Literatura


A banda sen futuro; Marilar Aleixandre


ÍNDICE

- A Autora

- Argumento

- Resumo

- Personaxes

A AUTORA

Título: A banda sen futuro

Autora: Marilar Aleixandre

Editorial: Edicións Xerais de Galicia

Colección: Fóra de xogo

Nº páxinas: 160

• Premio Lazarillo

de Literatura Xuvenil 1999

• Premio de Literatura

Infantil e Xuvenil Lecturas 2001

MARILAR ALEIXANDRE, nome literario de

María Pilar Jiménez Aleixandre, naceu en Madrid en 1947 e vive en Galicia dende 1973. Estudiou Bioloxía e traballa como Profesora de Didáctica das Ciencias e

Educación Ambiental na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de

Santiago de Compostela. Narradora, poeta e traductora, ten no seu haber unha gran cantidade de premios. A súa obra infantil e xuvenil conta con títulos como A formiga coxa (1989), Nogard (1994), A expedición do Pacífico —Premio Merlín 1994 e Premio da Crítica en 1995—, O trasno de Alqueidón (1996) —Premio Rañolas e finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil—, O chápiro verde (1999), Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón (1999) ou A banda sen futuro (1999) —Premio Lazarillo 1999—, que, segundo ela mesma di, é a súa novela máis autobiográfica. Tamén é a guionista da erie Os Escachapedras, ebuxada por Fran Bueno, que se publica na revista de banda deseñada Golfiño.

ARGUMENTO

Esta novela está protagonizada por Carlota, unha rapaza de dezaseis anos que vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emociónsó longo de dous meses. Coñecemos o seu malestar ó se ter que afacer a unha cidade nova, á que vén de mudarse coa súa familia polo traballo de seu pai, e ó comezo do curso escolar nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornal mala: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Arias e La

banda sin futuro, ó que Carlota admiraba. A rapaza relaciona esta noticia coas demais cousas que lle pasan últimamente: sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle

agardan, son máis ben negros. Recorta afoto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento ocantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupaciónse tamén no seu interlocutor. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seuaspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfrontarós seus novos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais porobrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas indiscretas. Nestes rimeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con ninguén.

Sente un furado na súa alma polo que entran desacougo, soidade, medo ós demais e terror ós espellos. Ata que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel, deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón fíxase nel e comeza a sentir algo especial aínda que non queira recoñecelo, xa que considera que ningún rapaz se vai fixar nela mentres estea pelada. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañeiros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo por

mor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua española na que Carlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulle n si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel que lle regala unha cinta de U2, lle dá un bico na meixela. Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecer a Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccións e que poden falar de temas como o do futuro, que tanto obsesiona a Carlota. Axiña descobre que a súa única amiga,

Paulina, está a saír con Miguel e daquela séntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noticia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, decatándose de que o do seu cabelo é das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo traballa en contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Moncho declárase e todo muda de súpeto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos e por fin acabou o seu pesadelo, as análises están ben e xa pode deixar medrar o cabelo.

RESUMO A BANDA SEN FUTURO

Luns, 21 de setembro.

Carlota intenta facer desaparecer todas as fotos nas que apareza ela durante o último periodo de tempo. Tamén os negativos. Esta nunha nova cidade e comeza o bacharelato, pero ela pensa que durante os tres primeiros meses no terça que ir, pero esta moi equivocada. Tamen vé nunha noticia do xornal que morreu Poch, o cantante do grupo dos Derribos Arias e La banda sin futuro. Ela recorta a foto do xornal e pegada no corcho da sua habitación. Este suceso o relaciona con todos os males que esta pasando.

Mércores, 23 de setembro

O día seguinte comezan as clases e Carlota esta moi nerviosa. Non polo instituto, senón polos alumnos. Ela ten a cabeza rapada por culpa dun eccema da cabeza, e polo menos ata setembro o terá así. Vai sempre cun gorro ou cun pano, pero dalle vergoña presentarse os seus compañeiros desa forma. Discute coa sua nai porque di que ela esta enferma, pero a sáa nai oblígaa igual.

