A esmorga; Eduardo Blanco Amor

Literatura española contemporánea del siglo XX. Narrativa gallega popular. Estilo narrativo. Biografía

  • Enviado por: Mónica
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 3 páginas
publicidad
publicidad

Blanco Amor, Eduardo

Nace en Ourense no ano 1887. Eduardo era o penúltimo fillo dunha familia de cinco irmáns, a súa infancia foi moi marcada pola fuxida do seu pai.Aos quince anos, en plena crise da adolescencia, foxe da casa camiño de Santiago, se ben esta escapada non ten consecuencias e regresa ao seu fogar. Comeza a ter relacións con Vicente Risco. Aos dezanove anos emigra á Arxentina. Na capital bonaerense asiste á Universidade e inicia o seu contacto co mundo da emigración galega. 
Como correspondente da prensa bonaerense, en 1929 viaxa a España. Relixa frecuentes visitas a Galicia, onde asina un manifiesto nacionalista, e dous anos despois regresa a Arxentina. De novo en España, como correspondente de "La Nación", entra en contacto cos poetas españois da xeneración do 27, facendo amizade con Federico García Lorca. Blanco Amor corrixe e escribe o prólogo dos Seis poemas galegos do poeta andaluz. En 1935 regresa a Arxentina e alí defende na prensa a causa republicana durante a guerra civil española. Rematada esta, colabora cos exiliados en diversas actividades de oposición antifascista, proseguindo o seu labor cultural galeguista e fúndando o Teatro Popular Galego de Buenos Aires. Morre en Vigo no ano 1979.

Combina a obra en castelán coa obra en galego. A poesía representa a súa actividade principal antes da guerra onde xa se aprecia unha vinculación cos momentos de vangarda. Os seus poemarios iniciais son Romances Galegos e Poemas en catro tempos. A súa obra poética péchase con Cancioneiro. O seu teatro afástase do teatro tradicional galego e estaría máis preto da dramática de Valle Inclán ou de Lorca. Os seus textos caracterízanse pola axilidade do ritmo, pola viveza dos diálogos e o dominio do rexistro lingüístico adecuado en todo momento ós personaxes e as diferentes situacións. Escribiu dúas obras: Farsas para títeres e Teatro para a xente
Blanco Amor publicou catro obras na narrativa galega pero as máis importantes son as seguintes: A Esmorga, Os biosbardos, e Xente ao lonxe.A Esmorga foi a súa primeira novela longa, publicada na Arxentina no 59 e que foi traída clandestinamente a Galicia, é un clásico da literatura galega, xa que marcou un fito histórico na nosa narrativa en canto a técnica e a temática. Os biosbardos: publicado no 62, son un conxunto de "contos para a xente" postos en boca dun narrador infantil ou adolescente distinto en cada momento; presenta unha ambientación urbana na cidade de Ourense, no Ourense dos seun anos mozos, e os personaxes pertenecen a clases populares. Nos contos aparecen realidades sociais coma a pobreza, a emigración... contados dende esa visión infantil. 
Xente ao lonxe:publicado no 72, tratáse dunha radiografía do Ourense de principios de século a través de experiencia dun grupo de traballadores, vinculados a organización de carácter obreiro. Na novela conflúen varias voces narradoras, que lle proporcionan ó lector distintos enfoques da realidade.

Resumo

O autor comeza o relato da obra informándonos de que o narrado é algo que sucedeu hai algún tempo na cidade onde naceu, e a información recolleuna buscando nalgúns papeis e falando con testigos do caso.

Cibrán é un picapedreiro, un acusado que declara ante un xuíz, centrando a súa declaración na tráxica historia del e dos seus compañeiros: o Bocas e o Milhomes, homes marxinais da sociedade.

Cibrán conta que cando vai cara o traballo atopa o Bocas e o Milhomes bébedos nunha carreteira, e convencenno para que vaia con eles de esmorga. Pasan o día enteiro (no que chovía abundantemente) polos baixos fondos da cidade de Auria, de borracheira, vagando por varios lugares e bebendo sen cesar.

Ó saír dunha taberna deciden ir o pazo dos Andrada, onde din que vive unha fermosísima muller que pouca xente ollou. Métense por un buraco do xardín e ollanna dende lonxe nunha galería. Ó marchar, o Bocas comeza a cavilar, porque quedara namorado da fermosura da muller.

Despois de seguir vagando por Auria, o Milhomes ten a idea de ir a un pazo onde traballa un parente seu, quen lles invita a quedarse na bodega , onde seguen a beber. Por descoido préndenlle lume ao pazo e escapan de alí.

Como tiñan algo de cartos, decidiron ir a unha casa de alterne. Na primeira bótanlles fóra, e unha das mulleres dille ao Cibrán que o Bocas deixou un home morto a noite antes nunha taberna. Teñen que saír a carreira daquel lugar, e van a outra casa de alterne, onde son mellor recibidos, aínda que ó final tamén lles botan fóra.

Fan plans de saír de Auria en tren pola mañá cedo, e para facer tempo dan voltas polas rúas, e nunha churrería o Milhomes rouba duas botellas de augardente e continúan bebendo e vagando. Para que non lles atopen, agáchanse nunha igrexa, e ó saír van ó mesón do Roxo, onde perden todos os cartos.

Deciden voltar á casa dos Andrada, porque o Bocas ten a teima de estar coa muller que virán pola mañá. Entran dentro da casa, pero o Bocas e o Milhomes rouban unhas alfaias. Andan pola casa ata atopar a muller, que resultou ser unha boneca, e o Bocas enfurécese e afirma que quere estar cunha muller que non sexa unha prostituta.

Para satisfacer esa teima van ó vertedeiro de Auria, onde vive unha muller, Socorrito, que din que está tola, e o Bocas oblígana a estar con el. Cando o Milhomes e Cibrán escoitan os berros da muller van onda eles. O Milhomes saca unha navalla, e fere a Cibrán cando trata de paralo. Crávalle tamén a navalla ó Bocas e o mata. O Milhomes escapa do lugar por unha lagoa xeada, pero o xeo rompe e desaparece afundido.

O rematar Cibrán o relato dos feitos, o xuíz ordénalle voltar ó cuartelillo, pero desesperado, Cibrán colle a navalla que servira como proba e cravousena. Cibrán morreu tras declarar ante o xuíz, aínda que o autor da obra informanos que non se soubo claramente como morreu.

Tempo e lugar

A información recolleuna cando era neno e mozo pero é contada casi corenta 1anos mais tarde , cando o autor xa é adulto.

A novela comeza cun parágrafo que nos infórma sobre o lugar onde transcurre o que vai narrar: “...seguíase a falar do caso entre as boas xentes de Auria, cidade onde nacín e onde as cousas ocurriran”. Tras ler esto queda claro que os feitos contáronllos e sucederon en Auria.

Valoración persoal

E un libro facil de ler e que non se fai pesado.Ten varias incorreccións lingüísticas q supoño que serán a causa de que cando o autor escribiu o libro todavía non existía o galego normativo.alguns exemplos destas incorreccións son:

-Púbricos (publicos) -Até (ata)

-Nascín (nacín) -Coor (cor)

-Narís (nariz) -Door (dor)

Só fala un persoaxe con outra persoa cuias respostas descoñecemos.E dado que o protagonista está mortoi aparecen unhas aclaracions por parte do autor.