A esmorga; Eduardo Blanco Amor

Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa gallega popular. Argumento. Personajes

  • Enviado por: Ratuxa
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad

A ESMORGA

  • EDUARDO BLANCO AMOR

  • Eduardo Blanco Amor naceu en Ourense en 1897, onde comeza a súa labor como xornalista para El Diario de Ourense.

    Sendo aínda moi novo emigrou á Arxentina, lugar no que residirá unha boa parte da súa vida. Na emigración desenvolveu múltiples actividades culturais: conferenciante, director e colaborador de revistas, profesor...Dende alí desenvolveu como moitos outros dos nosos autores un importante labor galeguista sempre ó lado da causa republicana.

    Blanco Amor regresou a Galicia con 60 anos de idade, pero a súa terra distaba aínda moito da patria coa que el soñara. Falece en 1979.

    1.1 Blanco Amor poeta

    Faceta que desenvolveu fundamentalmente antes do 36.

    • Romances Galegos, 1928

    • Poema en catro tempos, 1931

    • Cancioneiro, 1956

    • Blanco Amor dramaturgo

    • Campo no que mostra un claro afán renovador con respecto ó teatro tradicional galego.

      • Farsas para títeres, 1962

      • Teatro prá xente, 1974

      • Blanco Amor e a narrativa de posguerra

      • É a de Blanco Amor unha narrativa na que impera o valor do realismo crítico.

        • A esmorga, 1959

        • Os biosbaardos, 1962

        • Xente ao lonxe, 1972

      • A ESMORGA

      • Obra de grande importancia por se-la primeira que Blanco Amor publica na nosa lingua e pola introducción do mundo da marxinación na literatura galega sen ter un carácter folclórico ou costumista.

        Nela preséntasenos a descrición da realidade social, económica e cultural dunha época de Galicia, a partir duns acontecementos e personaxes concretos.

        2.1 Voces narrativas e estructura:

      • Narrador-autor

      • Trátase dun narrador que se corresponde co autor, que conta en primeira persoa e que aparece só ó comezo e ó remate do relato. Este, dinos que a historia lle foi contada por distintas persoas en épocas diferentes e intervén ó remate da obra para deixar no lector a dúbida acerca da morte de Cibrán.

      • Narrador-protagonista

      • O narrador protagonista é Cibrán, quen conta a historia en primeira persoa dende o capítulo I ata a fin do capítulo V, parte que constitúe o relato propiamente dito.

        Os feitos preséntanse mediante o recurso da “técnica telefónica”, a través da cal o lector os vai coñecendo polas declaracións que Cibrán presta ante un xuíz do que non oímo-las preguntas que formula, pero que podemos deducir polas propias respostas do acusado.

        2.2 O espacio

        O cambio de escenario é continuo na novela, pero trátase sempre dun itinerario urbano que os protagonistas seguen para escapar da xustiza e procura-lo máximo pracer no que pode se-lo seu último día de liberdade.

        O espacio narrativo de A esmorga é Ourense (Auria) coas súas rúas e prazas, as súas fontes e igrexas, e sobre todo os seus mesóns, tabernas e prostíbulos dos baixos fondos.

        2.3 O tempo

        A novela presenta dous tempos:

        • Os dous días que dura a declaración de Cibrán diante do xuíz (1º día: capítulos I e II; 2º día: capítulos III, IV eV)

        • As 24 horas que dura o percorrido dos tres esmorgantes desde o seu encontro un luns ó amencer ata que Cibrán é atopado por uns varrendeiros.

        Existe ademáis un terceiro tempo, distante do relato, que é correspondente ó momento no que o narrador-autor escribe a “crónica”.

        Cómpre ter en conta tamén as historias que cada personaxe vai encaixando no relato principal ó longo do mesmo (recordos de Cibrán, historia da dona do pazo contada polo Bocas, etc.)

        2.4 Os personaxes

        • Cibrán.

        A súa presencia é imprescindible posto que el é quen narra a historia. A súa caracterización faise de maneira indirecta, por exemplo a través dos seus alcumes (“tiñica”, “puchapodre”, “castizo”). Cibrán é un obreiro de familia moi pobre que trata de comezar unha nova vida ó carón dunha prostituta á que deixa embarazada (intención que se verá truncada polos fatídicos feitos posteriores)

        - O Milhomes.

        Tamén chamado “maricallas” ou “setesaias”. Tiña un oficio de xastre e unha maneira de ser moi burlona, a cal foi consecuencia de numerosas pelexas, como por exemplo a que mantivo co Bocas e que finalmente remata co incendio do pazo.

        - O Bocas.

        Personaxe que completa o trío dos esmorgantes. Home corpulento, de carácter forte, e por iso, vencedor nas pelexas nas que se ve inmerso e xefe do grupo dos esmorgantes. É de salientar tamén a brutalidade que o vai caracterizando ó longo de toda a obra.

        • O xuíz.

        Actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán e aparece definido por un guión (-) seguido dunha liña en branco e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Pertence ó grupo de personaxes que veñen de fóra de Galicia e descoñecen a realidade da terra, así como a lingua da mesma.

        • Personaxes secundarios.

        Xunto ós personaxes principais xa sinalados, aparece un grande número de personaxes secundarios máis ou menos importantes segundo a súa intervención no relato. En conxunto, estes personaxes completan a representación do ambiente urbano, con todos os estamentos da sociedade ourensá da época: desde as prostitutas ata a fidalguía do señor Andrade; desde os empregados do concello ata os tratantes de gando ou o cego que canta coplas. En fin, toda unha serie de tipos que reflecten o mundo das clases traballadoras e, sobre todo, o mundo dos marxinados .

        2.5 Resume

        A esmorga nárranos a tráxica historia de tres compañeiros que se encontran un luns ó amencer e deciden pasa-lo día enteiro de borracheira polos baixos fondos da cidade de Auria.

        Pero sen querer van deixando tras de sí un rastro de crimes que os obrigará a iniciar unha viaxe-fuxida para evitar ser capturados pola xustiza. Os feitos iranse volvendo en contra deles ata acabaren traicionándose os uns ós outros.

        Finalmente, Cibrán, o único personaxe que logra remata-lo día con vida, é apresado pola Garda Civil e verase obrigado a prestar declaración ante o xuíz.

        A novela remata coa dúbidosa morte de Cibrán, da cal non se nos desvelarán as causas exactas (suicidio ou tortura).

        1

        4