Luns, 28 de setembro

Xa fora a clase. Conta que todo o mundo se lle quedaba mirando e non acertou a facer nada. A súa nai recomendoulle que se lle preguntaban, non contestase. Unha compañeira, chamada Lidia, que tiña unha fermosa melena rubia preguntoulle se lle caera o pelo polo cancro. Ela non respondeu. O final da clase, a profesora de ximnasia díxolle que non faria falta que asistise a clase ata xaneiro. Carlota pensa que e o único bo que lle ocurrira nese tempo.

Xoves, 1 de outubro

Conta que o peor do instituto e a hora do recreo. Unha vez, un compañeiro estivo a punto de quitarlle o pano, pero non o conseguiu. Ela sentase soa mentres os demáis van con amigos. Explica quen e o seu titor, o de inglés, o que chaman Míster Bean. Actúa como se os demais non saoubesen ingles e el e o unico. Encárgalles que o día seguinte traian un fragmento dunha canción que lles guste e que a traduzan.

Venres, 2 de outubro

Carlota critica a Lidia por intentar facerse a graciosa cos compañeiros ríndose dela. Na case de matemáticas, Lidia estaba facendo un problema que non lle saía. O profesor farto mandou saír a Carlota, e esta fíxoo ben. En ingles, o profesor chámaa para poñer a sua música case no final. Estaba preocupada por se era a unica que levaba unha canción dun grupo vello, pero Martiño levaba unha de Elvis Presley.

Carlota pon a sua música e escribe no encerado a letra en ingles. A tradución en castelán seria cando termine a musica apaga a luz, e Toño, o gracioso da clase, di que e porque se a ven sen gorro dalles medo. Miguel bérralle que se cale o gilipollas. Míster Bean escoita eso e o rifa. Miguel lle responde que tamen o sabe dicir en inglés. Cando o di, toda a clase estoupa a rir e Miguel e mandado fóra.

Cando remata a clase, Carlota quere darlle as gracias, pero non está.

Luns, 5 de outubro

Ese dia non vai ó colexio porque cada quince días ten que ir o hospital para facerse unhas análises. Os médicos dixéronlle que a mediados de outubro poderéa deixarse crecer o pelo. Ela pregunta se ese e o último día, pero os médicos siguen coa resposta de xa veremos. Teme que aínda lle queda tempo. Logo a avoa dalle diñeiro para ir o cine. Ela quere esquecerse de todo, pero maña volve ó colexio.

Mércores, 7 de outubro

Carlota enfadase co titor. No principio do libro de inglés aparecen uns anacos de cómics. Un deles é Popeie. El explica que o fillo de Popeie chámase Cocoliso. Xa lle quedara alcume a Carlota. No recreo, ela acércase a xunto de Miguel para darlle as gracias polo de onte. Ela pregúntalle se debe contarlle o que pasou realmente a Míster Bean, pero el respondelle eu faga o que queira. Cando chega a casa fala con Poch do sucedido.

Xoves, 8 de outubro

A clase de Carlota vai hoxe ó auditorio a ver unha obra de Mozart. Un home que traballa para o concello lles pide que se saquen unha foto. Carlota está en primeira fila, pero o tipo a quita da foto. Ela indígnase e Lidia ri. Logo, pensa que e mellor, que así non habera constancia de que estuvo sen pelo. Mentres esta escoitando a música, soña que lle rapa a cabeza a Lidia e logo tira os pelos ó lixo.

Luns, 12 de outubro

Neva na cidade. Carlota, a sua irma Inés e o seu pai saen da casa para ir a comprar pasteis. De camino, encóntranse con tres curas vestidos de sotana. A avoa díxolles unha vez que se vían tres curas con sotana había que facer tres nos nun pano e pedir un deseo. Carlota o pensa sen dudar, que lle ocorra algo malo a Lidia. Cando chegan, a pastelería esta chea de xente. Queren comprar mitais de pasteis de nata e outra metade de crema, pero non había de nata.

Martes, 13 de outubro

Faltan Lidia e Isabel en clase. Elvira, a profesora de bioloxía, dilles que mas de vinte persoas están enfermas na cidade a causa dunha intoxicación. Entre elas están Lidia e Isabel. Decúbrese que a investigación foi por nata da pastelería onde comparan onte os pasteis. Un irmán pequeno de Isabel e outra persoa mais morreran. Carlota esta preocupada e síntese culpable de pedir o deseo.

