A banda sen futuro; Marila Aleixandre

Literatura galega. Narrativa y novela juvenil e infantil. Personaxes. Adolescencia

  • Enviado por: DG Aries
  • Idioma: gallego
  • País: España España
  • 4 páginas
publicidad
publicidad

Ficha técnica

Título: A banda sen futuro

Autora: Marilar Aleixandre

Editorial: Xerais

Colección: Fóra de xogo

Nº páxinas: 158

ISBN: 84-8302-471-3

Premios: Premio lazarillo1999

A autora

Chamase María Pilar Jiménez Aleixandre pero coñecese por Marilar Aleixandre, escritora, traductora é bióloga Naceu en Madrid en 1947, pero dende 1973 reside en Galicia. Marilar é unha escritora galega actual. Dende 1988 é profesora da universidade de Santiago de Compostela. A autora dedicase a facer contos infantís como “A formiga coxa” eA expedición do Pacífico” este último recibiu o premio da critica de Galicia en 1995.

Ademáis tamén escribiu libros para adultos. Foi finalista do Premio Xerais de Novela en 1992 con Tránsito dos Gramáticos”. En 1996 publicou o libro de relatos "Lobos nas illas", sobre as difíciles relacións familiares, e dous anos despois a novela "A Compañía Clandestina de Contrapublicidade" (Premio Álvaro Cunqueiro ese ano), no 2001 escribe e publica "Teoría do Caos" (Premio Xerais 2001). Esta última novela está traducida en algúns idiomas,.

Traduciu do inglés para o galego, o poemario Muller ceiba” (1996) de Sandra Cisneros, A caza do Carbairán”, de Lewis Carroll, e Harry Potter e a pedra filosofal” no 2001, sendo ademais a responsable dos guións da serie de banda deseñada "Os escachapedras, que se publica na revista “Golfiño”.

En 1998 gañou o Premio Esquío co poemario "Catálogo de velenos". Tamén é autora de obras sobre o ensino das Ciencias.

♦ Argumento

Carlota unha rapaza de dezaseis anos, cóntanos a traves de seu diario as súas experiencias. Mudase a unha cidade nova polo traballo de seu pai. Carlota lee no xornal que morreu Poch o cantante que admira. Recorta unha foto de Poch e suxéitaa no taboleiro do seu cuarto. A rapaza pensa que todo lle sae mal, séntese parte dunha banda sen futuro, como o nome da banda do cantante. Poch convertese no confidente dos seus pensamentos mais íntimos. A causa do mal estar de Carlota é o seu aspecto físico, xa que tivo que rapar o cabelo por culpa dun cancro.

O instituto vai cun pano na cabeza. Culpa os pais por obrigala a ir a clases. Nos primeiros días Carlota pásao moi mal, sobe todo os recreos, non se relaciona con ninguén. Un día en clase Miguel deféndea dun insulto, dende ese día comeza a sentir algo especial por el, aínda que non quere recoñecelo, xa que pensa que ninguén se vai fixar nela por estar pelada.

Despois duns días Carlota vaise integrando cos compañeiros , todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo e para preparan unha obra de teatro, nela Carlota consegue ter un papel mais ou menos importante. Nesa tempada consegue achegarse máis a Miguel e comeza a coñecer a Moncho. Axiña descobre que Paulina, a súa mellor amiga, está a saír con Miguel. O apoio de Moncho e a noticia e que a súa avoa está enferma fan que cambie de actitude, agora pensa que o do seu cabelo non é tan importante. Finalmente, Moncho decláraselle e todo cambia para Carlota, ten o apoio do seu noivo, Moncho, xa te máis amigos e pode deixar medrar o cabelo.

♦ Personaxes

Carlota:

Unha rapaza de dezaseis anos que esta vivindo uns momentos moi difíciles. Enfrontase a unha nova cidade, a un novo instituto e o seu propio medo. Ten que levar o pelo rapado por culpa dun cancro. Isto fai que sexa unha persoa pouco faladora e acomplexada. Vai o colexio cun pano na cabeza por mor da vergonza. Ela intenta pasar desapercibida pero pouco a pouco colle confianza e sae do seu mundo. O cambio debese os sentimento que sente e gracias a súa avoa que a axuda en todo o que pode. Tamén o seu compañeiro Moncho que lle da todo o seu apoio.

Poch:

Cantante morto de grupos dos oitenta como Derribos Arias ou La banda sin futuro. Este a través dunha foto que ten pendurada Carlota no seu cuarto, axuda a Carlota o seu día a día, el é o seu confidente. Ambos falan moito y poñense de acordo en algunhas ideas pero non sempre esta de acordo con Carlota. Poch só esta vivo porque Carlota pensa en el.

A familia de Carlota:

Carlota vive nunha familia normal. Ten unha irmá chamada Inés. Por culpa do traballo de seu pai tivo que mudarse toda a familia a outra cidade. A súa nai é mestra e tivo que pedir o traslado para outro colexio, ten que coller o coche tódolos días pero non protesta. Con eles vive a avoa que parece a única que comprende a Carlota e intúe cando lle pasa algo.

Os compañeiros de clase:

Paulina:

A primeira amiga de Carlota, rapaza morena e con lentes. Comparten os gustos pola música e polo cine. Un día van ver unha película e o saír falan do amor como se se coñecesen de toda a vida. Carlota enfadase con ela cando descobre que está saíndo co Miguel pero logra superalo.

Miguel:

Un rapaz que defende a Carlota dun insulto. Carlota namorase del pero as intencións

Del so son de amizade. Pouco despois comeza a saír con Paulina.

