritor, ela bágoas e di: tamén eu escribía (1ª), e botouse a correr cara a cela.

4) Laura vixiada constantemente, pero agora en habitación. Xa fala co doutor cando este lle está a ler, pero monosílabos e frases cortas, a veces conversan, ela colle confianza. Ela di que non se lembra do que aconteceu dende que chegou a Galicia. Tampouco lembraba os soños, pero pesadelos, así que o doutor quere ver: se axita e berra, a esperta e pregúntalle: pasadizo sen fin, ó fondo luz fosforescente, quedaba cravada o chan, con medo a seguir, a luz fosforescente medraba e iso causáballe pánico e berraba (típico). Decide en vez ós xardíns, ir a vilas do Baixo Miño ou ata Portugal. Un día en Caminha (P), comendo lumbrigante, outra crise, rostro de terror e se desmaia. Logo non recorda nada. Outro día en Santa Tegra, van ó museo arqueolóxico, ela regálalle un colgante que hai levar sempre con el. Contemplando unha laxe, pega un grito e escapa. A atopan, pero durante 3 días non fala. Ó terceiro volve a falar con moita naturalidade. Van ó pavillón das buganvíleas e cóntalle como vai recordando o que lle aconteceu aínda que non o pode expresar. Deciden que o escriba, ela primeiro medo a lembrar, logo acepta.

5) Narradora: Laura. Conta o que lle aconteceu para abandonar Madrid e vir a Galicia. Temor a inicia-lo relato.

Verán de 1998. Van pasa-lo verán ó chalé de Marbella dos pais de Miguel (noivo dende hai dous anos). Vacacións horribles. Profesionalmente: crítica ó ministro de cultura, así que poucas posibilidades, despedida. 1ª idea de marchar de Madrid. Ve en Internet casas de turismo rural de Galicia, atráelle a idea, decídese por unha a nome de Carlos Valcárcel, o seu amor adolescente. Envía e-mail e pregunta por Arnoia, Arnoia de Méndez Ferrín, para confirmar se é o seu Carlos V. Contestación: si hai libro na miña biblioteca persoal, non na pública. Coñecín a unha L.N. á que tamén lle gustaba. É vostede? Entón reserva e despídese de Miguel sen dar explicacións.

6) Viaxe a Galicia longa, xanta en Ponferrada. Admira paisaxe, belísimo, sensación de tranquilidade. Conta a historia de Carlos: ela 16, bacharelato, vén un profesor novo de Historia Contemporánea (C), 30, alto, delgado, gafas que daban aire intelectual. As súas clases moi amenas, Laura se namora del, boa estudiante. El dálle para que lea Arnoia, Arnoia. Ela devólvello cunha nota dentro, un poema de amor por Pablo Neruda. Non hai reacción por parte del. Ó remata-lo curso dinlle a ela que se mudan a Madrid, ela triste por Carlos. Ó pasa-lo tempo o supera e pensa que se ha esquecido, pero non é así.

Chega á Casa Grande de Lanzós, en Vilalba, preciosa, ela moi ilusionada.

7) Carlos se ergue a saudala, amable, actúa de anfitrión. A conduce ata o seu cuarto, todo preparado, Internet, mesa de traballo, todo perfecto, pois é a súa invitada. Laura moi contenta baixa para cear con Carlos.

Na cea falan do que lles aconteceu a cada un dende o verán do 83. Ela cóntalle o ascenso do seu pai, a universidade, os traballos, o divorcio dos seus pais, a morte da nai, o distanciamento do irmán e de Miguel. El di: cóntame dende que te fuches tendo 17 anos e de quen non me podía namorar. Así moitas indirectas. El conta: o meu estilo non encaixaba co do profesorado e ata queixas dos pais pola miña orientación á política, aínda que si gustaba ós alumnos. No 88 morre pai e a tía, a súa 2ª nai. Herda da familia paterna moitas terras. Viaxa durante dous anos e decide volver a Galicia definitivamente, á Casa Grande onde pasara os veráns coa súa nai, que morrera nun accidente cando el 15 anos. A repara e a converte nunha casa de turismo rural inaugurada no 93. Moncho, María e filla e outras 3. Negocio rentable.

Dan unha volta para falar da vida sentimental de Carlos: casado e divorciado sen fillos, boa amizade con ela. Laura vaise deitar feliz.

8) Pásao moi ben na Casa Grande. Tódolos días fan ela e Carlos excursións. Dous matrimonios sempre, uns de Lugo e os outros de Vigo, os dous encantadores, con fillos que lle daban alegría ó lugar. Todo o persoal amabilísimo con ela, menos Moncho, ela sorprendida e intenta indagar. Pregúntalle a Carlos. Cóntalle que é por unha lenda popular, que ó seren unha muller fermosa e de pelo vermello hai espertar á Gran Besta (o demo) e, como unha das portas ó inferno está nos montes de San Simón, onde eles estiveran de excursión. El ten medo. Laura dille a Carlos que intentará esquecelo, pero agora sabe que estaba equivocada.