Xoves, 15 de outubro

A nena cóntalle todo o sucedido a avoa. Ela dille que o do pano o dixera de mentira e que ela non tiña a culpa de que se emprégase nata en mal estado no forno, así que non se preocupase. Carlota síntese mellor e esta máis tranquila porque Lidia e Isabel van volver a clase. A nai de Nacho e enfermeira e foi a ver as nenas. Contou que Lidia tiña o pelo moi corto, non o cero, pero case.

Luns, 19 de outubro

Carlota volve o médico a polos resultados das análises. O médico dille que ten que esperar dúas semanas máis. Ela alporízase e o chegar a casa vai ó seu cuarto. Bota moito de menos a antiga casa, o lado do mar, onde vivía antes de trasladarse. Todo nesa cidade era gris, ata as pombas, que parecían ratas. Conta que en setembro, unha semana antes de que comezase o instituto, pasaba o tempo pintando co estoxo de acuarelas que lle regalara a súa avoa.

Martes, 20 de outubro

Carlota Conta que tivo un pesadelo no que tiña todo o pelo arredor da súa cabeza, como o aro dun santo, e os seus pais dicían que xa non o ía necesitar. No episodio de Corina, unha serie, ela cortábase o pelo moi curto e discutía cos seus pais. Na casa da nena, nadie ría co episodio, poque ese tema era tabú. A Carlota parecíalle estraño que Corina quixese ter o pelo corto e na súa casa fora o revés. Tamen conta que moi xente actúa. Por exemplo, o xefe do pai. El odiábao, pero cando o convidaba a cear facíase outra persoa. A muller do xefe tamen era moi tonta, pero eles facían coma se non. Carlota fala con Poch, pero non lle contesta.

Xoves, 22 de outubro

Carlota cóntalle ó profesor o que pasar con Miguel as razóns que tivo para chamarlle asshole a Toño. O profesor di que non pasa nada, que non o vai suspender por iso.

Venres, 23 de outubro

E un dia moi chuvioso. Carlota ten que recoller follas dalgunhas arbores para un traballo de bioloxía, pero prefire deixarlo para a fin de semana. Recorda o que lle aconteceu con Miguel. Ela foi xunta el para decirlle que lle contara todo a Míster Bean pero el dille que o deixe en paz, que el tamén ten os seus problemas. Carlota enfadase pero o saír atópase con Nacho. Dille que o outro día na clase de inglés estivo moi ben e que se alguén méis se metía con ela el pegaríalle. A nena xa ten un superheroe. O fala con Poch, e el pregúntalle se lle gustaría ter un superheroe que arranxara as cousas por ela ou ser ela unha superheroína. Ela apaga a luz simulando que non o oíra.

Domingo, 25 de outubro

Carlota vai ó cine con Paulina, unha compañeira de clase a que tamen lle gusta Aerosmith. Viron Mary Reilly. Na peli, comezaron a falar de amor e de enamorarse, como dous amigas de toda a vida. Logo, tocaba sesión de cine coa súa prima Ana. Ven unha peli sobre un campo de concentración nazi, onde as mulleres lles cortaban o cabelo. Comezaron a discutir sobre as prisioneiras, que tiñan o pelo moi longo para estar nun campo de concentración. Logo falaron sobre a gordura de Ana, que xa non tiña renedio, pero que a ela lle crecería o pelo de novo.

Luns, 26 de outubro

Elvira, a profesora de bioloxía, manda os alumnos traer unhas mostras de espermatozoides para velos no microscopio, xa que estaban dando o tema da reproducción. Na hora de bioloxída ven os espermatozoides. Algunha xente di que e Nacho o donante.

Gracia, a profesora de plástica quere que os alumnos fagan un exame o sábado. Todos protestan e chegan a un acordo con Manolo, o delegado da clase. El irá a propoñerlle á profesora que fagan o exame o martes pola tarde. Carlota pregúntalle a Poch se realmente todos os profesores son así, que pensan que poden facer o que queiran. El respóndelle que hai de todo tipo de profesores.

Martes, 27 de outubro

Manolo fala con Gracia pero e imposible facela entrar en razón. Finalmente ela decide poñer o exame o mércores pola tarde, pero todo o mundo esta en desacordo. Para arranxalo, deciden falar con Míster Bean. El dalles a razón e dilles que intentara falar coa de debuxo. Pola noite, a nena fala con Poch sobre a súa desgracia. Logo bícaoo e vai para a cama.