Moncho:

É o rapaz mais guapo da clase e ten moito éxito coas rapazas, pero ingua e como el quere. Ten o cabelo rapado. Cando ensaian a obra de teatro comeza a se fixar en Carlota , aínda que sabe que Carlota so ten ollos para Miguel intenta achegarse a ela ata o día que se lle declara. Axuda a Carlota co seu problema de cancro.

Lidia:

É unha rapaza rubia é cun cabelo moi longo, ela é entremetida o preguntarlle a Carlota que lle pasa no pelo. Lidia e moi presumida, cando esta cos rapaces bulase de do aspecto de Carlota. Sofre unha intoxicación e Carlota pensa que é pola súa culpa o desexarlle mal. Cando volve o instituto ten o cabelo moi curto e está moi delgada.

▫ Nacho:

É un rapaz que se mete moito con Carlota, despois de que Carlota saíra no seu favor el cambia respecto a ela, despois fanse amigos e varias veces invita a dar unha volta cos seus amigos.

Os profesores:

▫ O titor:

É o profesor de inglés, o seu mote e Míster Bean. O principio a Carlota parécelle pedante e un antipático pero logo descobre que é comprensivo, é escoitador dos problemas dos alumnos para axudalos.

▫ Elvira:

Profesora de bioloxía. Sempre está inventando cousas consegue que os alumnos se interesen pola asignatura. Unha vez causa un problema o pedirlle os alumnos haber se lle poden proporcionar espermatozoides.

▫ Roberto:

Profesor de lingua española, organiza unha obra para o nadal, todos creen que é un pouco inxenuo. Axuda a Carlota a quitarlle da cabeza a idea de que é un bicho raro.

▫ Gracia:

Profesora de debuxo, ten un problema cos alumnos por querer facer un exame un sábado. O final ten que cambiar esa idea o non ter o apoio da dirección.

♦ Outros temas e valores

A incerteza ante o futuro

Carlota sempre está pensando no futuro, cree que o seu vai ser o peor.Esta parte reflíctese moito cando Carlota está falando con Moncho sobre o futuro cóntalle “que quere estudiar para medica pero que primeiro te que sacar moita nota na selectividade e despois estudiar seis anos e logo o paro, el dille que tamén quere ser médico pero como os eu pai está no paro e que terás que deixar de estudiar para poñerse a traballar”.

A incomunicación

Isto nótase cando teñen o problema coa profesora de debuxo, se a profesora os escoitara máis e non quixese ter ela a razón chegarían a un acordo. E cando Carlota se decata de que Paulina está a saír con Miguel, se entre elas houbesen falado do tema logo co causaría tanto dano.

O descubrimento do amor e das sensacións

Cando Paulina é Carlota falan da película que acaba de ver Carlota di “A min tamén me parece que lle gusta cando a bica, aínda que só se dá a entender coas olladas” falan de como ten que ser o amor e namorarse de alguén. Cando Carlota lle conta a Poch todo o que sente por Miguel e a sensación de ledicia que ten cando el está cerca dela. Mais tarde tamén se dan esas sensacións cando Moncho lle confesa todo o que sente a Carlota el dille “ ¿Non ves que me gustas moitísimo, que me dá igual que teñas cabelo ou non?quero verche a cabeza como quero veche o corpo,nu, como es ti, sen trapos polo medio.” Cóntalle que lle da igual como sexa que se namorou dela por como é, e non da Carlota que ela quere ser.

A diferencia e a súa aceptación

Eu creo que toda novela vai destas dúas cuestións por que Carlota e crese diferente por ter o pelo rapado. Cree que ninguén a quere por ser así e por eso se burlan dela. Ata que a coñecen mellor. Ela tampouco fai moito por integrarse a clase ata que mais tarde cambia a súa forma de vela vida.

A morte

Na historia falase da morte cando morre Poch e despois cando a avoa de Carlota esta moi enferma. Poch di que a morte non e cor de rosas que todo se ve moi negro. E que hai que desfrutar da vida todo o que se poida.

♦ Actividades a realizar

Posibles títulos substitutivos:

-Todos iguais, ninguén é u becho

-Simplemente unha enfermidade

Que visión nos transmite Carlota do universo cotián dos adolescentes?

Transmite unha visión horrorosa o cotarnos que todos se burlan dela, que os estudiantes non teñen voz nin boto, reflectido no tema da profesora de debuxo, que teñen que estar as ordes dos seus pais, nunca vas estar de acordo cunha persoa. Tamén que o amor so e un pasatempo se che pasa algo nunca as conseguir o que queres (miguel-Carlota)

Esta visión reponde ou reflicte a situación actual dos adolescentes?

As veces si e as veces non. Eu creo que todos somos libre de facer o que queiramos se temos as ideas claras, e que non todos somos iguais unha persoa pode ser mais fea ou guapa e non ten por que sentir se acomplexada.

Como cualificarías a reacción de Carlota ao inicio da novela, con reacción a necesidade dunha boa imaxe física para integrarse socialmente?

Mala porque non todos os guapos son boas persoas e os feos poden ser mellores compañeiros que os guapos.

É a reacción sería a de calquera persoa que a insultan por ter o cabelo rapado.

Cres que o tipo de música de música que sae na novela os pode indicar algo sobre o carácter de Carlota?

Si porque as canción sempre dan un tono de tristeza a novela e iso e o que sinte Carlota. Ela quere estar soa como din as cancións.

Podemos deducir algo da súa personalidade a través das letras?

Si, as letras das cancións falan de alguén que quere estar só, que non quere compaixón. Carlota se pode gústalle estar soa falando con Poch e cando o pai di que non e para tanto enfadase.

Opinión persoal

Gustoume moito o libro porque fala de temas que nos poden pasar os adolescentes, se queres aprender deste libro podes sacar moitas aprendizaxes como a de non sentirnos indiscriminados que todos valemos para algo e a de non conter todos os nosos sentimentos.