9) Carlos se va e Laura pasa un día soa. Traballa un pouco e vai visitar San Simón co can de Carlos: Dédalo. Ven unha cova, entran, seguen ata que chega un momento que xa non hai luz e entón o can ponse a ladrar. Laura frea, menos mal, pois había un pozo moi profundo (o can salvoulle a vida). Volve e pensa que non foi importante.

A partir de ese día vólvese paranoica, pensa que a seguen e a observan, sobre todo cando está soa. Proba: Carlos saca unhas fotos dela e detrás, na paisaxe, saen sombras. Ela está véndoas, cando aparece Moncho, que cre que é a Gran Besta e llo di a Carlos.

10) Di que lle custa continuar escribindo, porque sucesos moi horribles. Pouco a pouco vaise volvendo máis paranoica. Esa sensación medra, e solo se refuxia na súa tese e busca sempre compaña. Comeza a ter pesadelos de que un temor se apodera dela, pero ela non pode move-los pés, e ata berraba. Moncho igual de antipático e segue lanzando indirectas. Todo parece ir mellorando a finais de novembro cando...

Unha noite espertan Carlos e Laura porque ladridos e ouveos. Baixan e Carlos sae a ver que pasa mentres Laura aluma coa lanterna. Encontran a Dédalo morto. Pasan a noite en vela. Ó día seguinte veñen Moncho e María. Enterran ó can no horto. Varias hipóteses: Carlos - xabaril, María - lobos e Moncho bótalle a culpa a Laura. Pensa que pode olvidalo, que só é un animal, pero agora decátase de que debería haber feito caso do sinal e saído da Casa Grande.

11) Segue escribindo porque llo di o doutor pero se por ela fose pararía. Faise cada vez máis preguntas e, inconscientemente relaciona o can cos mitos.

Na ponte de decembro, veñen familias habituais. Entre elas unha que ten unha filla de 16 anos: Iria, a que admira a Laura e quere ser periodista. Ata tinguiu o pelo vermello. Un día sae en bicicleta, ás 7 comezan todos a preocuparse e van na súa procura. A atopan medio morta con feridas de arma branca nas costas (Laura aterrorizada e o relaciona co do can, só que esta vez non é un xabaril). Todos preocupadísimos, despois da operación o médico di que se librou dunha morte segura. Laura na habitación, unha nota por debaixo da porta: Iria foi unha equivocación, á que buscaban era a ti, fuxe!

Á mañá seguinte baixa e están todos agardando: policías, investigadores. Toma a decisión de fuxir da Casa Grande, a Carlos dille que é só por Nadal.

12) En Madrid fala con Miguel e corta definitivamente con el, o que foi un alivio. Carlos mándalle un correo no que lle di o que en verdade lle aconteceu a Iria: volvía xa por un atallo cando foi atacada por detrás de súpeto. Di que o único que viu foi unha sombra negra e uns ollos cheos de malicia. Prenderan a un home novo que estaba en liberdade condicional e que non tiña coartada e estaba no lugar equivocado no momento equivocado pero que negaba a súa participación.

Carlos dille que sabe que marchou polos pesadelos que pasan pola súa cabeza e que a comprende e intenta tranquilizala e facer que volva, dille que o da nota anónima foi Moncho, que pedira perdón. Laura recibe unha carta del, que vai unida a un poema de amor de Pessoa, é unha carta de amor (“ridícula porque todas o son”). Nela escríbelle cousas moi bonitas e ese mesmo día ponse en camiño (finais xaneiro).

13) O reencontro dos namorados foi un suceso magnífico, Laura pasou as mellores semanas da súa vida (febreiro e marzo). Externamente gardaban as formas, pero aínda así era evidente. Isto faina máis inspirada na tese. Moncho segue igual, pero Laura o ignora, igual que xa non ten pesadelos nen a sensación de que a seguen e a observan.

Un día Carlos sae de caza, Laura dálle un foulard para que o “protexa e se acorde dela”. Volve tarde e sen foulard. Laura molesta. El dille que mercará outro, que non se preocupe, ela non está preocupada, dálle igual, e tampouco lle preocupa que pasase cerca da cova onde ela estivera había uns meses, pero esa noite esperta entre berros e suor.