Mércores, 28 de outubro

Lidia volve ó colexio. Todo o mundo falle aloumiños, incluida Carlota. Roberto, o profesor de lingua, propón os alumnos facer unha obra de teatro para Nadal. Despois de facer votacións, gana a obra Farsa infantil da cabeza do dragón de Valle Inclán.

Fan o reparto. Lidia sera a infantina; Miguel, o príncipe Verdemar; Paulina, Geroma; Nacho, Espadián; Bernal, o Bufón; e Carlota, o Dencho. Carlota acepta, pero esta ten uns poucos ciumes de Lidia porque Miguel a ten que namorar. Por outra parte, ser o Dencho está ben, xa que ten que levar un sombreiro.

Venres, 30 de outubro

Fanse todos os repartos das personaxes. Roberto decide cambiar o escenario medieval por un moderno. Moncho decide axudar coa roupa e Manolo cós decorados.

No recreo, Miguel acércase a Carlota e dálle unha cinta de U2. Logo, a bica na meixela. Ela séntese moi contenta e por primeira vez o patio non parece un foxo imposible de atravesar, senón que o podería atravesae ata facendo volteretas. Na casa, fala con Poch de Miguel. Poch di que non lle quere, pero ela lle pide que llo deixe imaxinar.

Luns, 2 de novembro

Carlota vai o hospital confiando en que esa fora a ultima vez. A médica dille que lla esta curado, pero que deben seguir co tratamento dúas semanas mais, non vaia ser que brote outra vez. Ela vai moi decepcionada para casa. Súa nai proponlle ir coa avoa a aldea catro días, pero ela responde que non, que xa faltou moito a clase e estaban moi preto os exámenes. A nai sorpréndese, pero acepta. En realidade, Carlota o que quería era ver a Miguel. Nacho, seu compañeiro de clase, era como o seu heroe. Contoulle que tiña moito enxeño para as vendas. Un ano que Elvira, a de bioloxía, mandoulles coidar vermes de seda, el fora o único en manterlos vivos e lograr que se reproducisen. Un día, a sua nai mandouno que os regalase ou sinon os tiraba ela. Nacho, quedou de acordo cuns amigos para que fosen a unha tenda de animais a preguntar se habia vermes de seda. O tendeiro sempre respondía que non tiña. Uns días despois, Nacho foi a preguntarlle se compraba vermes de seda. O tendeiro respondeu enseguida que si, pero ninguén dos alumnos volveu a aparecer. Debeu quedar estrañado con que rapidez cambiaban os profesores de parecer.

Ó chegar a casa, a avoa de Carlota preguntoulle cal era a razón de que non quixese ir con ela a aldea, e que non valia a excusa dos exames. Preguntoulle se tomara a decisión soa ou presionada polos pais. Ela respondeu que sola. Logo falou con Poch, que recoñeceu a finura da avoa.

Martes, 3 de novembro

No recreo, Carlota vai en busca de Miguel para darlle as gracias pola cinta de U2, pero Moncho abórdaa. Pregúntalle sobre o traxe que quere levar e dalle un boceto. Carlota fixase nos peitos. Estrañase de que el se dera conta que os tiña, debaixo de tanta roupa. Tamén lle di as maias lle quedarían moi ben para o traxe, xa que ten as pernas longas o e alta. Preguntalle se ten algunhas e ela responde que sí, e tamén unha camiseta negra, pero non lle cobre a cabeza. El responde que mellor que meteran algunha prenda de color para que non parecerá da banda de Dark Vader. Ela responde que e da Banda sen futuro. Nese instante se arrepinte de decir eso e se despide con présa. Xa non había forma de atopar a Miguel.

Mércores, 4 de novembro

Manolo conta a liorta que houbo no consello escolar. Cando Míster Bean intentou falar coa de plástica, ela o levou o concello coa escusa de questionar a sua autoridade como profesora. No consello todo o mundo estaba alborotado, e incluso gracia chegou a citar de que cando ela os manda vir un sábado protestan, pero cando os manda masturbarse non pasa nada. Estaba referíndose á peticion dos espermatozoides que pedira Elvira. Un pai que estaba presente dixo que iso era corrupción de menores pero Míster Bean os tranquilizou a todos e dixo que Elvira era moi boa profesora.

