Literatura
A chamada da selva; Jack London
Título: “A chamada da selva”
Autor: Jack London
Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Xabarín
Outros libros do autor:
“Los de abajo” (1903), “El lobo de mar” (1904), “Colmillo blanco” (1906), “El lobo de mar” (1904), “El vagabundo de las estrellas” (1915), “John Barleycorn” (1913)....
As súas obras foron traducidas a moitos idiomas entre eles, tamén se atopan libros traducidos o galego.
Algo sobre o autor:
Jack London, (1876-1916), escritor estadounidense que combinou na súa obra o máis profundo realismo cos sentimentos humanitarios e o pesimismo. Naceu en San Francisco fillo dun astrólogo ambulante e dunha espiritista que casouse cun home chamado John London, meses despois do nacemento do neno; de este padrasto, Jack adquire o seu apelido. Completou os seus estudios de bacharelato mentres realizaba diversos traballos. Foi mariño, pescador, e incluso contrabandista. Cando voltou a San Francisco comezou a relatar as súas experiencias. En 1900 publicou unha colección de relatos titulada “El hijo del lobo” o cal proporcionoulle un gran éxito popular. Foi corresponsal de guerra e viviu dous matrimonios tormentosos. Suicidouse a idade de 40 anos.
Xénero literario:
Ten xénero literario de conto
Tema central:
O maltrato os animais levado a cabo polos seus donos e o interese dos seus distintos donos.
Tema secundario:
Os diferentes rendementos que ten o can no transcurso da historia e o que fan os donos cando abúrrense duna mascota como pode ser un can
Argumento:
Trata sobre un can chamado Buck que vivía nunha granxa preto de San Francisco que era do xuíz Miller. Alí Buck non facía, estaba todo o día sen facer nada deitado o sol. Pero un día un home,cun xersei vermello levase a Buck e domestícao para convertelo nun can de casa. Este home ten mais cans os cales lles pega para que lle obedezan.
Este home o pouco tempo fartase del, e por quitarlle véndeouns cartos vendeo a outros dous homes chamados François e Perrault.
Estes homes o fan correr tirando dun trineo tódolos días dunha cidade a outra sen darlle descanso nin para respirar.
O cabo dos anos Buck está moi cansado e esgotado. Entón a Francios e Perruca xa non lle serve para correr deciden voltalo a vender ,tamén para gañar un beneficio, pero esta vez eran dous homes e unha muller chamados Hal, Charles e Mercedes, os que non paraban de pelexar e de berregar. Estes homes non sabían tratar a cans, e un día un dos dous homes pega a Buck. Entón outro home chamado Thornton, o cal era moi bo e tiña un gran corazón, llo quita e quedase con él. Na casa de este último home, Buck pode descansar tranquilo sen que ninguén que lle pida esforzos nin co maltratase. Alí viviu feliz co seu quinto dono Thornton.
Personaxe Principal:
Buck- É o can o cal lle ocorren os feitos, é un can poderoso e con ferocidade. Era moi intelixente e tiña moita paciencia con tódolos seus donos.
Personaxes Secundarios:
Xuíz Miller- Foi o primeiro dono de Buck. Era propietario duna granxa situada preto a San Francisco.
Home do xersei vermello- É un home moi bruto que pegaba a tódolos seus cans para imporlle respecto e que lle obedecesen.
canadense
Perrault e François- Perrault era un home ca cara morena e François era canadiense.
Curly, Joe, Pike, Spitz, Billez, Sol-leks e Dave- eran os cans tiradores do trineo de Perrault e Françios. Spitz era o can guía do trineo e pelexase con Buck o cal gaña e faise cargo de todos os cans que tiraban do trineo.
Hal, Charles e Mercedes- foron os cuartos donos de Buck. Eran uns homes moi brutos, sen delicadeza que pasaban todo o día protestando e pelexándose.
John Thornton- Era un bo home que coidou moi ben de Buck. Gustábanlle os animais e os trataba ben
¿Quen conta a historia? ¿Onde se desenvolve?
Esta narrada por un narrador alleo a historia, narrado en 3ª persoa.
Sitúase en dous lugares: en San Francisco e tamén nas rexións xeadas de Alaska.
¿En qué época sucede? ¿por qué o sabes?
Transcorre a partires do outono de 1894. Sábese porque a historia comeza nesa data.
Opinión persoal:
Gústame o libro porque fala do abandono dos animais, cousa que está moi estendida. É un libro fácil de ler e rápido. Recoméndolles o libro para todos aqueles os que lle gustan os animais de compañía.
Conclusión:
Non debemos ser duros nin malos cos animais, temos que sabelos tratar e non abandonalos así por que así.se queremos un animal de compañía é para coidalo, non para facerlle dano e que o pase mal como o principio da historia Buck
Vocabulario novo:
Algueirada- Formar barullo
Babélica- Confusión de varias voces
Vergallazo- Golpe dado co vergallo que é unha vara.
1
Descargar
Enviado por: | Hempe |
Idioma: | gallego |
País: | España |