14) Volve a sensación de estar vixiada. Carlos a apoia e a anima e en maio, cando o tempo mellora e a Casa vólvese a encher de xente ela tamén mellora. (A relación ía deteriorándose). Despois da ponte do 1 de maio, a Casa volve quedar baleira. Laura decide dar un paseo e ler un libro no monte. De súpeto, levántase unha tormenta e Laura dáse conta tarde. Logra chegar a unha corredoira escura, e polo medo sae correndo e, cando mira para atrás, descobre unha gran masa negra viscosa que vai ata ela. Bota a correr polo campo (xa sabe que é perigoso), tropeza, a masa comeza a coller forma e entón cáelle un raio. Ela desmáiase. Xa no hospital os médicos din que foi moi estraño que o raio non caese sobre ela, é o único que lembra, pois a partir de aí hai un baleiro na súa cabeza. Está contenta de ter rematado o relato e espera recuperarse.

15) Narrador: Víctor. Os escritos de Laura provócanlle desconcerto. Pensa que algúns reais e outros ficticios, así que vai a Lugo a confirmar se existían os técnicos do museo e a súa filla Iria. Sospeitas confirmadas, e decide ir á Casa Grande. Polo camiño. pregunta á xente, e unha muller dille que xa non vive ninguén dende hai un ano. Tras confirmar que a casa está abandonada vai a San Simón e entra na cova do pozo tras destapiala. Cre que a gruta e casa para algúns xabarís polo fedor e as respiracións axitadas como de animal. Sente medo e, cando da a volta, o colgante de Santa Tegra que lle regalara Laura cae polo pozo. Non lle da moita importancia e volve para a clínica.

16) Despois desta viaxe Laura empeora ata o fondo. Volven os pesadelos, a sensación de que a observan, dificultade de concentración e volve a estar atrapada no seu mundo de sombras e fantasmas. Ata intenta fuxir, ninguén sabe como facer. Entón Víctor decide ir visitar a Carlos, a última peza do puzle (el estivera a pagar a estancia de Laura na clínica e pola cuenta bancaria descobren onde vive: Portugal). Carlos acepta a visita, visiblemente desmellorado polos anos. Víctor non pode resistir pensar que Carlos é o único obstáculo entre el e máis Laura. Carlos conta que el a levou ó hospital e logo á mellor clínica e que queimou tódolos enseres e obxectos que ela deixara na Casa G e despois pechou. Dille que o queimou todo para que Laura puidese estar a salvo...da Gran Besta!

17) Víctor non o cre e os dous se enfrascan nunha conversación intelectual: Carlos dille que hai un tempo non o houbese crido, pero agora estaba seguro. Víctor di que é todo unha neurose, irreal e fala de Jung e Freud, que escribiran ensaios de psicología. Víctor intenta convencelo desesperado, pero Carlos dille que nin se moleste. Entón lle conta: A Gran Besta foi espertada hai case un ano, e, según a lenda, ese é o tempo que agarda entre nós e tarda en volver durmir ata que alguén a volva espertar. Dende o primeiro ataque, Dédalo, xa hai case un ano, así que Laura está en perigo. Víctor pensa que tal vez cando fora á cova deixase as suficientes pegadas ata a clínica e así a besta poder chegar ata alí. Despídese e volve correndo atopándose nun atasco.

18) Cando chega á clínica é demasiado tarde. O Dr. Montenegro cóntalle que Laura escapou durante un apagón de luz causado por un raio, posiblemente coa axuda de alguén de fóra, pois a cerradura da galería estaba manipulada dende o exterior. Ata pensa en Carlos Valcárcel. Víctor correu ata a habitación de Laura. A Montenegro o convence e di que coincide na súa teoría de Carlos Valcárcel e lle mente dicindo que non o atopou en Portugal, pero a realidade é outra: ve a porta marcada con restos de garras e un fedor nauseabundo que recoñece da cova e, na habitación ve pegadas de besta e as borra. Entón comprende que é tarde e nunca volverá ver a Laura. O que de verdade o confirma é o colgante celta que atopa no cuarto e que lle caera na cova.

Durante estes tres anos intentara ocultar esta realidade para que a demais xente vivise tranquila, abandona a psiquiatría, atorméntase e ata pensa en suicidarse. Agora pensa que xa está preparado e por iso escribiu este libro.

Agustín Fernández Paz:

Vilalba (1947), perito industrial licenciado en Ciencias de Educación e profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Obra narrativa:

  • Cartas de Inverno

  • Centro do labirinto

  • Aire negro

  • Amor dos quince anos, Marilyn

  • Noite de voraces sombras

  • Rapazas

  • Tres pasos polo misterio

  • Contos por palabras

  • As flores radiactivas

  • Trece anos de Branca

  • Cos pés no aire

  • Meu nome é Skywalker

  • A escola dos piratas