Os nenos quedaron todos de acordo en que era unha sorte ter un tutor como Míster Bean.

Venres, 6 de novembro

Carlota busca por Miguel nos recreos pero non hai maneira de encontrarlo. Sempre vai Moncho a xunto dela polo asunto dos traxes da obra de teatro. Ela quixera falar con alguén sobre Miguel, pero non llo pode contar a nadie. A nena queria quedar con Paulina na fin de semana, pero ela dille que ten moitas cousas que facer, pero que a chamara. Moncho volve a xunto dela ensinándolle as gorras que levaran os príncipes. A acompaña a casa. Ela pensa que el non ten a culpa de que quixera que Miguel a acompañara. Logo despídense e Carlota vai falar con Poch. Descúlpase con el por non falar moito pero el xa saber todo o que pasou, non teñe por que dar escusas.

Domingo, 8 de novembro

Carlota chama a Paulina por se quere ir con ela ó cine, pero ela non estaba na casa, senón a súa irmá que lle di que ela saíra. A nena foi ó cine coa súa prima Ana porque queria ver a película. Os seus pais deixáronlle as chaves por que ían recoller a avoa e quizáis volverían tarde. O volver xa estaban alí seus pais. Contáronlle que viran a Paulina con un mozo alto có pelo recorrido cunha coleta.

Carlota vai ó seu cuarto e pensa que cando ela era pequena era todo máis fácil. Intenta falar con Poch pero non pode.

Martes, 10 de novembro

Carlota intenta esta as escapadas de Miguel e Paulina. Moncho vai a xunto dela a ensinarlle un novo traxe. Ela non lle da moita importancia pero ve que lle dibuxou os peitos outra vez. El pregúntalle que que lle pasa e ela responde que nada.

Fan o exame, pero moi difícil. Gracia puxo cosas que explicara o luns e só dixera que entraba o que xa deran. Todo o mundo esta indignado. Intentan poñerse de acordo para ver que fan. Miguel e a voz do grupo, pero Carlota protéstalle porque esta enfadada con el. Logo, ó chegar a casa, séntese culpable por comportarse mal con Miguel e fala con Poch diso.

Mércores, 11 de novembro

Míster Bean promete que vai falar con Gracia, pero pregúntalles que que queren facer có exame. Eles votan e sae a favor de repetilo. Logo, van ensaiar a obra de teatro.

Nesa escena, Miguel ten que falar con Carlota e ela poñerlle un anel no dedo, cousa que lle costou moito. Ó rematar de ensaiar, Miguel foi a xunto dela parsa disculparse polo de onte. Acercouse a ela para darlle un bico de novo, pero ela se apartou e se foi.

Luns, 16 de novembro

A nai de Carlota almorza con eles, cousa extraña. Ela pregútalle por que non vai ó traballo e a nai respondelle que ten que levar á avoa o médico. No colexio, Nacho pregúntalle se quere ir con eles e con Carlos, Lidia e máis xente a tomar algo, e ela responde que si. Na casa fala con Poch e el dille que vaia amigos que se trae, pero que está ben que coñeza xente nova. Logo, Carlota pregúntalle a nai polas análises da avoa.

Ela respóndelle que vai ter un tratamento e se vai a curar, pero que a vellez non a perdoa. Carlota séntese culpable porque o centro de atención da casa nese último tempo foi ela e non lle prestou atención á avoa.

Martes, 17 de novembro

Carlota vai a xunto da avoa que esta calcetando. Pregúntalle se quere que lle conte un conto, pero a avoa di que prefere que lle conte algo sobre ela. Carlota confésalle que foi un rapaz o culpable da súa tristeza. A avoa di que ela ten cancro, e que os pais de Carlota lle minten, pero ela ten ollos e sabe o que esta pasando. Carlota vai ó seu cuarto e chora, porque non lle prestou a avoa a atención suficiente e ela era o Poch de carne e óso, e cando ela morrese Carlota non volvería a ser unha nena.

Mércores, 18 de novembro

No colexio ensaian. Carlota ve como Paulina e Miguel andan collidos da mán e dándose aloumiños. Nacho se acerca a ela e di que lle esperan na saída. Ela responde que non lle apetece moito, pero el insiste e dille que vai preguntar o lugar onde quedaran por si logo lle apetece ir.

Carlota vai ó baño a quitarse a maquillaxe e Moncho a chama desde a porta. Pediulle que para a obra se quitase o gorro e ela o nega rotundamente. El acércase a ela e dille que lle da igual que teña pelo ou non, que a ela lle gusta. De súpeto, encóntranse bicando. El quítalle o gorro e lle di que se mire ó espello, que así está moi guapa. Ela mírase e non ve a un monstruo, senón a unha nena nova.

Nisto, entrou Nacho para dicirlle a Carlota onde iban a estar pero viunos e marchou.

Venres, 20 de novembro

Todo o colexio sabe o de Moncho e ela. Carlota non está segura de que lle guste. Non sabe se non sente nada por Miguel. No recreo vai a xunto del. El pídelle de novo que actúe sen o gorro, pero ela volve a negarse. Cóntalle que quizáis o luns sea o último día e xa podera deixarse crecer o pelo. O volver a casa, Carlota pregúntalle a Poch se acepta a Moncho na sua banda sen futuro. El responde que debe aceptalo ela. Carlota pídelle se pode coidar da avoa cando morra, e el respóndelle que o intentara, pero que ela pode coidar dela agora que está viva.

Domingo, 22 de novembro

Carlota pasa toda a fin de semana coa avoa. Preguntalle se lle pode ensinar a facer marmelo, e ela responde que sí. Mentres estan nelo, Inés chama a Carlota porque ten unha chamada telefónica dun mozo. Era Moncho. El pídelle se pode baixar, pero ela dille que está coa súa avoa facendo marmelo. Finalmente, a consigue convencer e baixa o final da tarde.O volver á cociña, a avoa pregúntalle quen lle chamaba. Ela confesa que é un rapaz co que esta saliendo. A avoa dille se é voz rapaz, e ela responde que sen dúbida.

Martes, 24 de novembro

Pensou que nunca chegaría este día. Por fin acabou o tratamento e pode deixarse crecer o pelo. Pero non estaba tan feliz como esperaba, senón que estaba triste pola súa avoa. No recreo, esta con Moncho. Dille que finalmente pode deixarse crecer o pelo e planean que nos ensaios ira con pelo, e no dia de estreno quitaríase o gorro e conseguiría toda a expectación dos compañeiros.

PERSONAXES

CARLOTA: unha rapaza de dezaseis anos que está a vivir uns momentos difíciles xa que se enfronta non só a unha nova cidade e a un novo instituto onde non coñece a ninguén, senón tamén a si mesma e ós seus pais. Por mor dun eccema vese obrigada a levar o pelo rapado ó cero e isto convértea nunha rapaza acomplexada, retraída e arisca que non entende por qué os seus pais a obrigan a pasar a humillación de ter que comezar as clases cun pano na cabeza. A súa táctica inicial de pasar desapercibida vai mudando e pouco a pouco emprende un camiño cara ó coñecemento de si mesma e dos demais e atopa a resposta ás súas preguntas. Tamén aprende a saír do seu enclaustramento emocional, a se aceptar tal e como é e a entender que case todo ten solución menos a morte. Este cambio prodúcese cando presta atención ós sentimentos e ós problemas dos que a rodean, fundamentalmente á complicidade da súa avoa e á amizade que xorde co seu compañeiro Moncho, ó que nunca prestara atención.

POCH: o cantante morto de grupos dos oitenta como Derribos Arias ou La banda sin futuro, ó que Carlota coñece e admira por un disco que lle regalou o seu curmán Ricardo. Poch, víctima da enfermidade de Huntington, está presente na vida de Carlota a través do retrato que esta pendura na parede do seu cuarto e ten o papel de confidente e interlocutor da rapaza, xa que é capaz de escoitala, entendela e de ofrecerlle os seus consellos sobre as vivencias e os problemas da rapaza. Ambos manteñen longas conversas aínda que non sempre Poch está de acordo coas interpretacións de Carlota.

A FAMILIA DE CARLOTA:arlota vive nunha familia normal e ten unha irmá pequena que se chama Inés. A causa do traballo de seu pai teñen que se mudar de cidade, deixando atrás o lugar no que viviu toda a vida e tamén ós seus amigos de sempre. A súa nai é mestra e tamén se viu obrigada a pedir traslado para outra escola e a coller o coche todos os días para ir ó traballo, aínda que ela nunca protesta. Estes feitos, unidos ó seu problema co cabelo, ocasionan que Carlota non entenda por qué os seus pais a obrigan a asistir ás clases sen facer caso do seu complexo e do seu malestar. Ela pensa que están demasiado obsesionados polas notas e

que deixan de lado os seus problemas, mesmo ten que escoitar que esaxera e que usa o seu pelo rapado como unha escusa para se pechar en si mesma e desdeñar ó resto da xente, é dicir, que o problema é o seu carácter e non o seu cabelo. Con eles vive a avoa, a única que mostra certa comprensión polo que está a vivir Carlota e que ademais ten unha especial intuición para detectar cándo lle ocorre algo. Carlota cóntalle as súas preocupacións e ela ensínalle a non desexarlle mal a ninguén e a intentar aceptar as cousas como veñen.

LIDIA:é unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué lle pasa no cabelo, se é que ten cancro ou tifo. Lidia é moi coqueta cos rapaces e demostra o chistosa que é facendo burla do aspecto de Carlota. Sofre unha intoxicación con pasteis de nata que a afasta un tempo do instituto, feito do que Carlota se sente responsable porque desexou que lle ocorrese algo malo. Cando volve, co cabelo moi curto e moi delgada, recibe o cariño de todos, mesmo de Carlota.

PAULINA: é unha rapaza morena e con lentes que se converte na primeira amiga de Carlota no instituto. Comparten os seus gustos polo cine e pola música. O primeiro día que saen xuntas van ver unha película e falan do amor coma se se coñecesen de toda a vida. Isto axuda a que Carlota se sinta mellor pero a comunicación entre elas non é total; por exemplo nunca falan do que lle ocorre a Carlota co cabelo, xa que Paulina é discreta. Enfádase cando decobre que Paulina está saliendo con Miguel pero sonsigue superarlo

.

MIGUEL: é un rapaz que defende a Carlota dun insulto de Toño, polo que o

profe de inglés o bota da clase inxustamente. Carlota namórase pouco a pouco del e considérao o seu protector, aínda que as intenciónsde Miguel non van por aí. El tena por unha amiga e nada máis e pouco despois comeza a saír con Paulina.

MONCHO: está considerado o rapaz máis guapo da clase e ten moito éxito coas rapazas. Vai co cranio rapado como un skinhead porque di que lle resulta máis cómodo afeitar a cabeza cada dous ou tres días e así non ter que preocuparse de lavalo, peitealo e secalo. A partir da montaxe da obra de teatro comeza a se fixar en Carlota aínda que é consciente de que ela só ten ollos para Miguel. A pesar de todo non se rende e achégase a ela sempre que pode ata que se lle declara.

OS PROFESORES

TITOR: o profesor de inglés, alcumado Míster Bean. Primeiramente a Carlota parécelle un pedante e un antipático pero axiña descobre que é comprensivo co alumnado, que escoita os seus problemas e que está disposto a axudarlles

a resolvelos.

ELVIRA:é a profesora de bioloxía. Sempre está inventando cousas e preguntando os porqués de todo. Nótase que o pasa ben ensinando e consegue interesar os seus alumnos. Unha das súas clases causa un problema no instituto cando lles pide ós rapaces que lle proporcionen espermatozoides para analizalos no microscopio.

ROBERTO:o de lingua española, organiza unha obra de teatro para representar no Nadal. En opinión de Carlota e dos seus compañeiros é un pouco inxenuo e cre que todo o mundo ten o mesmo interese ca el no instituto e nas súas clases. Axuda a Carlota dándolle papel na obra e dicíndolle que quite da cabeza as súas ideas de que é un bicho raro.

GRACIA:a profesora de debuxo, que ten un problema cos alumnos por querer facer un xame un sábado. Quere impoñer a súa opinión sen ter en conta os rapaces e finalmente en que mudar de opinión ó non ter o apoio da dirección do centro.




Descargar
Enviado por:ALo SD
Idioma: gallego
País: España

Te va a interesar